Conversa usuaria:Maria zaos/arquivo3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvida á Galipedia, Maria zaos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Eliminación de artigos correxidos das listas[editar a fonte]

Ola!Temos unha dúbida respecto aos artigos que imos revisando e correxindo da lista de artigos que requiren atención. En concreto, os artigos Ama de casa e Rosario de Acuña. Podemos eliminalos das listas directamente ou como se fai? apertas --CoroRP (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 10:28 (UTC)[responder]

Ola, CoroRP traslado a vosa pregunta ao taboleiro de administración. Actualmente non estou activa nin como administradora nin como editora, sintoo.--Maria zaos (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 10:37 (UTC)[responder]
Para Rosario de Acuña o mellor é que contactedes coa persoa que colocou o marcador para aclarar o tema. Xa lle puxen a cuestión na súa páxina. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 10:47 (UTC)[responder]
Grazas!--CoroRP (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 11:20 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: January 2020[editar a fonte]





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Montero Ríos[editar a fonte]

Boas noites, Mariazaos. Intentei editar o elemento de wikidata de Eugenio Montero Ríos pero non din atopado os dous datos que ía comprobar: o nome da súa dona (Avelina Villegas) e o lugar onde está sepultado (igrexa de Santo André de Lourizán, en Pontevedra). A miña referencia é a foto da placa no seu sepulcro (File:Pontevedra, Lourizán 02-08b.jpg. A min sóame que vin esa información noutros persoeiros, así que supoño que non souben atopalo. Dígocho para que, como experta en Wikidata, engadas eses datos. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de febreiro de 2020 ás 00:02 (UTC)[responder]

Ola,Usuario:Lameiro desculpa o retraso. Contestara polo móbil e xa non é a primeira vez que me deixa tirada a edición móbil. Metín unhas referencias na WD, podes botarlle un ollo. Atopei unha referencia de prensa histórica para xustificar o primeiro enterramento e o traslado. Sobre a muller, non habendo Q en WD para ela (non sei se xustificado ou non polo criterio de relevancia, pero o certo é que non ten entrada de seu na Gali) non podo incluíla nunha declaración. O mesmo pasa coa igrexa de Lourizán. Por esta razón deixei o último soterramento na parroquia, aínda que o ideal é a igrexa. Pero para iso habería que crear un Q en Wikidata ou mellor, se hai abondo fontes para desenvolvelo, non sei canto de relevante é, unha entrada propia para o edificio na Galipedia. Por favor, bótalle un ollo ós cambios e indícame aquilo que non entendas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2020 ás 17:44 (UTC)[responder]

RE:Consulta dun familiar dunha entrada da Galipedia[editar a fonte]

Grazas María, xa me poñe en contacto con ela. Saúdos. Xas (conversa) 8 de marzo de 2020 ás 17:40 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: February 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Armenia report: Wiki project on Museums with My Armenia
  • Brazil report: Moreira Salles Institute GLAM initiative in Brazil
  • Finland report: The Helsinki then and now exhibition
  • France report: GLAM related blogposts
  • Indonesia report: Proposing collaboration with museums in Bali; First Wikisource training in the region
  • Netherlands report: Students write articles about Media artists, Public Domain Day 2020, Wiki Goes Caribbean, WikiFridays at Ihlia - Wikimedia Nederland in January & February 2020
  • Norway report: Wikipedia editing workshop with the Norwegian Network for Museums
  • Serbia report: Great dedication of librarians
  • Sweden report: Historic photos; Support for international Wikimedia community; Library training tour; Many GLAMs improved on Wikidata
  • UK report: Kimonos and Khalili
  • Ukraine report: Winning photos Wiki Loves Monuments shown in different cities; Libraries Lead an All-Ukrainian Challenge
  • USA report: Black History Month and Open Access Anniversaries
  • Structured Data on Wikimedia Commons report: Summary of pilot projects, and what's next
  • Wikidata report: Leap into Wikidata!
  • WMF GLAM report: New Team Leadership, GLAM-Focused Grants Review, OpenGLAM Declaration Research
  • Calendar: March's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Modelo traducido de[editar a fonte]

Grazas Maria, teño unha dúbida se primeiro traduces do inglés e logo traduces do galego a outra lingua, como o pos? Quero decir se fas relación a primeira fonte ou a segunda. Saúdos cordiais --Fis-mulleres (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 17:05 (UTC)[responder]

@Fis-mulleres:. Non sei se entendín ben a pregunta. Cada vez que reusas (e traducir un texto é reuso) un material dunha wikipedia na Galipedia debes engadir ese cadriño na páxina de conversa. Se usases contido de distintas wikis (inglesa, española) porías un cadriño por cada unha que usases. No que preguntas, se a tradución é túa poñamos, pero non se publicou na Galipedia, o feito de traducila ó castelán non cambiaría nada. Usarías un cadro que indicase que os contidos traducidos veñen da wikipedia inglesa (texto orixinal). Pero ollo, que na wikipedia en castelán non usan estes cadriños, indícano doutro xeito segundo o seu libro de estilo. Se xa a tiveses publicada na Galipedia e quixeses publicala noutra lingua partindo desta tradución, o cadriño indicaría que o reuso é dos contidos da Galipedia e non dos orixinais, tal como eu o vexo. Pero si xa está en galego, como dicía, non tería sentido o cadro na Galipedia, terías que mirar o libro de estilo da Wikipedia na que vas volcar esa tradución. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 17:14 (UTC)[responder]

Votacións a calidade[editar a fonte]

Ola Maria zaos! Vin que propuxeches o artigo de Simone Veil para artigo de calidade, grazas pola proposta. Só unha cousa, cando propoñas un artigo para calidade e metas o modelo na páxina de votacións procura poñelo entiba de todo da lista, de xeito que as votacións máis verlas queden por debaixo, deste xeito quen entre na páxina das votacións poderá ver que hai unha votación nova. Moitas grazas e un saúdo! Piquito (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 18:22 (UTC)[responder]

