Alfonsina Storni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonsina Storni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alfonsina Carolina Storni Editar o valor em Wikidata
29 de maio de 1892 Editar o valor em Wikidata
Capriasca, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Mar del Plata, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoema Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónautora de diarios , escritora , xornalista , poeta , mestra Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
MovementoPosmodernismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 3be74801-5e0b-43b1-abe2-70f563ef5876 Discogs: 1656108 WikiTree: Storni-1 Find a Grave: 6908856 Editar o valor em Wikidata

Alfonsina Storni, nada en Capriasca (Suíza) o 29 de maio de 1892[1][2][3][4] e finada en Mar del Plata o 25 de outubro de 1938, foi unha poeta e escritora arxentina do modernismo.[5]

Os seus pais, propietarios dunha cervexaría en San Juan, regresaron a Suíza en 1891. En 1896 volveron a Arxentina xunto con Alfonsina, quen nacera durante a estancia da parella no país alpino. En San Juan asistiu á escola infantil e viviu a primeira parte da súa infancia. A comezos do século XX a familia mudouse a Rosario (provincia de Santa Fe), onde a súa nai fundou unha escola domiciliaria e o seu pai instalou un café preto da estación de ferrocarril Rosario Central. Alfonsina traballou como camareira no negocio familiar, pero dado que este traballo non lle gustaba independizouse e conseguiu emprego como actriz. Máis tarde percorreu varias provincias nunha xira teatral.[6]

Storni exerceu como mestra en diferentes centros educativos, e durante este período escribiu as súas poesías e algunhas obras de teatro. A súa prosa é feminista. Unha corrente divide a súa obra en dúas partes: unha de corte romántico, que trata o tema desde o punto de vista erótico e sensual e amosa resentimento cara á figura do home, e unha segunda etapa na que deixa de lado o erotismo e aborda o tema desde un punto de vista máis abstracto e reflexivo. A crítica literaria, pola súa parte, clasifica en tardorrománticos os textos editados entre 1916 e 1925, e a partir de Ocre encontra trazos de vangardismo e recursos como o antisoneto (soneto en verso branco). As súas composicións reflicten, ademais, a doenza que padeceu durante gran parte da súa vida e amosan a espera do punto final da súa vida, expresándoo mediante a dor, o medo e outros sentimentos.[7]

Foi diagnosticada con cancro de mama, do cal foi operada. A petición dun medio xornalístico realizouse un estudo de quiroloxía, cuxo diagnóstico non foi acertado. Isto deprimiuna, provocándolle un cambio radical no seu carácter e levándoa a descartar os tratamentos médicos para combatela.[8]

Suicidouse en Mar del Plata lanzándose da escollera do Club Argentino de Mujeres. Alfonsina consideraba que o suicidio era unha elección concedida polo libre albedrío, e así o expresara nun poema dedicado ao seu amigo e amante, o tamén poeta suicida Horacio Quiroga. Hai versións románticas que din que se internou lentamente na mar; algunhas desas versións serviron para compoñer a canción «Alfonsina y el mar» baseada no seu suicidio, por Ariel Ramírez[9] e Félix Luna e que foi interpretada por grandes autoras da canción latinoamericana como Mercedes Sosa ou Chabuca Granda.[10] O seu corpo foi velado inicialmente nesa cidade balnearia e finalmente en Bos Aires. Os seus restos están soterrados no cemiterio da Chacarita.[11]

En 2020 Manuel Antón Mosteiro García dedicoulle Alma de mar: XXI poemas para Alfonsina Storni, Ed. de autor, ISBN 9798690978709.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alfonsina Storni con 24 anos, cando publicou La inquietud del rosal.

