Alberto García Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto García Ferreiro
Nacemento11 de marzo de 1860
 Sobrado do Bispo
Falecemento9 de febreiro de 1902
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, escritor e xornalista
InfluenciasManuel Curros Enríquez
Na rede
Galiciana: 11402
editar datos en Wikidata ]

Alberto García Ferreiro, nado en Sobrado do Bispo, Barbadás, o 11 de marzo de 1860 e finado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1902, foi un xurista, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Concepción Arenal en Ourense.[1]

O seu pai era un empresario natural de Valladolid e a súa nai de Sobrado do Bispo. Cursou o bacharelato no Instituto de Ourense (1875) e fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi redactor de Gaceta de Galicia. Instalouse na súa cidade natal como avogado, onde foi famoso polas súas capacidades oratorias. Ao mesmo tempo escribiu literatura, foi director de La Prensa (1881) e fundou e dirixiu a revista La Pluma (1882) e o xornal La Semana, ademais de facerse cargo da dirección dos últimos números de La Tertulia en decembro de 1883; foi redactor de El Derecho e creou e dirixiu La Defensa de Galicia (1893). Colaborou en La Opinión Liberal e O Tio Marcos d'a Portela e foi nomeado delegado da Asociación Regionalista Gallega da que organizou a sección de Ourense, colaborando no seu órgano, La Patria Gallega. Impulsou a realización da estatua de Concepción Arenal en Ourense. Pasou os últimos anos da súa vida recluído en Santiago de Compostela.

Escribiu tamén unha obra de teatro, titulada Luchar por la patria que foi estreada en Santiago de Compostela en 1879. Segundo os críticos Alberto García Ferreiro é un discípulo de Manuel Curros Enríquez, e ao igual que o seu mestre, foi progresista, liberal e anticlerical. Non dominaba ben o galego, mesturándoo co castelán e usando hiperenxebrismos. A súa obra máis destacada é Lenda de groria un poema épico sobre o ataque da frota inglesa de Francis Drake, que foi premiada en 1890 na Coruña polo Liceo Brigantino.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Garcilaso de la Vega y sus obras, 1875, discurso.
  • Luchar por la patria, 1879, cadro dramático en verso.
  • Gritos del alma, 1880, poesías en castelán.[2]
  • Volvoretas, 1887, poesías en galego.
  • Chorimas, 1890, Biblioteca Gallega, poesías en galego.
  • Leenda de groria, 1891, poema galego.[3]
  • Follas de papel, 1892, poesías en galego.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Blanca Tomé Martín, filla de Bernardo Tomé Cora Ondarreta, en 1886,[4] e foi pai de Iván e Blanca García Tomé.

Galería[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na cidade da Coruña existe unha rúa co seu nome e o concello de Ourense colocou unha lápida conmemorativa na súa casa natal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]