Bob Kane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Kane
Bob Kane, 1966
Nacemento24 de outubro de 1915
Lugar de nacementoNova York
Falecemento3 de novembro de 1998
Lugar de falecementoOs Ánxeles
SoterradoForest Lawn Memorial Park
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
Alma máterCooper Union, DeWitt Clinton High School e Grand Central School of Art
Ocupaciónartista de banda deseñada, autor de cómics, escritor, guionista e debuxante
Coñecido porGotham City, Batman and Me e Batman
Premiosstar on Hollywood Walk of Fame, Inkpot Award e Will Eisner Hall of Fame
Na rede
http://bobkane.com/
IMDB: nm0004170 Allocine: 72604 Allmovie: p406981
Discogs: 5792802 WikiTree: Kahn-694 Find a Grave: 11708 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Kahn, coñecido como Bob Kane, nado no Bronx (Nova York) o 24 de outubro de 1915 e finado o 3 de novembro de 1998, foi un debuxante e escritor estadounidense de banda deseñada, considerado o creador do superheroe Batman para DC Cómics. Anos máis tarde, Kane recoñeceu que Bill Finger, escritor do seu estudo, "contribuíu" na creación do personaxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 18 anos cambiou de maneira legal o seu apelido polo de Kane. No 1936 dibuxou e tintou o seu primeiro cómic profesional: Hiram Hick[1]. No 1938 vendía relatos humorísticos de recheo para DC Cómics.

No 1938 coñeceu a Bill Finger e axiña colaboraron en diversos proxectos, entre eles a creación de Batman. Dende a creación da personaxe, centrouse profesionalmente nel ata o ano 1968, cando se xubilou[1]. O éxito da serie televisiva de Batman no 1966, fixo que Kane acadase sona de novo. Así os seus debuxos foron expostos en galerías ó longo dos Estados Unidos e publicáronse edicións limitadas dalgunha das súas litografías. Posteriormente exerceu como asesor da película Batman no 1989 e tamén nas súas secuelas posteriores. O mesmo ano publicouse a súa autobiografía co título Batman and me[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Especial Detective Comics 27. 75 años de Batman. Publicado por ECC Ediciones. ISBN: 978-84-16070-73-2. Editado no 2014 (en castelán)