Alouette 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alouette 2
Alouette 1, similar a Alouette 2.
TipoEstudo da ionosfera e da atmosfera superior.
Satélite deTerra
Data de lanzamento29 de novembro de 1965[1][2][3]
Foguete portadorThor Agena B[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior e da ionosfera.[2]
NSSDC ID1965-098A
Masa146,5 kg[2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7954,8 km[1]
Inclinación79,8 graos[1]
Apoapse2659,3 km[1]
Periapse508,4 km[1]

Alouette 2 foi un satélite de investigación ionosférica canadense, lanzado en 1965.

Historia[editar | editar a fonte]

Lanzamento do satélite e progreso da misión[editar | editar a fonte]

Alouette 2 foi lanzado ás 4:48 UTC do 29 de novembro de 1965 mediante un foguete Thor Agena B xunto co satélite Explorer 31 desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California. Alouette 2 adicouse ó estudo da ionosfera, un area da atmosfera superior na que orbitarían futuros satélites. A misión de Alouette 2 durou dez anos antes de ser apagado e permanece en órbita.

O satélite estabilizábase mediante xiro, a unhas 2,25 revolucións por minuto trala extensión das antenas. O problema de estabilización que afectou a Alouette 1 resolveuse en Alouette 2 poñendo unhas placas ao final da antena máis longa.[2]

Alouette 2 non tiña medios de rexistro a bordo, polo que os datos só estaban dispoñibles cando pasaba cerca dunha estación de telemetría, que estaban situadas principalmente cerca do meridiano dos 80 graos oeste en sitios cerca de Hawai, Singapur, Australia, Reino Unido, India, Noruega e África central. Ao principio da misión rexistrábanse datos unhas oito horas por día.[2]

As operacións coa nave finalizaron en xullo de 1975. O satélite foi reactivado con éxito o 28 e 29 de novembro de 1975 para obter datos no seu décimo aniversario. A finais dos anos 1990 levouse a cabo un esforzo de restauración dos datos gardados da misión, conseguíndose recupera a maior parte dos datos de alta resolución.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Alouette 2 levaba un sondador ionosférico, un receptor VLF, un detector de partículas, un experimento de ruído cósmico e unha sonda electrostática.[2] Do corpo do satélite sobresaen dúas antenas dipolo de 73 e 22,8 metros, compartidas por tres dos experimentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ALOUETTE 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (4 de novembro de 2011). "Alouette 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  3. "Letter dated 24 January 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-02234). 28 de xaneiro de 1966. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Alouette 1, 2" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]