Si, @Piquito: xa vin, moitas grazas, lerao, pero entendino ao contrario. Aínda que así as que máis urxen quedan abaixo e vense menos, non? Como non fago isto moito... Mil grazas por arranxalo :). Saúdos!-Maria zaos (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 18:25 (UTC)[responder]
Bueno, visto así si, pero tampouco pasa nada, o artigo que leva máis tempo xa ten apoios suficientes, os dous que propuxen eu o outro día non, pero creo que o feito de que estea o novo enriba non vai alterar o resultado das votacións. De todos xeitos, todos os artigos están anunciados no Portal da comunidade igualmente, simplemente é para seguir a liña cronolóxica habitual. Un saúdo e grazas a ti. Piquito (conversa) 22 de marzo de 2020 ás 18:31 (UTC)[responder]

Control de autoridades[editar a fonte]

Ola María! Estiven intentando que na biografía de Chen Wei apareza control de autoridades co identificador de Wikidata pero non o consigo. Poderías explicarme que hai que facer. Gracias por adiantado!!!. Aproveito para preguntarte sobre os correctores, eu emprego ortogal coñeces algún outro}. Saúdos--Fis-mulleres (conversa) 24 de marzo de 2020 ás 15:13 (UTC)[responder]

@Fis-mulleres: Ola. Non ten nada no control de autoridades porque en Wikidata non ten ningún identificador externo. Podes buscar en catálogos de autoridades como VIAF, OCLC, ou dar co ORCID, ResearchGate etc. Máis tarde, se dou con algún identificador explícoche como se faría en Wikidata para poñer eses identificadores. Pero na Galipedia non tes que facer nada. Cando alguén os inclúa en WD aparecerán. Antes imposible.--Maria zaos (conversa) 24 de marzo de 2020 ás 15:26 (UTC)[responder]

Grazas!!!, a ver que pasa coa vacina. --Fis-mulleres (conversa) 25 de marzo de 2020 ás 09:19 (UTC)[responder]

Recomendación de María Zaos[editar a fonte]

Ola María: Recoméndasme acudir a "como editar unha páxina", podesme indicar o motivo por favor? Grazas

--Urco65 (conversa) 1 de abril de 2020 ás 10:27 (UTC)Urco65[responder]

Bo día: María, moitas grazas polas túas aclaracións e indicacións. Un saúdo --Urco65 (conversa) 3 de abril de 2020 ás 09:48 (UTC)Urco65[responder]

Aclaración[editar a fonte]

Ola de novo! María, revisando "Como editar unha páxina", penso que te refires a enlazar máis dunha vez o mesmo nome co rexistro xa existente na Galipedia. Grazas —o anterior comentario sen asinar foi feito por Urco65 (conversacontribucións) 1 de abril de 2020 ás 12:43

Ola de novo, @Urco65:.Por favor, non esquezas asinar as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Respostando ás túas dúbidas. Non, non me refiro so as ligazóns internas. Na introdución, o estilo que usas non é o correcto: podes ver un exemplo nun artigo de calidade coma este, para que vexas a orde nos datos de lugares e datas de nacemento e morte. Segundo, na Galipedia non existe a sección fontes, senón a sección Notas. Aquí irán as referencias nas que se ten que basear necesariamente o texto da entrada na Galipedia. Podes consultar aquí como facer estas referencias correctamente. A sección ligazóns externas tampouco é correcta. Iría primeiro a sección "Véxase tamén" e baixo ela a subsección "ligazóns externas", que deben ir indicadas coa lingua na que están as páxinas. Podes consultar a Guía de axuda, que está moi completa, tanto para o editor visual como para o editor de fonte aquí. Botar un ollo ós artigos de calidade que se asemellan ó teu tamén pode ser de axuda. Ver aquí. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2020 ás 11:50 (UTC)[responder]

Fusión de vesículas[editar a fonte]

Ola. Arranxei a ligazón morta poñendo a referencia completa. Grazas.--Miguelferig (conversa) 8 de abril de 2020 ás 17:59 (UTC) @Miguelferig:. Grazas a ti! .-Maria zaos (conversa) 8 de abril de 2020 ás 18:34 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: March 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Australia report: Know My Name; Public libraries of Queensland join Wikidata
  • Colombia report: Gender gap, Wikipedia and Libraries from the GLAM team
  • France report: WikiGoths; WikiTopia Archives
  • Indonesia report: Volunteers' meet-up; Wiki Cinta Budaya 2020 structured data edit-a-thon
  • Ireland report: Video tutorials; Celtic Knot Conference 2020
  • Kosovo report: WoALUG and NGO Germin call Albanian Diaspora to contribute to Wikipedia
  • Netherlands report: Nationaal Museum van Wereldculturen contributes to Wikimedia Commons again; Student research on GLAM-Wiki at Erasmus University Rotterdam
  • Serbia report: March Highlights - Everything is postponed
  • Sweden report: FindingGLAMs; Wikipedia in libraries; Art from the Thiel Gallery Collections; Kulturhistoria som gymnasiearbete
  • UK report: Colourful Kimonos from Khalili
  • USA report: Women & Editing in the time of virus
  • Special story: COVID-19
  • Wikidata report: Lockdown Levellings
  • WMF GLAM report: Mapping GLAM-Wiki collaborations
  • Calendar: April's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Grazas polo teus comentarios María, Non te preocupes as biografías nos as olvido xa que teñen unha conexión, a páxina mulleres en física ou a visibilidade das mulleres na ciencia, por exemplo as últimas biólogas co coronavirus. Sí, teño que facer un checklist para non olvidarme de revisar certas cousas. Seía de gran axuda se algúen o fixese. Axuda, podes axudarme con Ordenar? non me funciona por exemplo biografía Mara Dierssen ou Gabriela González.Grazas de novo!!!Fis-mulleres (conversa) 10 de abril de 2020 ás 10:58 (UTC)[responder]

@Fis-mulleres: A info sobre as chaves de ordenación. As dúas páxinas que indicas xa teñen a palabra máxica ORDENAR incorporada. Lembra que non levan acentos, diacríticos, apóstrofes etc. --Maria zaos (conversa) 10 de abril de 2020 ás 11:11 (UTC)[responder]

Mercedes Bengoechea[editar a fonte]

