Autoestrada A3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A3
Autoestrada Porto-Valença
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
Ruta europeaE01
Lonxitude112 km
Localización
InicioPorto
FinFronteira con España (AP-9)

A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima.

Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó leste en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga. Dende Braga, a A3 segue até Ponte de Lima e a partir de aquí comeza a travesía da autovía pola Serra de Arga, que remata no val do Miño en Valença, onde enlaza con Galicia.

A A3 forma parte da E-01 e no Plano Rodoviário Nacional 2000, inclúese no Itinerario Principal 1. A súa concesionaria é Brisa e a infraestrutura é de peaxe dende Maia até Valença.

Saídas[editar | editar a fonte]

Número de Saída Nome da Saída Estrada coa que liga
1 Porto (Boavista) - Vila Nova de Gaia (Ponte da Arrábida)
Porto (Antas) - Vila Nova de Gaia (Ponte do Freixo) -  A 1  Lisboa
 IC 23 (VCI) 
 IP 1 
 A 20 (CRIP) 
2 Matosinhos - Gondomar - Rio Tinto  N 12 
3 Matosinhos - Aeroporto -  A 28  Viana do Castelo
Valongo - Vila Real - Ermesinde
 A 4 
4 Maia - Aeroporto - Ermesinde - Paços de Ferreira  A 41 (CREP) 
Peaxe de Maia
Área de servizo de Coronado-Trofa (km 11)
5 Santo Tirso - Trofa  N 104-1 
6 Vila Nova de Famalicão - Póvoa de Varzim - Guimarães  A 7 
7 Cruz  N 14 
8 Braga (sur) - Guimarães  A 11 
9 Braga (oeste) - Barcelos
Encourados
 A 11 
 N 103 
Área de servizo de Barcelos (km 56)
10 Anais  N 201 
11 Ponte de Lima (sur) - Ponte da Barca  N 203 
12 Ponte de Lima (norte) - Viana do Castelo
Ponte da Barca - Arcos de Valdevez
 A 27 
 IC 28 
13 Paredes de Coura - Vila Nova de Cerveira  N 303 
Peaxe de Valença
14 Valença - Vila Nova de Cerveira  N 13 
15 Valença
Monção - Melgaço
 N 13 
 N 101 
 GALICIA 
 A-55 

Ligazóns[editar | editar a fonte]