Axuda:Como trocar o nome dunha páxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:MOVER

Pódeselle querer mudar o nome a unha páxina (tanto unha que acabada de crear como unha atopada) por varias razóns, como as seguintes:

  • Hai un erro no título.
  • O título non se axusta ás normas da Galipedia.
  • O contido do artigo supera o enunciado no título ou cobre só un aspecto ou non se corresponde.

Os termos "trocar o nome" e "mover" significan o mesmo neste contexto. Simplemente se refiren a modelos distintos de proceder:

  • trocar o nome: mantén a páxina tal e como está e dálle outro nome; o historial da páxina segue co nome novo, créase unha páxina co nome vello que reenvía ao nome novo e o historial da páxina co nome vello rexistra a mudanza de nome.
  • mover: move o contido e a páxina do historial á nova páxina; troca a páxina vella nunha redirección; múdalle o historial da páxina para que só teña rexistrado este cambio de nome.

Dado que o sistema marca a páxina co nome vello como páxina nova, aplícase o primeiro dos dous modelos. Este modelo evita "mudar o historial", que sería unha especie de "revisionismo histórico".

Como proceder[editar | editar a fonte]

Para poderlle trocar o nome a unha páxina hai que estar rexistrado. Atención porque:

  1. A aparencia "Morriña" non ofrece este botón;
  2. o botón está na barra rápida, ou sexa que esta debe estar activada (os administradores contan cun vínculo adicional na parte inferior da páxina).

Unha vez no artigo, preme no vínculo "mover" que hai nunha das lapelas superiores da páxina. Preguntaráseche polo nome novo da páxina e terás a opción de mover tamén a páxina de conversa do artigo. A menos que saibas o que estás a facer é máis seguro contestar que si. Fai clic en "mover páxina" e a páxina recibirá o novo título inmediatamente. O título vello converterase nunha páxina de redirección.

Observacións[editar | editar a fonte]

A función "mover páxina" conserva o historial completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase sempre desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e atribucións non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluír unha nota na páxina de conversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.

A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movemento (excepto o que se vexa en "Cambios recentes").

Se o título novo xa existe e non é simplemente unha redirección sen historia (e, ás veces, mesmo así), o wiki dirache que non se lle pode mudar o nome ao artigo. Nesta situación, deberás solicitar a fusión dos historiais das dúas páxinas.

Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se seguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vínculos spaghetti". Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos.

Ás veces movemos cousas e logo lamentámolo, e na Wikipedia non hai o botón "Desfacer". Non obstante, para desfacer unha mudanza feita da páxina A para a páxina B abonda con:

  1. mover a páxina B de novo para a páxina A;
  2. listar a páxina B (que agora é unha redirección sen historia) como {{lixoporque|A razón}} (ou borrala directamente se se é administrador).

Porén, no caso de a páxina A ter sido modificada con posterioridade ou se o software non funcionou como debera, só un/ha administrador/a pode amañar as cousas:

  1. borrar a páxina A (que se asegurará de que o historial non é relevante e engadirá créditos nunha páxina de conversa para compensar, de ser preciso)
  2. mover a páxina B para a páxina A.
  3. borrar a páxina B (que será unha redirección para a páxina A co historial en branco)

É insensato e pouco produtivo provocar "guerras de movementos", que acabarán necesariamente en redireccións inútiles por todas partes. É preferíbel chegar a consensos, aínda que se consideren provisorios.

Só os administradores poden mudarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe. Polo tanto, o método correcto para modificarlle o nome a unha imaxe ou á páxina de descrición dunha imaxe consiste en solicitalo no Taboleiro dos administradores/Imaxes.

Fallos coñecidos[editar | editar a fonte]

Poden acontecer fenómenos estraños se se move unha páxina mentres outra persoa a ten ou se a súa páxina de conversa está a ser modificada. A versión actual do software ten en conta esta posibilidade, pero nunca se sabe. Comproba que todo está ben minutos despois de ter trocado o nome.

Cando se move unha páxina, ás veces fica atrás a páxina de conversa, mesmo cando se solicitou expresamente que se movese. Igual que antes: comproba que todo está ben minutos despois de ter trocado o nome.

Solicitudes de mudanzas de páxinas[editar | editar a fonte]

Se non sabes ou podes completar un movemento, pídello a un/unha administrador/a.


Frecha. Volver á páxina de axuda.