Os seus pais foron Alfonso Storni e Paulina Martignoni. Desde Lugano emigraron á provincia de San Juan en 1880 xunto cos irmáns máis vellos, María e Romero. Fundaron unha pequena empresa familiar, e anos despois, as botellas de cervexa etiquetadas «Cerveza Los Alpes, de Storni y Cía», comezaron a circular por toda a rexión.[12]

En 1891 os pais viaxaron a Suíza, quedando en San Xoán os irmáns máis vellos. O 22 de maio de 1892 naceu Alfonsina na aldea Sala Capriasca, 8 km ao norte da cidade de Lugano, sendo a terceira filla do matrimonio Storni-Martignoni. O seu pai, un home «melancólico e raro»,[13] foi quen elixiu o nome. Anos máis tarde Alfonsina explicoulle ao seu amigo Fermín Estrella Gutiérrez (1900-1990): «Chamáronme Alfonsina, que quere dicir disposta a todo».[14] Hai outras versións que indican que naceu o 22 de maio pero a rexistraron o 29, e outras que afirman que naceu nun barco no mar.[6] Foi bautizada na parroquia de Tesserete, a aldea contigua a Capriasca. Á marxe da acta de bautismo o sacerdote Osvaldo Crivelli anotou: «Grande poetesa morta al mar della Plata».

Alfonsina aprendeu a falar en italiano, e en 1896 regresou a San Juan, de onde son os seus primeiros recordos.

Estou en San Juan, teño catro anos; véxome colorada, redonda, chatiña e fea. Sentada na entrada da miña casa, movo os beizos como lendo un libro que teño na man e espío de esguello o efecto que causo no transeúnte. Uns curmáns fanme pasar vergoña gritándome que teño o libro do revés e corro a chorar detrás da porta.[15]

A súa nai levouna á escola infantil. Nesa etapa era unha nena curiosa e que facía moitas preguntas, imaxinaba moito e mentía. A súa nai tiña dificultades para ensinarlle a dicir a verdade. Inventaba incendios, roubos e crimes, metía a súa familia en problemas, e nunha ocasión invitou aos seus docentes a pasar as vacacións nunha propiedade imaxinaria na periferia da cidade.[15][16]

O recordo do seu pai reflícteo no poema "A mi padre", baseado na actitude melancólica do home. Noutra composición di:

"Que por días enteiros, vagabundo e huraño

non volvía á casa, e como un ermitaño
alimentábase de aves, durmía sobre o chan
e só cando o Zonda, grandes masas ardentes
de area e de insectos levanta nos quentes

desertos sanjuaninos, cantaba baixo o ceo".[17]

Se ben a imaxe do pai ten matices melancólicos, a da nai reflicte tristeza oculta que amosa, á súa vez, a marca da resignación feminina. Dela escribiu:

Din que silenciosas as mulleres foron

Da miña casa materna... Ah, ben puidesen ser
Ás veces, na miña nai apuntaron antojos
de liberarse, pero subíuselle aos ollos

unha fonda amargura, e na sombra chorou.[17]

Suponse que esta descrición da nai corresponde á época que precedeu a mudanza a Rosario e aos anos posteriores que foron difíciles. En 1900 naceu Hildo Alberto, o último irmán, a quen tivo que protexer.

Viaxe a Rosario[editar | editar a fonte]

En 1901 a familia trasladouse novamente, esta vez ao barrio de Echesortu, na cidade de Rosario, por motivos descoñecidos. Levaron consigo algúns aforros, cos que Paulina abriu unha pequena escola domiciliaria, e pasou a ser a cabeza dunha familia numerosa e pobre. Os alumnos abonaban 1,50 pesos, e chegaron a ser cincuenta, mais a ganancia de setenta e cinco pesos mensuais non permitía unha vida cómoda.[18]

Instalaron o Almacén Café Suízo na rúa Mendoza 3699, esquina Constitución, preto da Estación Rosario Norte; mais o proxecto non prosperou. Alfonsina deixou de asistir á escola e comezou a traballar lavando pratos e atendendo as mesas con dez anos. As demais mulleres comezaron a traballar de costureiras. O fracaso puido estar provocado polo alcoholismo do pai, quen sentaba nunha mesa a beber até que a súa esposa, xunto cun dos seus fillos, o arrastraban até a súa cama. Tras pechar o negocio mudáronse de casa. A súa irmá María casou, mais quedou viúva axiña. Nesa época Alfonsina comezou a escribir poesías. Tiña un mal recordo daquel momento:

