Aleksandr Stepanovich Popov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Stepanovich Popov
Nacemento4 de marzo de 1859 e 16 de marzo de 1859
Lugar de nacementoKrasnoturyinsk
Falecemento31 de decembro de 1905 e 13 de xaneiro de 1906
Lugar de falecementoSan Petersburgo
Causahemorraxia cerebral
SoterradoLiteratorskie mostki
NacionalidadeImperio Ruso
Alma máterPerm Theological Seminary e Faculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University
Ocupaciónfísico, inventor e enxeñeiro
PremiosOrder of Saint Anna, 2nd class, Order of Saint Anna, 3rd class, Order of Saint Stanislaus, 2nd class e Medal In memory of Alexander III
Na rede
Find a Grave: 12448492 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Stepanovich Popov (en ruso: Алекса́ндр Степа́нович Попо́в), nado en Turyinskiye Rudniki o 4 de marzo de 1859 e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1906 (31 de decembro de 1905 no calendario xuliano), foi un físico ruso, unha das primeira persoas que inventou un aparato receptor de radio.[1][2][3]

O traballo de Popov como profesor da escola naval de Rusia levouno a explorar o fenómeno da alta frecuencia eléctrica. O 7 de maio de 1895 presentou un artigo sobre un detector de raios sen fíos que construíra empregando un cohesor para detectar ruído de radio dos raios. Ese día celébrase en Rusia o Día da Radio. Nunha demostración o 24 de marzo de 1896 transmitiu sinais de radio a 250 metros entre edificios do campus de San Petersburgo. O seu traballo estaba baseado no doutro físico, Oliver Lodge, e foi contemporáneo co de Guglielmo Marconi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Popov naceu en 1859 en Turyinskiye Rudniki, actual Krasnoturyinsk, nos Urais e estudou na Universidade Estatal de San Petersburgo. Foi o inventor da antena e con ela puido facer transmisións de ondas electromagnéticas a distancia.

Dende 1890 continuou os experimentos de Hertz. Construíu o seu primeiro receptor de radio en 1894 e posteriormente presentouno ante a Sociedade Rusa de Física e Química. Dende 1901 foi profesor do Instituto Electrotécnico.

Honras[editar | editar a fonte]

En 1945, no 50 aniversario do experimento de Popov, a Unión Soviética converteu o 7 de maio nun día festivo, o Día da Radio, día en que afirman que inventou a radio. Os historiadores indican que esta festa puido ser máis debido á política da guerra fría máis que por evidencias históricas.[4][1][3] O Día da Radio continúa a ser oficial en Rusia e Bulgaria.

Un planetoide, 3074 Popov, descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova en 1979, recibiu o seu nome.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Smith-Rose, Reginald Leslie (2013). "Alexandr Popov". Encyclopædia Britannica Online. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  2. McKenna, Joe (2007). "Aleksandr Popov's Contributions to Wireless Communication". IEEE Engineering Hall of Fame. Institute of Electrical and Electronic Engineers. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 (author name redacted) (xaneiro de 1960). "Did Alexandr Popov invent radio?" (PDF). NSA Technical Journal (Estados Unidos: National Security Agency) 5 (1): 35–41. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  4. Sungook Hong, Wireless: From Marconi's Black-box to the Audion, page 1
  5. Dictionary of Minor Planet Names, 2003, vol.1, páx.253

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alexander Popov: Russia's Radio Pioneer de James P. Rybak

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]