Asociación Cultural Manicómicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación Cultural Manicómicos é unha asociación teatral da cidade da Coruña (Galiza) nada en xaneiro de 2004 por iniciativa dun grupo de persoas con diversos graos de experiencia nas artes escénicas co interese de investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia. No 2006 colaborou, xunto con outros colectivos como Pista Catro e Cooperactiva (Santiago de Compostela) ou Circus Fusión (Ourense), na creación da Federación Galega de Novo Circo.

Entre os obxectivos de Manicómicos inclúense: a organización de cursos formativos para os seus asociados e para a cidadanía en xeral para un coñecemento maior das diferentes técnicas actorais, así como a organización dun Festival de Teatro Cómico anual na cidade da Coruña (Festival Manicómicos) no que se poidan ver ás principais figuras do panorama internacional (que ademais imparten cursos durante o festival) xunto a novos artistas galegos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]