Deseño

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patrón de deseño.

O deseño é un termo utilizado habitualmente no contexto das artes aplicadas, enxeñería, arquitectura, educación e outras disciplinas creativas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Etimoloxicamente, a palabra deseño ten varias acepcións, que se ben son diferentes, os seus límites non están claros e mestúranse. As dúas principais son:

  • O deseño como proceso de creación.
  • O deseño como resultado do proceso creativo.

Diferenzas etimolóxicas en relación coas linguas[editar | editar a fonte]

  • Cando provén do equivalente inglés design (que ten como significados tanto designar como deseñar) fai referencia a unha creación gráfica representada mediante calquera medio e sobre calquera soporte analóxico, dixital, en dúas ou máis dimensións. Non obstante, tamén fai aquí referencia ó proceso previo de creación "pre-figuración" e de busca do modo de plasmar unha idea en calquera campo.
  • Por outro lado, o termo italiano equivalente disegno refírese simplemente ó debuxo, ou o feito de plasmar as ideas previas mediante esbozos, debuxos ou esquemas sobre un soporte, probablemente tras un proceso de observación, investigación e busca da expresión desa idea previa.
  • En francés, o termo equivalente actualmente é o anglicismo design, pero está relacionado etimoloxicamente coa palabra dessein (en galego, "designio"), que implica unha certa visión de futuro, ou intencionalidade (o proxecto) que se traduce no proceso previo de busca. O outro termo que existe nesta lingua é dessin (que se traduce por debuxo), que designa á obra como produto final.

Tipos de deseño[editar | editar a fonte]