Ola María, creo que tes razón, non hai que poñer toda a bibliografía que hai en Dialnet. Fixen unha escolma, en capítulos puxen os presentados en Galicia e en artigos os últimos porque sempre hai referencias aos anteriores. Saúdos cordiais Fis-mulleres (conversa) 13 de abril de 2020 ás 07:38 (UTC)[responder]

@Fis-mulleres: Deixeino na conversa porque non hai unha política clara para estas cousas e pode haber opinións diferentes entre a xente que edita aquó. Pasa moitas veces, non é cousa concreta deste artigo, senón que adoita aparecer en máis biografías de todo tipo. Como dixen, eu son da opinión de que en texto plano (sen os modelos de citas, que cando menos te levan os artigos publicados se están en acceso aberto) ter unha lista destas dimensións non achega moito. Con todo, non é incorrecto, xa que se ben se recomenda o uso dos modelos de citas {{Cita libro}} etc. non hai obrigatoriedade de facelo, sempre que se identifique ben a publicación/traballo do que estamos a falar. E nese sentido están correctos. ver aquí a política.
Quero aproveitar para felicitarte polo tremendo traballo que estás a facer. Nas últimas semanas, a Galipedia posicionouse aquí moito máis alto do habitual, creo que polo reto 50 un pouco, pero tamén polo traballo das biografías que fixeches. Comencei a revisar polas primeiras que fixeras e vexo que estás aprendendo moi rápido e moi ben (e de modo autodidacta, porque o certo é que eu non puiden dedicarlle o tempo que quería para revisar e explicar cousas). O que estou topando e non ten que ver coas túas edicións, senón co artigo de onde se traduce é que bastantes veces as referencias teñen url rotas (na wikipedia en castelán penso que non adoitan pasar o bot InternetArchiveBot tan seguido); ou con datos insuficientes para que sexa sinxelo atopalas/comprobar veracidade ou - ás menos das veces- o contido da fonte non serve para apoiar o que se di no texto. Isto é algo que pode pasar en xeral en todas as wikis. Así que irei centrándome nesas cousiñas, que vexo que o resto (Ordenar, lig. internas, categorías, formato) xa o tes dominado. Chulísima está quedando a páxina de Mulleres en Física e esta outra! .
Estou mirando a ver se podo facer un titorial para usar Zotero para facilitar o tema de incorporar referencias nas wikipedias. Zotero é un xestor de referencias e polo que vin permitiría importar as bibliografías que se teñan en Mendeley a Zotero de de aí formatalas segundo os modelos da Wikipedia. Por outra banda tamén dei con este libro[1] dsipoñible aquí (que igual xa o coñeces, porque fixo que o tirei das biografías que fixeches) que penso que pode ser moi útil.
Máis nada, parabéns e moitas grazas por todo ese traballo (ves sendo das usuarias máis activas dos últimos días). Para consultas rápidas se non queres escribir na páxina de conversa, que é algo traballoso, no menú da miña páxiña de usuario (menú lateral) podes premer en "enviar un correo electrónico á usuaria" e contéstoche polo correo. É importante envialo desde esta opción que che digo porque así xa me salta o aviso na wikipedia e probablemente o mire antes.

Saúdos!

Referencias

  1. Oakes, Elizabeth H (2002). International encyclopedia of women scientists (en English). New York: Facts on File. OCLC 1035702742. 

Maria zaos (conversa) 13 de abril de 2020 ás 09:28 (UTC)[responder]

Linguas maias[editar a fonte]

Boas María, grazas pola túa mensaxe. Pois en referencia ó que me preguntas o certo é que foi unha tradución inicial que fixen en 2017 da versión en inglés e non reparei moito na palabra. Vendo no presente o artigo en inglés vexo que modificaron o termo por "escrita maia logosilábica" e non aparece en ningún lugar máis do seu artigo. Segundo o significado de hieroloxía, que sería algo así como palabra santa, estaría xustificado o seu uso porque os maias usaban a escrita xeroglífica nas súas prácticas relixiosas, pero non era unha escrita de uso exlusivamente relixioso. En todo caso sempre podemos cambialo por logosilábico para evitar confusións.--Breogan2008 (conversa) 14 de abril de 2020 ás 08:47 (UTC)[responder]

Tomografía computadorizada[editar a fonte]

Boas, si fun facendo os cambios ós poucos. Se che parece ben fago eu o movemento de nome. Grazas e saúdos.--Breogan2008 (conversa) 15 de abril de 2020 ás 13:25 (UTC)[responder]

Paréceme ben. Non houbo achegas para o outro termo e na propia entrada xa se indicaba un maior uso, así que vexo acaído o cambio. Moitísimas grazas por todo o traballo!@Breogan2008:.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 17:27 (UTC)[responder]

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:37 (UTC)[responder]

Alfonso Vilar Lamelas[editar a fonte]

Boas noites, María Zaos. No artigo sobre Alfonso Vilar Lamelas hai un problema causado por Wikidata: a imaxe da sinatura está repetida e habería que cambiar a primeira (non a segunda, que sería a propia sinatura). Non me atrevo a meter man. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de abril de 2020 ás 22:11 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2020 ás 22:47 (UTC)[responder]
Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de abril de 2020 ás 23:00 (UTC)[responder]
Grazas, @HombreDHojalata:.--Maria zaos (conversa) 24 de abril de 2020 ás 22:20 (UTC)[responder]

María, vostede podería axudarme coas referencias no artículo Talismán? Eu traducín do portugués, son brasileiro. Gústame a lingua galega, a lingua da miña avoa. Eduardo Pazos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:25 (UTC)[responder]

Non precisa, xa foi axustado. Grazas. Eduardo Pazos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:26 (UTC)[responder]

Boas,@Eduardo Pazos:, non puiden contestarte por conflito de edición. Se é pola ortografía, podes engadir este marcador na edición de código fonte {{Ortografía}} ou engadir o Modelo:Ortografía co editor visual (inserir modelo e buscar Ortografía na caixa da busca) e alguén revisará o tema de lingua máis tarde. O primeiro de todo é que se estás a traballar nel coloques o marcador en uso Modelo:En uso para que non teñas conflitos de edición con outras persoas mentres estás a traballar. En canto a como citar as fontes, podes atopar unha guía aquí e aquí. Saúdos!.--Maria zaos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:33 (UTC)[responder]
Resúltame difícil. Grazas polas axudas coas referencias. Eduardo Pazos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 14:37 (UTC)[responder]

María, axúdame a mellorar os artigos Talismán e Selo (maxia). Eduardo Pazos (conversa) 28 de abril de 2020 ás 00:57 (UTC)[responder]

Sofía Casanova[editar a fonte]

Ola María.

