Cadena Dial
Cadena Dial | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Tipo | emisora de radio ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Grupo PRISA ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | música ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 3 de setembro de 1990 ![]() | ||
Localización | |||
País | España e Andorra ![]() | ||
Sede | Madrid ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | cadenadial.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Cadena Dial[1] é unha emisora de radio española propiedade do Grupo Prisa, que emite exclusivamente música pop en español e, en Cataluña, tamén en catalán. Comezou as súas emisións en 1988 e en Madrid utiliza o 91.7 FM, que antes da súa existencia tivo os nomes de Radio Callao e Radio Corazón.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a principios dos anos 90 sendo unha radio local en Madrid que mesturaba microespacios de beleza, psicoloxía, consellos, trucos de cociña e noticias con música sempre en castelán, era unha especie de revista sonora de beleza e moda. Dirixida por Lola Barranco, e con Ana Arce como Xefe de Programas, levaron este formato a outras emisoras de radio locais con locutoras como Yolanda López, María Quirós, Montserrat Domínguez e Esther García, entre outras. A idea sempre foi crear unha emisora que impulsase a música en español, pero neses anos as compañías non facían suficientes lanzamentos discográficos para ese perfil de oíntes no noso idioma polo que a Directora viaxa a México, Venezuela, Colombia e Miami buscando o apoio de medios e discográficas latinos. Finalmente, o periplo culmina cunha campaña publicitaria de lanzamento da nova cadea radiofónica liderada por Julio Iglesias (que ademais apadriña os seus Estudos centrais da Gran Vía) e apoiada por grandes figuras da canción entre os que destacan entre outros, Rocío Jurado e Raphael. No ano 1992 cambiou a ser soamente radiofórmula musical sen miniespacios informativos nin consellos.
Durante o verán de 1992 tivo dous millóns e medio de oíntes segundo o EGM e programas míticos como Pop Dial ou Sonora Dial, un de pop en español e o outro de salsa e son, ou o da noite, A solas contigo.
Lola Barranco é nomeada Directora de Planificación de Tele 5 e deixa o seu cargo de Directora de Cadena Dial. En 1993 chegou de Sevilla Francisco Herrera para dirixila e cambiou completamente os programas e os locutores, abríndose máis emisoras que pasarían a formar parte da cadea. Cambiaron a emisora a unha selección limitada de música en español.