Aos doce anos escribo o meu primeiro verso. É noite; meus familiares ausentes. Falo nel de cemiterios, da miña morte. Prégoo coidadosamente e déixoo debaixo do velador, para que miña nai o lea antes de deitarse. O resultado é esencialmente doloroso; á mañá seguinte, tras unha contestación miña agresiva, uns coscorróns frenéticos pretenden ensinarme que a vida é doce. Desde entón, os petos dos meus mandís, os corpiños das miñas enaguas, están cheos de papeluchos emborronchados que se me van morrendo como faragullas de pan.[19]

As tarefas domésticas non a deixaban tomar un descanso, xa que tiña que axudar coa costura á súa nai até a madrugada e coas tarefas escolares ao seu irmán máis novo. Alfonsina comezou a publicar os seus poemas na revista Monos y Monadas. No número 82, do 8 de xaneiro de 1912, aparece o poema “Anhelos”, inspirado nun ombú que durante moitos anos creceu na Quinta San Pedro:

ANHELOS
Baixo o ombú, que eleva maxestuoso
a súa verde copa na lanosa pampa
sollocei un día os recordos
que viven na alma.
Baixo o ombú, coloso do inmenso,
cando a noite silenciosa e queda
ía roubando ao día as súas cores
chorei a miña dita morta.
Testemuña foi do dolorido berro
co que nas horas da dor pasadas,
o corazón rebelde ao sufrimento
protestas levantase.
Tempo había xa que da ferida aberta
o sangue pinga a pinga non manaba
Tempo había xa do seu tronco fermoso
a sorte afastábame.
E hoxe ao miralo, sinto que de novo
acoden en multitude vellas nostalxias
que no fondo da miña alma dolorida
xulgaba sepultadas.
Mais, si a dor de novo en min provocas
non hei de odiáreste por iso, árbore querida,
que ao cadáver do indio vagabundo
un día deches abrigo.
E en proba eu tamén, como ese ígnaro
quero por cruz a túa sombra silenciosa;
e no canto de branca lápida labrada
o verde das túas follas.

A independencia[editar | editar a fonte]

Buscou traballo pola súa conta nunha fábrica de gorras. Na Semana Santa de 1907 o director teatral Manuel Cordero chegou a Rosario de xira coa súa compañía para representar as escenas da Paixón. Paulina contactou coa compañía e asignóuselle o papel de María Madalena. Alfonsina asistiu aos ensaios e aprendeu todos os papeis, e como dous días antes da estrea enfermou a actriz que facía de Xoán o Evanxelista, asumiu ela o papel, con eloxio da prensa ao día seguinte .[20]

Tempo despois visitou Rosario a compañía de José Tallavi para entrevistarse con Alfonsina, quen demostrou que podía recitar e memorizar longos versos, e ofrecéronlle traballo. Alfonsina deixou a casa de Rosario, e percorreu Santa Fe, Córdoba, Mendoza, Santiago del Estero e Tucumán representando Espectros de Henrik Ibsen, La loca de la casa de Benito Pérez Galdós e Los muertos de Florencio Sánchez. Nesta época intercambiou correspondencia con Julio Cejador, un filólogo español.[21] Segundo declarou á revista El Hogar, ao seu regreso escribiu a súa primeira obra de teatro, Un corazón valiente, mais non se conserva o texto.

A súa nai casou co libreiro Juan Perelli, e mudárase a Bustinza, onde establecera de novo a súa escola domiciliaria.[22] Desprazouse até alí, e deu clases de recitado e de bos modos.[22]

En 1909 deixou o fogar materno para terminar os estudos na Escola Normal Mixta de Mestres Rurais de Coronda. Segundo a directora do centro, a señora Gervasoni, cando abriu a escola precisábanse alumnos, e Alfonsina foi aceptada polo seu entusiasmo, pois non tiña certificado de estudos primarios nin aprobara o exame de ingreso. Foi nomeada celadora a cambio dun soldo de corenta pesos, e hospedábase na pensión da irmá da directora.[7]

Poeta en Bos Aires[editar | editar a fonte]

Storni co escritor Fermín Estrella Gutiérrez en 1922.