Quería felicitarte polo traballo feito en "Sofía Casanova" e, de paso, facerche unha petición: Poderías ampliar un chisco a introdución, de xeito que fose un resumo do que despois desenvolven o resto das seccións?

Graciñas, parabéns, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 30 de abril de 2020 ás 15:30 (UTC)[responder]

Ui, grazas, pero quedou un pouco desproporcionado, deberíase lle dar outra volta. Había présa porque houbo un momento no que se prevían moitas visitas. O tema é que non teño acceso ás fontes, que eran en papel, pero si, o da introdución podería miralo en cando teña un momento. Grazas! @HombreDHojalata:
@HombreDHojalata: Feito! Feito!.--Maria zaos (conversa) 22 de maio de 2020 ás 20:22 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: April 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Brazil report: GLAMce at Museu Paulista: making things machine-readable
  • Czech Republic report: WikiGap 2020 in Czech Republic; International event; support for Wikimedia community; edit-a-thon run with the US embassy and the Swedish Embassy
  • France report: Association des Archivistes Francais; Palladia, a museum collection portal based on Wikimedia resources
  • Indonesia report: Wikisource Competition 2020
  • Ireland report: Hunt Museum image donation; Livesteaming and video demonstrations
  • Italy report: Archivio Ricordi, webinars and videos
  • Kosovo report: One Village, One Article for each village in Albania and Kosovo
  • Netherlands report: Photo collections Afrika-Studiecentrum Leiden; meetup and media donations for Wiki goes Caribbean; first online WikiFriday
  • Sweden report: Skrivstuga (edit-a-thon) online – Wikipedia in libraries
  • Switzerland report: More women on Wikipedia
  • UK report: Japanese silk and Spanish iron
  • USA report: Earth Day
  • Wikidata report: Seven Million People Can't Be Wrong
  • Calendar: May's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Categoría:Activistas de Bolivia[editar a fonte]

Ola! Pois o certo é que non fun quen de meter a ligazón en wikidata. Dáme erro. É por iso que lle puxen o marcador de "sen interwikis". A ti sáeche que está a categoría ligada? Apertas. --Chairego apc (conversa) 23 de maio de 2020 ás 21:38 (UTC)[responder]

Amañado. Duplicara a categoría porque non a atopaba en WD. Xa as fusionei e quitei o marcador.Graciñas Chairego apc.--Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2020 ás 21:42 (UTC)[responder]

Ánxela Loureiro[editar a fonte]

Ola Maria Zaos! Estou co artigo de Ánxela Loureiro na wiki española, e non consigo atopar o arquivo da imaxe Anxela_Loureiro.jpg podes botarlle un ollo? En commons non está... máis na ficha da galipedia podes comprobar que sí. Espero que esteas ben. Grazas!

@Moniquiña: Ola, graciñas, estou ben. Pensei en meter a imaxe en WD para facilitar o tema, pero o certo é que non semella estar en Commons, só na Galipedia, de aí o teu problema. Agora non podo facelo, míro de subila a Commons mañá. Unha aperta.Maria zaos (conversa) 26 de maio de 2020 ás 21:12 (UTC)[responder]

Graciñas! agora vexo que non puxen a firma...miña nai, levo tempo sen vir por aquí! Pensaba que todas as fotos das wikis estaban en Commons --Moniquiña (conversa) 28 de maio de 2020 ás 15:35 (UTC)[responder]

Páxina de usuario[editar a fonte]

Non sabía qu non se podía pór cados de persoa nas páxinas de usuario, nese caso, borrareino. Grazas polo aviso. Usuario Sin Identidad (conversa) 31 de maio de 2020 ás 17:00 (UTC)[responder]

Organización! [editar a fonte]

Tes razón :), temos que poñer as conversas nun só sitio para que non nos perdamos, así que, se che parece ben, quedamos aquí mesmo. A ver, vou facer un resumo de como estou vendo eu a cousa e logo ti me corrixes no que vexas.

  • Por unha banda temos o Modelo:Concello, aquí temos a poboación que se colle de WD de forma automática, e o que fixen co Modelo:Padrón INE foi engadir a referencia dese dato. A última modificación que fixen, da que che avisei hoxe, foi cambiar a ligazón que tiña antes e poñer a mesma que ten o dato en WD, segundo o que comentaramos na miña páxina de conversa. A maiores, no modelo:Concello cambiei a referencia da poboación, que antes usaba o modelo:Padrón IGE, polo modelo:Padrón INE, desta forma agora o modelo:Padrón IGE só referencia a superficie da ficha. No modelo:Concello temos un posible problema, se o código de concello do INE que está gardado en WD non coincide co código de concello do IGE, entón a referencia do IGE non vai funcionar para ese artigo.
Isto si pode selo, porque os códigos IGE que vin son diferentes, o que non quita que poidan, por practicidade estar a usar os códigos INE na páxina, non sei.--Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 20:57 (UTC)[responder]
  • Na outra banda temos o Modelo:Parroquia, polo momento non fai nada con WD, está en probas en Modelo:Parroquia/probas/probas, que si obtén a poboación de WD, e polo momento non ten ningunha referencia, e teño que facer que meta o artigo na categoría de poboación correcta.

Por onde tiramos? Eu dicía de amañar os dous detalles do modelo:Concello para deixalo rematado: revisar a nova ligazón que metín do modelo:INE (cousa túa ;) e revisar se o código dos concellos vale ou non vale. Eu vou ir revisando un pouco a man se as URL dos concellos funcionan e atopo algo nos que fallen.

