Asociación de Directores e Realizadores de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Directores e Realizadores de Galicia
Tipoasociación profesional
Data de fundación2002
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten por obxectivo a defensa dos intereses dos directores e realizadores do sector audiovisual galego.

Características[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 2002, e conta con máis de 120 persoas asociadas. En 2015 o seu presidente é Jorge Coira. Na xunta directiva están tamén Juan Lesta (vicepresidente), Gaspar Broullón (secretario), Gutier Rolán (tesoureiro), Ángeles Huerta, Pablo Cacheda, Veru Rodriguez, Giselle Llanio e Suana Sotelo (vogais).

Organiza diversos eventos, e colabora co patrocinio de premios á mellor dirección no Festival de Cans e no Curtocircuíto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.