Antón Paz Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Paz Blanco
Nome completoAntón Paz Blanco
Nacemento8 de agosto de 1976
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónregatista
PremiosMedalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Antón Paz Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de agosto de 1976, é un regatista galego, campión mundial e olímpico da clase tornado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Competiu no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Fernando Echavarri, proclamándose campións de España en tres ocasións (2000, 2001 e 2003).[1] Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 conseguiu un diploma olímpico ao rematar oitavo xunto a Echavarri na clase tornado. Gañou o Campionato Mundial de Tornado en 2005 e 2007 e o Campionato Europeo de 2005, ademais de quedar cuarto no campionato do mundo da clase Tiger en 2005.[2][3] En 2008 conquistou o ouro da clase tornado nos Xogos Olímpicos de Pequín.[2]

Cando a clase tornado deixou de ser olímpica comezou a competir xunto a seu irmán Carlos na clase 49er,[4] conseguindo a prata na Final da Copa do Mundo de 2014 celebrada en Abu Zabi.[5] Ademais capitaneou con Carlos o barco Vilagarcía da clase Platu 25, logrando o bronce mundial en 2007, o ouro en 2008 e a prata en 2012.[6][3]

En 2016 deixou as categorías olímpicas pasando a adestrarse con catamaráns da Clase A.[7] En 2020 proclamouse subcampión de España desta clase en Murcia.[8]

Ademais exerce como adestrador doutros regatistas e asistiu aos Xogos Olímpicos de 2016 como adestrador do equipo grego de Nacra 17.[9][10]

Principais títulos[editar | editar a fonte]

Medallas olímpicas
Ouro Clase tornado Beijing 2008

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penedo, Pablo (9 de setembro de 2003). "Antón Paz conquista o seu terceiro Campionato de España de Tornado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Fernando Echávarri y Antón Paz, campeones del mundo". Faro de Vigo (en castelán). 19 de xuño de 2005. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Base de datos da ISAF". site-isaf.soticcloud.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  4. "Antón Paz deja la clase tornado para competir con su hermano" (en castelán). 22 de setembro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  5. "Plata para los hermanos Carlos y Antón Paz, y bronce para Manchón". El Correo Gallego (en castelán). 13 de outubro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  6. "El Vilagarcía se proclama campeón del mundo de Platu 25". Marca (en castelán). 3 de outubro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  7. "Antón Paz deja el rumbo olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  8. "Antón Paz se estrena en el Campeonato de España de la Clase A con el segundo puesto". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de setembro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  9. Penedo, Pablo (2 de xuño de 2016). "Antón Paz vuela a los Juegos de Río con pasaje heleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  10. Penedo, Pablo (22 de febreiro de 2019). "Antón Paz asume la tutela de un nuevo par de soñadores olímpicos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]