Logo podemos poñernos de novo co tema das parroquias e sen enlearnos tanto Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 22:59 (UTC)

Ben, miro eu iso con calma. Pola miña parte eu comunico que ese conxunto de datos inclúe todos os topónimos oficiais (correctos e iguais ao Nomenclátor de Galicia moooi importante) de canta unidade poboacional hai e ademais de poboación....tachán, tachán!!! coordenadas e altitude para parroquias e no caso dos concellos superficie, perímetro e o código INE e o nome da capital de concello. Marabilla! Problema coas coordenadas: WD so admite WGS84 e no ficheiro están en ETRS89...non estou tendo éxito cos conversores, pero o código semella simpliño, podes mirar como convertir as que nos quedarían (2858 parroquias xa a teñen posta en WD)? podo pasarche o arquivo filtrado polo que falta.--Maria zaos (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 23:27 (UTC)[responder]
Puxen o formato de referencia para o PAdrón na conversa do modelo INE Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 23:52 (UTC)[responder]
Vale, cando teña un momento cambiarei o formato da referencia do INE e logo mirarei como se pode facer a conversión das coordenadas. Dame un par de exemplos para facer probas, tentarei atopar a fórmula de conversión pero non sei como imos facer para aplicala ós datos. Que tes un ficheiro CSV, un Excel ou que? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 08:22 (UTC)[responder]
Un CSV e un Excell e un proxecto en Open Refine. Sobre referencia INE...non acabo de entender o de escoller nesas tres urls que en teoría figuran na ficha de WD. Os datos, aí mesmo, pon que son os publicados nese BOE, e alí xa se poden consultar (Si, en pdf, pero a ver, para comprobar e verificar ben vale) e é unha URL permanente, que quedará aí para sempre e en teoría nunca dará problemas. Por iso puxen esa. As fontes de descarga que aparecen en WD son para quen queira facer uso de ferramentas para o tratamento dos ficheiros de datos, pero esa é outra cuestión. Se na Galipedia o dato de poboación se toma do Padrón, a referencia legal e para verificar a corrección dos datos é a do BOE. Andando o tempo igual podemos ter algo como nas biografías de "consulte máis datos en WD", pero polo momento, a do BOE é a referencia oficial, o documento onde se declar esa oficialidade dos datos e o resto de cousas son, digamos, produtos derivados. Non sei se agora se me entendeu. Agora ben, entendo que en ausencia, pola razón que sexa, do dato en WD, o modelo o ten que tomar dalgures, e de aí vén a túa pregunta sobre as tres URLs, non é? Pois non sei, igual engadindo logo da referencia do BOE algo como "Datos consultables en" + a url que lle vas pasar ao modelo para tomar os datos que non estean en WD. Saúdos, Elisardojm. Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 10:13 (UTC)[responder]
Vale, si, perdoa, xa entendín. Lera por riba o BOE, as táboas son resumidas...ben, pois opción 1) o estilo de referencia que vexas, de momento, coa url que escollas e que poñan algo así como Padrón municipal referidas al 1 de enero de 2019, pero habería que mirar ben que poña a data de actualización dos datos e que estes son a 1 de xaneiro de 2019. Non comezamos xa con algo así? 2) dúas referencias, a do BOE e máis a do punto 1. Perdoa o lío para adiante para atrás, Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 21:03 (UTC)[responder]
Moi ben, pois vou tentar buscar unha ligazón que cadre co que comentas, e non te preocupes, se pouco a pouco conseguimos ir avanzando todo vai ben :)
Outro tema, acabo de revisar a man a referencia do modelo:Padrón IGE, o modelo que colle de WD o código de concello para xerar a URL á páxina de estatísticas e que polo momento se usa para referenciar a superficie, en todos os concellos da provincia da Coruña e os de Pontevedra e funcionou correctamente, só tiven un problema cun concello pero creo que foi un problema puntual do servidor do IGE porque ó premer por segunda vez na mesma ligazón xa me amosou correctamente a páxina. Sabes en que provincia estaba o concello que non coincidía o código de concello de WD co que teñen no IGE? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 23:05 (UTC)[responder]
Nin idea, hai varias discrepancias entre o IGE e o Nomenclátor de Galicia. En Galipedia consideramos parroquias o que o IGE non considera entidade colectiva, que é o que se pode asimilar a parroquia civil, por exemplo. Nin idea, mireino agora, comparando a cadea de texto dun Excell xa canta, mañá miro.Elisardojm--Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2020 ás 23:39 (UTC)[responder]
Xa cambiei a ligazón de Modelo:Padrón INE, puxen a segunda ligazón que aparece no elemento de WD, https://www.wikidata.org/wiki/Q81187217. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2020 ás 14:13 (UTC)[responder]

Mira, atopei esta web que permite converter coordenadas e parece que permite procesar un ficheiro de texto coas coordenadas. Páseme un par de puntos e as parroquias, e tento facer unhas probas a ver se vale. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2020 ás 21:44 (UTC)[responder] ────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Non vale porque non acepta as ETRS89 que son as que ten a fonte do IGN, e WD só colle en formato WGS84. En teoría hai unha desviación pequena, de metros coas WGS84. Pero fixenme eu unha función de transformación de decimais a graos e o resultado non me dá un formato que acepte WD. ademais deberiamos ter unha fonte para as coordenadas, as que levei a WD non se sabe de onde se sacaron.--Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2020 ás 23:39 (UTC)[responder]

Non entendo moi ben o da fonte, a fonte non sería o IGN? En WD habería que poñerlle de fonte a URL do ficheiro do IGE ou o da páxina onde se poida descargar... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 09:57 (UTC)[responder]

Outra cousa, revisei todos os artigos de concellos e a referencia do IGE funciona correctamente (onte e hoxe revisei os de Lugo e Ourense, os de Coruña e Pontevedra xa os revisara outros días), ergo, o código de concello que hai en WD está ben, polo menos para os concellos de Galicia. Agora o que vou facer é revisar que temos ben os artigos de todas as parroquias da provincia de Coruña segundo o Nomenclátor, se dou rematado xa che conto o que atope ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2020 ás 10:38 (UTC)[responder]