En 1911 mudouse a Bos Aires. O 21 de abril de 1912 naceu o seu fillo Alejandro, sen pai coñecido.[23] Deu a luz no hospital San Roque (actual Hospital Ramos Mejía). Tempo despois foron vivir a unha casa compartida cun matrimonio.[24]

En 1913 conseguiu traballo de caixeira nunha farmacia, e posteriormente na tenda "A la Ciudad de México". Realizou algunhas colaboracións na revista Caras y Caretas. Nesta revista relacionouse con José Enrique Rodó, Amado Nervo, José Ingenieros e Manuel Baldomero Ugarte. Conseguiu traballo na empresa Freixas Hermanos, adicada á importación de aceite. Malia ter un salario baixo por ser muller[25], a súa situación económica mellorou e puido realizar viaxes frecuentes a Montevideo, onde coñeceu a poeta uruguaia Juana de Ibarbourou e ao escritor Horacio Quiroga.

En 1916 comezou a publicar poemas e prosa de forma esporádica na revista literaria La Nota, fundada e dirixida por Emín Arslán.[26][27].[28] Nesta publicación estivo a cargo dunha sección permanente entre o 28 de marzo e o 21 de novembro de 1919.[29] En La Nota publicou os poemas "Convalecer" e "Golondrinas".[30][31]

Tamén en 1916 publicou La inquietud del rosal, poemario no que expresaba os seus desexos como muller e describía a súa condición de nai soltera sen ningún tipo de complexo[32]. Escribiuno no traballo mentres ditaba ordes e correspondencias á mecanógrafa. Nun encontro co poeta Félix Visillac leulle os versos, e este propúxolle acompañala á imprenta de Miguel Calvello, quen aceptou imprimir 500 exemplares por cincocentos pesos, se ben Alfonsina non foi quen de xuntar os cartos.[33] O libro non tivo boa acollida. Na revista Nosotros, de Roberto Giusti e Alfredo Bianchi, dixeron do texto en marzo de 1916: «libro dunha poeta nova e que aínda non conseguira a totalidade das súas cualidades que no futuro ha de nos dar máis dunha valiossa produción literaria».[34] Mais o poemario permitiulle ser a primeira muller en ingresar nun cenáculo de escritores. Coa axuda do poeta Juan Julián Lastra e as colaboracións en Caras y Caretas comezou a relacionarse cos editores de Nosotros.[35] A primeira reunión foi un xantar en homenaxe a Manuel Gálvez, quen festexaba o éxito da súa obra El mal metafísico, e nel Alfonsina recitou algúns dos seus versos e outros de Arturo Capdevilla.[36] Storni colaboraba de balde co periódico socialista La Acción e coa revista latinoamericanista Proteo. Buscou un traballo máis rendible e logrou ser directora no colexio Marcos Paz, pertencente á Asociación Protectora de Hijos de Policías y Bomberos. O centro tiña unha biblioteca con máis de dous mil libros, que lle permitiu completar as súas lecturas.[37] Foi vivir coa súa irmá, con quen deixaba o seu fillo cando ía aos encontros literarios.[38]

En 1918 publicou El dulce daño. Nese mesmo ano recibiu canda a Alicia Moreau de Justo e Enrique del Valle Iberlucea unha medalla como membro do Comité Argentino Pro Hogar de los Huérfanos Belgas, por asistiren a un acto na defensa de Bélxica con motivo da ocupación alemá durante a Primeira guerra mundial. Nunha visita ao local das Lavanderas Unidas, unha agrupación de carácter socialista frecuentada por persoas negras, mestizas e mulatas, comezou a dubidar da época en que vivía, e sentiuse trasladada á época colonial.[39]

En 1926 escribió Poemas de amor. En 1927 estreou a obra de teatro El amo del mundo, que non tivo boa acollida da crítica.[40] Despois pasou a escribir relatos en primeira persoa.[41]

Viaxou a Europa, e en Madrid visitou a Residencia de Señoritas que dirixía María de Maetzu. Viaxou por Castela, Andalucía, París e a súa vila natal. En 1931 foi co seu fillo a Pompeia e Xenebra.[42]

En 1932, publicou Dos farsas pirotécnicas: Cimbelina en 1900 y pico e Polixena y la cocinerita. En 1934 publicou Mundo de siete pozos, unha recompilación de poemas adicados ao seu fillo. En 1937 escribiu o seu último libro, Mascarilla y trébol.

