Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1916 (MCMXVI ) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano .
1 de xaneiro - Revolución en México ; o político Venustiano Carranza chega co seu séquito a Querétaro , cidade que proclama capital da república.
21 de abril - Alzamento de Pascua en Irlanda , liderado por James Connolly , Éamon de Valera e Michael Collins . A pesar da derrota, constitúe un pulo decisivo para a loita do pobo irlandés pola independencia.
18 de maio - Fundación das Irmandades da Fala , na Coruña .
12 de outubro - 5 labregos foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil na ponte de Cans (Nebra ), logo dunha mobilización contra un imposto que crían inxusto.
14 de novembro - Comeza a publicarse A Nosa Terra , nacida como voceiro das Irmandades da Fala . Deixou de publicarse en 1936.
21 de novembro : Fronte ás costas da canle de Kea afúndese a nave xemelga do RMS Titanic , o HMHS Britannic . Falecen 29 persoas.
Na Arxentina, o presidente Hipólito Yrigoyen presenta o proxecto de nacionalización do petróleo.
15 de decembro - Na primeira guerra mundial Francia vence na batalla de Verdún .
28 de decembro - Fundación do coro galego Cántigas da Terra , na Coruña
1 de xaneiro - Alfonso Escámez , banqueiro español .
2 de xaneiro - Betty Furness , actriz estadounidense .
10 de xaneiro - Bernard Bilin Dadié , escritor e político marfilés.
12 de xaneiro - Pieter Willem Botha , presidente sul-africano durante o apartheid (m. 2006 ).
12 de xaneiro - Miguel González Garcés , poeta galego.
4 de marzo - Giorgio Bassani , escritor italiano.
9 de abril - Abdul-Ahad Raban , relixioso caldeo, bispo de Aqra.
9 de abril - Manuel Lueiro Rey , xornalista e escritor galego.(m.1990 )
15 de marzo - Blas de Otero , poeta español.
21 de abril - Xosé Velo , político galego.
11 de maio - Camilo José Cela , en Iria Flavia, Padrón , escritor español e Premio Nobel de Literatura (m. 2002 )
10 de xullo - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (m. 2003 ).
10 de agosto - Lorenzo Varela , escritor galego.
11 de agosto - Amparo Alvajar , xornalista, tradutora e escritora galega. (m. 1998).
16 de agosto - Francisco Bernis Madrazo , ornitólogo e biólogo español (m. 2003)
28 de agosto - Charles Wright Mills , sociólogo estadounidense (m. 1962 ).
13 de setembro - Roald Dahl , escritor británico de ascendencia norueguesa.
29 de setembro - Antonio Buero Vallejo , dramaturgo español.
26 de outubro - François Mitterrand , estadista francés.
8 de novembro - Peter Weiss , escritor alemán.
9 de decembro - Kirk Douglas , actor norteamericano.
23 de decembro - Dino Risi , director de cine italiano (m. 2008 ).
6 de febreiro - Rubén Darío , poeta nicaraguano.
20 de febreiro - Klas Pontus Arnoldson , político, periodista e pacifista sueco, premio Nobel da Paz en 1908 .
28 de febreiro - Henry James , escritor estadounidense, naturalizado inglés.
26 de abril - Mário de Sá-Carneiro , escritor portugués.
28 de abril - Gumersindo Pardo Reguera , pintor e farmacéutico (n. 1847 )
12 de maio - James Connolly , líder socialista irlandés.
20 de maio - José Salgado Rodríguez , avogado, empresario e político galego.
6 de xullo - Odilon Redon , pintor e artista gráfico francés (n. 1840 ).
16 de xullo - Ilya Ilyich Mechnikov , microbiólogo ruso, premio Nobel de Medicina en 1908 .
23 de xullo - Sir William Ramsay , químico británico, premio Nobel de Química en 1904 .
23 de agosto - Serafín Avendaño Martínez , pintor galego.
14 de setembro - José Echegaray , enxeñeiro, dramaturgo e político español, premio Nobel de Literatura en 1904 .
20 de setembro - August Leskien , lingüista alemán (n. 1840 ).
30 de setembro - Alfredo Vicenti , xornalista e político galego. (n. 1850).
15 de novembro - Henryk Sienkiewicz , escritor polaco, premio Nobel de Literatura en 1905 .
21 de novembro - Francisco Xosé I , Emperador de Austria e Rei de Hungría .
22 de novembro - Jack London , escritor estadounidense.