Boas, revisei as parroquias da provincia da Coruña, metinas en Categoría:Parroquias da provincia da Coruña, revisei a Lista de concellos da Coruña e compareinas co Nomenclátor, revisando que coincidiran o número de parroquias de cada concello nos tres sitios. Segundo a lista hai 936 parroquias, pero só temos 933 artigos porque non hai artigos para Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Ferrol, Ferrol e A Coruña, A Coruña. Este número, 933, coincide co número de artigos que hai na categoría, e sumando esas tres redireccións dan as mesmas 936 parroquias da lista. Tamén revisei o número de parroquias no Petscan e da 933. Finalmente revisei a túa lista Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia da Coruña segundo Wikidata e despois de arranxar un par delas xa saen tamén as 933. En resumo, o número de parroquias por concello agora coinciden, tanto aquí coma en WD, non podo asegurar que estean todas ben porque non revisei as de todos os concellos, só revisei os concellos nos que non coincidía o número, pero ten boa pinta... Se se che ocorre algunha outra comprobación que se poida facer avisa. Agora poreime con outra provincia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 21:26 (UTC)[responder]

Xenial! Moitas grazas. Estou parando un pouco, porque entrei a mirar o tema do marco legal que aplica na UE para bases de datos (que non conxuntos de datos) e non estou moi certa que estea ben cargalos por lotes...pero o certo é que a reconciliación a estami a facer nós...metin codigos INE e poboación nas de Ourense que non daban conflito á hora de reconcilialas, algunhas, como en Pontevedra haberá que facelas a man. Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 21:44 (UTC)[responder]

Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 21:44 (UTC)[responder]

Ola, as parroquias de Lugo creo que xa están arranxadas. En Lista de concellos de Lugo temos 1269, na categoría temos 1268 (pero falta Lugo, Lugo), en Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia de Lugo segundo Wikidata temos 1267 pero non inclúe Rábade (só ten unha parroquia que supoño que coincide co concello polo que non hai artigo) nin Lugo, Lugo co que serían 1269, e en Petscan temos 1268 pero non ten Lugo, Lugo co que serían 1269. Revisarei a seguinte provincia para cambiar de aires. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2020 ás 12:24 (UTC)[responder]
Ola, revisei as parroquias de Pontevedra e parece que están todas. En Lista de concellos de Pontevedra temos 670, na categoría temos 670 (falta Bueu, Bueu, Pontevedra, Pontevedra, pero hai que ter coidado porque hai categorías que indican mal o número de artigos que teñen, Pontecaldelas e O Rosal), en Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia de Pontevedra segundo Wikidata temos 667 pero faltan Pontecesures, Bueu, Bueu, e Pontevedra, Pontevedra, e así xa son 670, e en Petscan temos 665 pero faltan 4 subcategorías de Vigo e outra de Gondomar co que tamén son 670. Só falta revisar Ourense. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 16:02 (UTC)[responder]
Vale, creo que as parroquias de Ourense tamén están, segundo a listaxe son 920, na categoría hai 919 xa que falta Ourense, Ourense. Pasa o mesmo en Petscan e na lista de Wikidata. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2020 ás 23:08 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Menudo traballazo, milleiros de grazas, @Elisardojm: . Lamentablemente ata a segunda quincena de xullo non me podo poñer con isto porque subir os cambios por lotes esixeme dalgunhas sentadas dun tempo do que non dispoño ata entón, e estou tentando aprender o programa que usan no OSM para reconciliar esa liberación de datos coas parroquias de WD, pero manteño o espíritu do traballo do que falamos. Sinto non poder estar máis activa, teño o tempo contadiño. Saúdos!.--Maria zaos (conversa) 1 de xullo de 2020 ás 20:55 (UTC)[responder]

Non te preocupes, non hai présa. Para que non te perdas nada, engadín estes días a provincia a todas as parroquias grazas ó bot, claro que en teoría (ó mellor ó bot pasóuselle algunha pero creo que non porque fixen unhas categorías ocultas de categoría:parroquias sen provincia e Categoría:parroquias sen entidades e non sae ningunha de Galicia), e con iso engadín na ficha unha referencia ó número de entidades ligando ó DOG do Nomenclátor de cada provincia. Agora o que estou engadindo é unha referencia ó nome de cada parroquia na cabeceira do artigo, r)eutilizando a que se atopa na ficha, comecei o outro día pero agora ó mellor déixoo un pouco porque vou meterme noutra historia un tempiño, aínda non sei, pode que me leve todo este mes, así que...
Vaia, ó deixarche esta mensaxe acabo de atopar que hai moitas parroquias de Lugo que non teñen a provincia, terei que revisalas de novo. É curioso, o outro día non había ningunha páxina nesa categoría, parece que os artigos tardan en aparecer na categoría, debe ser que o software non os actualiza no momento ó ser a través do modelo. Terei que poñer a traballar de novo ó bot. :)
Tamén atopei o problema dos artigos que usan o modelo pero non son parroquias civís, terei que revisar que facer con elas porque nese caso non teñen que aparecer esas referencias.
Ah, que teño que dicirche que isto non o podería ter feito sen as túas listas de parroquias por provincia de WD, grazas a elas puiden facer as listas para o JSWB, moitas grazas :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2020 ás 22:28 (UTC)[responder]

Cousas raras: parámetro densidade poboacional nas caixas de parroquia[editar a fonte]

Vino en varios sitios, por exemplo aquí. Dá erro, supoño que pola coma. A miña pregunta é de onde vén ese cálculo?porque non aparece no listado de parámetros do modelo, Elisardojm. Cando poidas. Graciñas.Maria zaos (conversa) 19 de xullo de 2020 ás 18:21 (UTC)[responder]

Non da erro pola coma, da erro por poñer a ref no dato de poboación, aí só pode ir o número. A densidade calcúlase no modelo:Parroquia. A solución está en usar modelo:Parroquia/probas que ten un parámetro novo ref_poboación (que non está totalmente probado), pero iso prefiro non engadilo polo momento ata que estea claro que e como se vai a poñer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2020 ás 15:35 (UTC)[responder]
a raíz da consulta na Taberna probei retirando as referencias dos dous parámetros necesarios para calcular a densidade no modelo concello. Non é iso. É a conversión de decimais. O parámetro poboación e área deberían calcularse usando "." como separador decimal e logo converterse ao de ",". Actualmente aparecen co separador decimal latino "," polo que dá erro. Estiven buscando os módulos de conversión de formatos, pero non din ben co que cómpre, poderías miralo,@Elisardojm:? Graciñas!--Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2020 ás 11:15 (UTC)[responder]
Si, téñoo anotado para cando teña un momento libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2020 ás 13:00 (UTC)[responder]

