Ángel Cadavid Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Cadavid Caamaño
Nacemento1896
Lugar de nacementoO Grove
Falecemento2 de decembro de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Ángel Cadavid Caamaño, nado no Grove en 1896 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencía á familia de Ás do Sineiro, que vivían no pazo do Sineiro. Médico do Grove e líder local de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na estrada a Campañó o 2 de decembro de 1936. Ademais impuxéronlle á familia unha multa de dous millóns de pesetas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Botana Gómez e foi pai de Carmen Cadavid Botana e avó de Esther Cid Cadavid (a muller do expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]