Adalberto Libera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdalberto Libera
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Villa Lagarina, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1963 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1963)
Reino de Italia (1903–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

Adalberto Libera, nado en Villa Lagarina, preto de Trento, o 16 de xullo de 1903 e finado en Roma o 17 de marzo de 1963, foi un dos arquitectos italianos máis representativos do Movemento Moderno en Italia, que non debe confundirse co movemento racionalista italiano, co que só tivo unha breve relación.

Biografía[editar | editar a fonte]

Adalberto Libera naceu en Villa Lagarina, no norte de Italia. Ao estourar a primeira guerra mundial trasladouse a Parma. En 1925, despois de estudar matemáticas e arte, inscríbese na Escola Rexia de Arquitectura de Roma. Graduouse en 1928 na Scuola Superiore di Architettura de Roma. Tomou coñecementos do futurismo a través do seu compatriota trentino Fortunato Depero. Incluso antes de graduarse era xa un dos fundadores do M.I.A.R. («Movimento Italiano per l'Architettura Razionale»). Con sede en Roma, o MIAR foi unha organización rival do «Gruppo Sette» (Grupo 7), que tiña a súa sede en Milán e Como. Foi convidado por Ludwig Mies van der Rohe á Exposición de Stuttgart de 1927 («Werkbund»).

Preparado para ser un dos maiores partidarios e intérpretes do racionalismo, será promotor das exposicións MIAR de «Arquitectura Racional» (1928 e 1931); entre 1930 e 1932 foi elixido secretario nacional do MIAR.

A través de Gino Pollini entra en contacto co "Grupo 7", no que ingresa como membro.

Un arquitecto creativo extremadamente capaz e con talento, estivo máis influído polo futurismo que polo racionalismo, e foi politicamente astuto. A súa actividade como fundador e secretario do MIAR permitiulle estabelecer unha relación de traballo moi estreita cos altos cargos do réxime fascista en Roma, onde se tomaban todas as grandes decisións sobre os programas de construción pública, e que eran responsables do encargo de centos de novos edificios públicos requiridos nos programas de modernización de Mussolini. Grazas a estas conexións tivo unha prolífica carreira durante o réxime fascista e deseñou moitos edificios destacados durante os anos 1930, algúns dos cales son obras mestras do movemento moderno internacional. Participou no gran concurso do réxime, o E42. No mesmo tempo, proxecta algunha das súas obras máis notables, como a Vila Malaparte na illa de Capri, aínda que hai unha continuada controversia sobre se o propio Malaparte foi o principal deseñador. Un dos edificios máis importantes é o Palazzo dei Congressi (Pazo de Congresos) na EUR de Roma.

Durante o período fascista, todos os arquitectos estaban legalmente obrigados a unirse ao partido; pero os de máis éxito foron máis alá e convertéronse en importantes membros do partido. Como os seus contemporáneos Giuseppe Pagano e Giuseppe Terragni, o bo fado de Libera neste período debeuse ás súas estreitas relacións co partido.

Despois da caída do réxime coa súa derrota na segunda guerra mundial, Libera xunto con todos os demais pasou por un período de crise persoal e profesional, pero logo de vivir tranquilamente durante varios anos na súa cidade natal de Trento, recuperouse e empezou outra vez a traballar en numerosos proxectos, incluíndo edificios oficiais e vivendas públicas nun estilo novo que daba as costas aos modelos de expresión fascistas. Durante a posguerra estivo moi comprometido coa problemática da reconstrución masiva de vivendas para os máis necesitados. En 1954–1962 creou e construíu o edificio do Goberno Rexional da rexión do Trentino en Trento. A partir de 1953 Libera dedicaríase á ensinanza universitaria, actividade que desenvolveu até 1963, ano do seu pasamento.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Palacio de Congresos na EUR (anos trinta).
  • Oficina de correos da via Marmorata en Roma (1932).
  • Villa Malaparte en Capri (1938).
  • Unidades de vivenda en Cagliari (1950-53).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]