Seguimento datos en WD[editar a fonte]

Elisardojm:

Ourense (NdG 915)
parroquias con poboación:826; con foto: 365; con código INE:806; con coordenadas:666
Lugo (NGMEP 1264)
parroquias con poboación:1228; con foto:128; con código INE: 1218;con coordenadas:911
A Coruña (NGMEP 932)
parroquias con poboación: 874; con foto:202; con código INE:874; con coordenadas:930
Pontevedra (666 en NdG e NGMEP)
parroquias con poboación 636; con imaxes:250; con código INE:630 coordenadas:411

Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2020 ás 22:50 (UTC)[responder]

Outra cousa: os códigos que usa o Nomenclátor de Galicia son os mesmos do código INE retirando os catro últimos ceros no caso das parroquias. De momento vou parar con isto e vou crear os lugares necesarios para enlazar as capitais de concellos en WD de cara a ter lista a lista de concellos para o modelo, pero é algo traballoso. Logo retomo a revisión de parroquias comparando fontes como fixen aquí.

Saúdos.--Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2020 ás 23:05 (UTC)[responder]

Ola, acabo de ver esta mensaxe e o que non me cadra é que se na Coruña hai 874 parroquias con poboación, como é que hai 930 con coordenadas? E outra cousa que non vexo, que é o NdG e o NGMEP? Esas cifras son o número de parroquias segundo esas referencias e logo están as parroquias que hai en Wikidata? ou como é o conto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 09:47

(UTC)

Boas, contesto por partes
Coordenadas

Non engadín, dende as fontes que estiven usando estes meses ningunha en WD, porque o formato é ETRS89 e o que admite WD WDS84. As que houber son porque a xente as meteu directamente en WD ou derivados unha importanción que fixera hai tempo dende os datos da propia Wikipedia. No caso desta última o ideal é constrastala/substituíla por unha fonte (é dicir, como se tiraron as coordenadas? facendo uso do google maps? de OSM? etc.) e de entre todas a do IGN, pola oficialidade semella a máis adecuada. A diferenza entre ambos sistemas son uns metros, pero segundo o que sexa pode ser importante.

Poboación

por que só 874 con poboación? porque como dixen máis arriba non puiden completar a reconciliación de todas porque coas homónimas na mesma provincia podería ligar os datos xusto a que non é e a poboación metina co código INE, se queda mal posto o lío para o futuro é estupendísimo... por iso faltan. É millor facelas a man.O resto cargouse en bloque logo de emparellar os datos.

Fontes

Na conversa de Modelo Vigo xa expliquei isto un pouco polo miúdo. Na Galipedia considérase que unha entrada dunha parroquia e dun lugar ten sempre un valor para poboación. Non vou entrar en debates filosóficos sobre o que é unha parroquia galega, pero dende logo ten que dar cabida, cando menos en Wikipedia, a todo un conglomerado de percorrer histórico-cultural... centrándonos no que estamos: de onde sae o parámetro poboación? do INE, do padrón continuo de cada ano, xa que é quen o publica. Onde aparecen eses datos?: pois no IGE, que xa indica que non os crea, senón que os toma de aí, e no NGMEP, co que pasa o mesmo, tómaos do Padrón Continuo. Cal é o problema? Pois que o INE no padrón, usa os códigos INE e ao que nos chamariamos parroquia civil aparece como "entidade colectiva". Ata aquí todo máis menos ben. A cousa se complica cando che digo que unha "entidade colectiva" é unha entidade meramente estatística ( a cousa complícase nos niveis inferiores, pero xa falaremos outro día) que serve para organizar os datos de poboación recompilados nos núcleos poboacionais dos concellos. Polo que lin nalgures, se ben recoñecen a singularidade da subdivisión administrativa da parroquia civil galega, que a distingue doutras áreas de España, o proceso de "establecela" nos produtos do IGN non se chegou a plasmar nunca (outro día busco ben este dato). Chegados a este punto explico pois que é cada cousa:

  • NDG:

Nomenclátor de Galicia. Finalmente decidinme a modelalo en WD como unha "corpus toponímico oficial" formado tanto por cada un dos decretos pasado e futuros como polo conxunto de datos que estaba a usar, descargable na páxina. Polo momento creo que só está o decreto da provincia da Coruña e pouco máis, porque tamén tiven que crear as leis nas que se basean estes (Lei de normalización lingüística, Estatuto etc.), pero a idea é esa: un concepto global -o NdG- que se instancia en grupos de información/fontes de referencia concretas. Isto será importante para solucionar as discrepancias entre decretos antigos, erros nos conxuntos de datos etc. co percorrer do tempo. A política da Galipedia lévanos exactmente á páxina onde figuran os decretos, así que se me preguntas, estes son en principio a fonte xerárquicamente máis válida na Galipedia. Sobre as diferenzas entre os decretos e o conxunto de datos, non che sei dicir aínda, só que os hai e non son poucos; o que é importante é lembrar as datas de publicación deses decretos (algúns dos anos noventa) e mesmo do conxunto de datos (2013) e non perder de vista que estamos xa no 2020 camiño do 2021.

  • Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población.

