Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1 de xaneiro , Fundación do Partido Comunista alemán , por Rosa Luxemburg , Karl Liebknecht e Guillerme Pieck .
2 de xaneiro - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava .
5 de xaneiro - Fúndase o Partido Alemán dos Traballadores (DAP), ao que máis tarde pertenceu Adolf Hitler e ao que este cambiará o seu nome polo de NSDAP (Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores)
6 de xaneiro - Fracasa un levantamento comunista -espartaquista- dirixido por Karl Liebknecht , Rosa Luxemburg e Georg Ledebour .
7 de xaneiro - Agrávase a situación gremial dos talleres Vasena; comenza en Buenos Aires a "Semana Tráxica ".
15 de xaneiro - Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht , dirixentes da Liga Espartaquista e da infrutuosa Revolución Alemá , son asasinados.
18 de xaneiro - Comenzan as sesións da Conferencia de Paz de París .
3 de febreiro - Forzas soviéticas ocupan Ucraína e fórmase en Kíiv un Goberno mixto.
5 de febreiro
6 de febreiro - En Luxemburgo as mulleres obteñen o dereito de voto a partir dos 21 anos.
11 de febreiro - Logo de gañar as eleccións, Friedrich Ebert convértese no primeiro presidente da República de Weimar .
16 de febreiro :
Prorrógase o tratado de armisticio entre Alemaña e os Aliados, que fixan provisionalmente a liña fronteiriza entre Alemaña e Polonia, polo que Posen (Poznan ) convértese en polaca, e Prusia Occidental permanece no Reich alemán.
4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán , cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades.
19 de febreiro :
Atentado frustrado contra Georges Clémenceau , presidente do Consello de Ministros francés, polo anarquista Louis Cottin.
Aparece o Manifiesto Ultraísta na revista Grecia e diversos periódicos, firmado por Guillermo de Torre e Pedro Garfias, entre outros.
21 de febreiro :
Folga xeral en Barcelona iniciada pola protesta dos traballadores da empresa La Canadiense .
Kurt Eisner, primeiro ministro da República de Baviera, asasinado.
23 de febreiro - Benito Mussolini funda o Partido Fascista italiano en Italia .
1 de marzo :
Os coreanos maniféstanse en favor da independencia nacional e os xaponeses, ocupantes do país, matan a 7.000 persoas e deteñen a outras 200 000 como medida de escarmento.
Fundación das primeiras agrupacións de combate dos fascistas en Italia .
3 de marzo - O Goberno de Polonia pide a Alemaña a reconstitución das fronteiras polacas de 1722.
22 de marzo - Proclamación da República soviética de Hungría .
2 de abril - Deteñen ao director de Solidaridad Obrera , Ángel Pestaña .
7 de abril - En Bélxica 160 000 mulleres firman unha petición polo sufraxio universal aos 21 anos.
10 de abril - Emiliano Zapata morre nunha emboscada das forzas gobernamentais mexicanas.
28 de xuño - Firma do Tratado de Versalles
4 de xullo - O presidente peruano José Pardo y Barreda é derrocado e iníciase o que se coñece como "Oncenio de Leguía" .
7 de xullo - Sae á rúa o último número d'O Tío Marcos d'a Portela , fundado en 1876 .
12 de setembro - Adolf Hitler asiste como observador a un mitin do DAP. Durante a tertulia coa que finalizaba o acto, tomou a palabra para rebater os argumentos dun separatista bávaro. A súa elocuencia e argumentos chamaron a atención dos dirixentes do partido e pedíronlle que se afiliase.
17 de outubro - O rei Afonso XIII inaugura oficialmente a primeira liña do metro de Madrid .
1 de decembro - Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento británico.
22 de decembro - O ministro de Xustiza norteamericano, Palmer, ordena a detención de comunistas e anarquistas ante o temor de que se produzan desordes.
1 de xaneiro - J. D. Salinger , escritor estadounidense.
7 de xaneiro - Julián Gallego Serrano , historiador español.