O 20 de maio de 1935 foi operada do cancro de mama. Pensábase que era un tumor benigno, pero tiña ramificacións. A mastectomía deixoulle cicatrices físicas e emocionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Poemas de Alfonsina Storni". Consultado o 20 de febreiro de 2010. Considerada la poeta del modernismo argentino, nació en Sala Capriasca (Suiza), el 22 de mayo de 1892, trasladándose con su familia a la Argentina, a muy temprana edad 
  2. "Efemérides". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2010. 
  3. "Rincón Literario - Escritores". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2010. El 29 de mayo de 1892, en Sala Capriasca, Suiza nació Alfonsina Storni. La tercera hija del matrimonio Storni. Llevó el nombre del padre. En 1896, la familia Storni se instaló en la Argentina, en la provincia de San Juan, donde ya habían vivido años atrás 
  4. Domínguez, Norma (25 de outubro de 2008). "Alfonsina, esa mujer inolvidable". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2010. Quien lee la obra de Alfonsina Carolina Storni (así reza su partida de nacimiento extendida el 22 de mayo de 1892, en Sala Capriasca, cantón Tisino) puede vislumbrar a la mujer que hay detrás de la poesía 
  5. Centro Virtual Cervantes. "Alfonsina Storni Martignoni". Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  6. 6,0 6,1 Delgado 2006, p. 10.
  7. 7,0 7,1 Delgado 2006, p. 20.
  8. Delgado 2006, p. 106.
  9. Carrizo Couto, Rodrigo (27-07-2018). "Suiza se une a Argentina con los versos de Alfonsina Storni". elpais.com. Consultado o 27-07-2018. 
  10. López, Alberto (29-05-2018). "elpais.com". elpais.com. Consultado o 27-07-2018. 
  11. Delgado 2006, p. 125.
  12. "Cronología 1892-1915". Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  13. Delgado 1991, p. 116.
  14. "Alfonsina Storni (1892 – 1938). Apuntes sobre su vida y su obra" (PDF). uruguayeduca.edu.uy. Archived from the original on 17-03-2012. Consultado o 27-07-2018. 
  15. 15,0 15,1 Delgado 2006, p. 11.
  16. Garrido Donoso, Lorena. "Storni, Mistral, Ibarbourou: encuentros en la creación de una poética feminista". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  17. 17,0 17,1 Delgado 2006, p. 12.
  18. Delgado 2006, p. 13.
  19. Delgado 2006, p. 14.
  20. Delgado 2006, p. 17.
  21. Delgado 2006, p. 18.
  22. 22,0 22,1 Delgado 2006, p. 19.
  23. «Alejandro Alfonso Storni», ficha biográfica na web Geni. Afirma que Alejandro Storni era fillo de Alfonsina Storni con Carlos Tercero Arguimbau, que xa tiña tres fillas.
  24. Delgado 2006, p. 28.
  25. Delgado 2006, p. 31.
  26. Méndez 2004, p. 91.
  27. Diz 2005, p. 97.
  28. Quereilhac, Soledad (20 de junio de 2014). "Con la mira en la mujer futura". diario La Nación. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  29. Méndez 2004, p. 169.
  30. "Poema Convalecer". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  31. "Poema Golondrinas". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  32. "Cronología 1916-1926". Consultado o 29 de agosto de 2010. 
  33. Delgado 2006, p. 33.
  34. Delgado 2006, p. 36.
  35. Delgado 2006, p. 37.
  36. Delgado 2006, pp. 29 y 40.
  37. Delgado 2006, p. 42.
  38. Delgado 2006, p. 43.
  39. Delgado 2006, p. 47.
  40. Delgado 2006, p. 73.
  41. Delgado 2006, p. 79.
  42. Delgado 2006, p. 94.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]