Digital object identifier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de setembro de 2018 ás 03:25 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))

O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.

O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporación Nacional para Iniciativas de Investigación (CNRI), unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.

Véxase tamén

Ligazóns externas