Aeroescudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística dun orbitador Viking soltando o aterrizador, encerrado nun aeroescudo. Ilustración por Don Davis.

Un aeroescudo é un escudo térmico ríxido que protexe ó vehículo da presión e a calor producidos polo arrastre durante a entrada atmosférica, freándoo, e podendo protexelo de impactos de obxectos durante o voo espacial. Dentro de aeroescudo vai aloxado a carga útil xunto con equipamento como paracaídas, motores foguete e electrónica de control, como as unidades de medición inercial, que monitoriza a orientación do escudo durante o descenso en paracaídas.

Os aeroescudos son compoñentes clave nas misións espaciais interplanetarias. Foron usados durante o programa Apollo á Lúa na década dos anos 1960 e 1970, no programa Viking a Marte (1975), na misión Mars Pathfinder de 1997, nas misións dos Mars Exploration Rover do 2003 e noutras moitas misións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]