Wikipedia:Como comezar a colaborar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de marzo de 2004 ás 03:23 por 61.11.26.142 (conversa) (Reverted to last edit by FUZHEADO)

(Ven da portada)

Quixéramos, estimado lector ou lectora, que colaborases con nós na realización desta enciclopedia. No te preocupes se non es un experto nalgún tema, pois hai moitas cousas nas que colaborar:

  • A primeira lei fundamental é escribir artigos. Podes crealos direitamente, ou copialos ou traducilos dunha fonte de dominio público ou que teña unha licencia compatible coa nosa. Se tes ganas de traducir, un sitio ideal ó que recorrer é outra das wikipedias, en especial a inglesa, que é a que ten maior movemento e por tanto máis artigos, máis extensos e mellor corrixidos en xeral. Unha lista dos seus mellores artigos (non moi actualizada) está en w:Wikipedia:Brilliant prose. Asemade tes a [[1]]wikipedia en español e a [[2]]wikipedia en portugués como outras posibilidades. A familia de wikipedias é abondo ampla e podes elixir.
  • Agrega tildes, corrixe erros e, se sabes que a túa gramática é boa, corrixe a redacción dun artigo. Ten en conta que moitas das aportacións as fan colaboradores con teclados que non permiten introducir direitamente tildes. Podes seleccionar artigos dende Cambios Recentes, partir dende a Portada ou ir a unha páxina aleatoria.
  • Colle páxinas orfas e fai que teñan algunha páxina que se refira a elas, para mellor aproveitar o seu contido. De igual xeito, as páxinas que non levan a ningunha outra editada, e ponlles algún enlace a outro artigo que xa teña a enciclopedia.
  • Bótalle unha ollada ós artigos relacionados co teu traballo, a túa cidade, país, universidade, etc. Se o artigo existe (o máis probable polo momento é que non sexa así), comproba se podes agregar información, ou se a información que xa contén é correcta. ´Pregámoste que teñas un punto de vista neutral e non escribas que "esta é a cidade mellor de tal país" ou "as súas mulleres son as máis bonitas", que non aportan nada e se din de todo o mundo polos naturais da zona.
  • Cando leas unha data nunha biografía, artigo de historia, etc., comproba que estea redactada así: 21 de maio de 1999. Segue, entón, o enlace da data e verifica que o acontecemento (se é importante) se atope entre os aniversarios dese día. Se non está, corríxeo.
  • Se cando uses a páxina aleatoria ou doutro xeito, chegas a un artigo que consideras que necesita unha revisión maior, pero non sabes que facer, deixa unha nota na súa páxina de discusión (todo artigo ten unha). Eso trasladaráo a Cambios Recentes e pode que algún outro colaborador o mellore.
  • Promociona esta enciclopedia entre as túas amizades, en sitios de novas que frecuentes, weblogs, etc., en cualquera lugar que penses que poida haber xente interesada. Pero, por favor, non fagas cadeas (spam): é un método de difusión que deixa moito que desexar, ademais de afectarnos a todos.
  • Se se che ocorren outros xeitos de colaborar, non dubides en engadilos a esta páxina :).


Ver tamén Wikipedia:WikiProyecto