7 de xaneiro - Alessandro Natta , político italiano (m. 2001 ).
17 de xaneiro - Antonio Mingote , humorista gráfico español e académico da lingua española.
19 de xaneiro - Joan Brossa , poeta e dramaturgo español.
12 de marzo - Miguel Gila , humorista español
17 de marzo - Nat King Cole , músico de jazz estadounidense.
8 de abril - Ian Smith , primeiro ministro de Rodesia.
15 de abril - Alberto Breccia , historietista arxentino de orixe uruguaia.
17 de abril - Chavela Vargas , cantante costarriqueño.
21 de abril - Rosario Sánchez Mora , miliciana republicana da Guerra Civil Española.
3 de maio - Pete Seeger , cantante de folk estadounidense.
7 de maio - Eva Perón , política arxentina.
6 de xullo - Ernst Haefliger , tenor suízo.
16 de xullo - Choi Kyu-hah , Presidente de Corea do Sur.
31 de xullo - Primo Levi , escritor italiano.
8 de agosto - Óscar Hurtado , escritor cubano, pai da ciencia ficción cubana.
9 de agosto - Emilio Vedova , pintor e gravador italiano.
21 de agosto - Mario Bunge , filósofo arxentino.
25 de agosto - George Wallace , político estadounidense.
26 de setembro - Matilde Camus , poeta española (m. 2012 ).
3 de outubro - James M. Buchanan , economista estadounidense.
12 de outubro - André Casanova , compositor francés.
18 de outubro - Pierre Trudeau , primeiro ministro do Canadá.
22 de outubro - Doris Lessing , escritora, Premio Nobel de Literatura en 2007 .
26 de outubro - Mohammad Reza Pahlavi , gobernante de Irán .
1 de novembro - Hermann Bondi , físico e matemático austríaco.
6 de novembro - Sophia de Mello Breyner Andresen , poeta portuguesa.
10 de novembro - Mijail Kalashnikov , militar e deseñador de armas soviético.
17 de decembro - Leopoldo Nóvoa , pintor galego (m. 2012).
6 de xaneiro - Theodore Roosevelt , 26º presidente dos Estados Unidos.
15 de xaneiro - Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg , dirixentes socialistas alemáns.
3 de febreiro - Edward Charles Pickering , astrónomo estadounidense.
10 de abril - Emiliano Zapata , revolucionario mexicano.
14 de maio - Henry John Heinz , empresario estadounidense.
17 de maio - José Santos Zelaya , Presidente de Nicaragua .
4 de xuño - Augusto González Besada , político español.
30 de xuño - John William Strutt , físico británico, premio Nobel de Física en 1904 .
29 de xuño - Karl Brugmann , lingüista alemán (n. 1849 ).
1 de xullo - Vicente Fraiz Andón , mestre e pedagogo galego (n. 1859 )
15 de xullo - Hermann Emil Fischer , químico alemán, premio Nobel de Química en 1902 .
29 de xullo - José Gregorio Hernández , médico e científico venezolano.
9 de agosto - Ruggiero Leoncavallo , compositor italiano.
11 de agosto - Andrew Carnegie , industrial e filántropo escocés-estadounidense.
24 de agosto - Amado Nervo , escritor mexicano.
2 de outubro - Victorino de la Plaza , presidente da Arxentina (1914 -1916 ).
6 de outubro - Ricardo Palma , escritor peruano.
13 de outubro - Karl Adolph Gjellerup , dramaturgo e novelista danés, premio Nobel de Literatura en 1917 .
2 de novembro - Abraham Valdelomar , periodista e escritor peruano.
15 de novembro - Alfred Werner , químico suízo, premio Nobel de Química en 1913 .
22 de novembro - Francisco Pascasio Moreno , científico, naturalista e explorador arxentino.
5 de decembro - Xosé Fontenla Leal , intelectual galeguista.
3 de decembro - Pierre-Auguste Renoir , pintor francés.
Historia ano a ano