Axuda:Control de autoridades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O control de autoridades é unha forma de asociar un identificador único aos artigos na Wikipedia. Isto resulta útil para diferenciar artigos con títulos iguais ou moi semellantes, así como para establecer un título único para un mesmo artigo coñecido por máis dun nome. As ligazóns de datos do control de autoridades poden atoparse ao final dos artigos da Wikipedia, ligando cos rexistros correspondentes de diversos catálogos mundiais como VIAF, LCCN, ISNI, GND, SUDOC, BNF, MusicBrainz, NKC, BNE, Dialnet, IMDb etc.

O control de autoridades permite aos investigadores facer procuras de forma máis sinxela para un determinado tema ou artigo, sen necesidade de diferenciar temas homónimos de forma manual.

O modelo empregado para incluír o control de autoridades nos artigos é {{Control de autoridades}}. Os valores e códigos para cada identificador que aparecen neste marcador edítanse e/ou engádense na páxina do Wikidata correspondente ao propio artigo.

Dado un artigo calquera:


Elemento de Wikidata.png


pasamos a Wikidata, onde engadimos os datos, por exemplo o identificador LCCN:


Engadir identificador LCCN en Wikidata.jpg


Engadir identificador LCCN en Wikidata n83193740.jpg


ou a Dialnet author ID:


Engadir Dialnet author ID en Wikidata.jpg


Engadir Dialnet author ID en Wikidata 81052.jpg


Ao volver ao artigo da Wikipedia e limpar a caché (ou facer calquera edición) automaticamente aparece o Control de autoridades e os códigos:


Control de autoridades. José Manuel B. López Vázquez.png

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.