Hunkpapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walking Shooter (Wah-Koo-Ta-Mon-Ih), 1872. Delegacións Tribais ao Goberno Federal

Os hunkpapa (en lakota: Húŋkpapȟa) son un grupo nativo americano, un dos sete lumes do consello do pobo lakota. O nome Húŋkpapȟa é unha palabra lakota que quere dicir "Xefe do Círculo" (outrora, o nome da tribo estaba representado nos rexistros europeo-americanos como Honkpapa). Segundo a tradición, os Húŋkpapȟa instalaban as súas tendas na entrada do círculo do Gran Consello cando os síux se reunían en convocatoria.[1] Falan a lingua lakota, unha das tres variedades das linguas síux.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hunkpapa Sioux Indian Tribe History", Handbook of American Indians, 1906, carried in Access Genealogy, consultado o 9 de decembro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]