Esta fonte de datos, oficial e a nivel nacional, creada polo IGN recolle altitude, poboación, coordenadas, códigos INE e superficie. Para a poboación retoma as unidades estatísticas do INE, puidendo estas axustarse millor ou pior ó que entendemos nós por parroquia (Ver o dito máis arriba ). Agora ben, en teoría esta fonte xa recolle os datos dos nomenclátores autonómicos e os harmoniza. E a súa actualización é moito máis recente que a do NdG publicado ou ó que temos nós acceso. Quere isto dicir que é unha suposición razonable que cando se publique o NdG actualizado reproduzca estes datos que xa están recollidos aquí. Novamente, a diferenza entre unidade estatística (entidade colectiva) e parroquia como se entende en Galipedia ( parroquia civil coa poboación tirada do INE) fai que, especialmente para os lugares urbanos que medraron (abondo dende finais dos 90 ata ao día de hoxe, imaxina) haxa interesantes discrepancias: de aí as discusións, moi razoables, sobre os Tilos (entidade estatística que responde ó nacemento dun núcleo poboacional que non aparece no NdG), parroquias de Vigo etc. Non é a miña intención modificar a Galipedia neste sentido, porque as entradas son e serán moi ricas dende un punto de vista do seu contenido histórico, lingüístico etc. e polo momento toda esa información é moi difiícil de modelar en WD. Pero coido que, ademais de que no futuro facilitará as tarefas de actualizacións das caixiñas de datos, a visibilidade dese traballo xeográfico da Galipedia vai vir da súa ligazón correcta con Wikidata. É dicir, cando outro sitio web queira crear novas cousas, tomar datos ou facer visibles as entradas da Galipedia o sistema máis áxil e sinxelo vai ser a través do Q de WD, non da url da Galipedia, non sei se entende. Ao mesmo tempo, WD é unha fonte secundaria que precisa de fontes (bueno, as caixiñas das entradas tamén, por iso estamos aquí) eé tamén un repositorio usado por es.wiki e outras wikis. Quere isto dicir que, nós como comunidade, podemos decidir os contidos das entradas das parroquias que queiramos, mais en WD han ter unha fonte sólida e preferentemente actualizada. É por iso que o NGMEP semelloume a mellor; en realidade -se non me engano- xerarquicamente, neste proceso de harmonización , as referencias serían o Nomenclátor Geográfico de España ou o Nomenclátor Básico de España e os datos INSPIRE de cada cousa... pero o proceso de harmonización de datos xeográficos do IGN segue a ser un proceso en marcha que cando menos, polo que vin, si conta cunha progresión, actualización e posta a disposición dos datos que, corríxanme se me equivoco, por favor, no caso do NdG non vexo. Polo que vin no proxecto Galicia Nomeada, seguimos arrastrando vellos problemas que siguen aparecendo en 2020 como validados(!). Todo isto xa o expliquei na conversa de Modelo Vigo. Como temos unha política de Toponimia na Galipedia, onde non é posible "actualizar/corrixir" datos non o fago, pero recollo os datos da fonte NGMEP en WD e as discrepancias cando as hai co NdG tamén alí, xa que auguro que no futuro a nova actualización do NdG concordará con esta fonte.

Resumo

temos a(s) categorías de Galipedia por un lado; os elementos de Wikidata por outro. Un número de parroquias no NdG e outro distinto polo NGMEP (parroquias urbanas e ensanches dos últimos 30 anos). Exemplo: un barrio, que aparece como tal no Padrón do INE e no NGMEP non podería ser declarado barrio e no canto de parroquia en Galipedia cinxíndonos á política vixente de Toponimia agás acordo puntual e concreto da comunidade, ao debernos a fontes que teñen fallos ou non están actualizadas. A entrada na Galipedia pode poñer X, pero eu se teño fontes de peso e actuais en WD para dicir que é un barrio, pois vou recollelo en WD, de cara ao futuro. Isto non cambia nada na Galipedia nin tampouco de momento nas caixiñas, xa que é cuestión arranxar rangos preferentes en WD para que só saia un valor, ou facer excepcións puntuais para determinadas entidades "conflitivas" de xeito que neses casos os datos sexan locais, non dende WD, se é que no se chega a outro acordo. Como nota a maiores, creo que xa o recollín na conversa de Vigo, na harmonización estatal, a cartografía (MTN25 por exemplo) pasa a ocupar un lugar moito máis baixo na xerarquía de fontes, froito desta revisión. @Elisardojm: Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 17:47 (UTC)[responder]

Replacer[editar a fonte]

Boas María, claro que poido facer os cambios co bot. Acabo de ver a conversa na Taberna. Agora faigo unhas probas e comento como foi. Grazas e saúdos.--Breogan2008 (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 11:27 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: May 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Armenia report: Edit-a-thon dedicated to International Museum Day
  • Colombia report: A #1Lib1Ref to close the gender gap
  • Côte d'Ivoire report: #1Lib1Ref 2020 from 26 to 28 May in Côte d'Ivoire
  • France report: WikiArchives; IMD 2020: Cross-Chapter Collaboration
  • Indonesia report: Wikisource Competition 2020 recap; International Museum Day 2020
  • Italy report: New collaborations and contents!
  • Netherlands report: Analysis of Dutch GLAM-Wiki projects in relation to the Dutch Digital Heritage Reference Architecture, Content donation from Utrecht Archives, Detecting Wikipedia articles strongly based on single library collections and Collection highlights of the KB
  • Sweden report: Free music on Wikipedia; NHB webinars; Wikipedia in libraries – Projekt HBTQI
  • Switzerland report: International Museum Day 2020
  • UK report: Japanese art
  • USA report: Workshops & COVID-19 Symposium
  • Special story: Content partnership category - your help is needed
  • WMF GLAM report: GLAM metadata standards and Wikimedia projects
  • Calendar: June's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Reversión inxustificada en Modelo:Lugar[editar a fonte]

Boas, Maria Zaos, a miña edición en Modelo:Lugar foi correcta, funcionou correctamente e non é unha proba nin nada polo estilo (poderías comprobalo se non a revertiras), polo que solicito que se deixe. USI2020 (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 13:17 (UTC)[responder]

Ola USI2020.Estou niso. Cando se modifica un modelo que afecta en moitos sitios, como xa se indica ao editalo, é recomendable facer uso da páxina de probas. Estou revisandoo en Wikidata e volverei en canto poida a darche unha resposta para o modelo Lugar. Aproveito para indicar que o cambio, que da mesma maneira, fixeches en Modelo parroquia, non funcionou correctamente, como podes comprobar aquí,aquí, aquí etc. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 13:28 (UTC)[responder]
o mesmo erro para estes lugares: 1, 2, 3 entre moitos outros. Vou deixar os dous modelos para que poidas velo, pero non poden quedar así. No futuro, por favor, crea un modelo de probas antes de aplicalo ao conxunto da Galipedia. Se ademais dás a coñecer a túa proposta de modificación ben na conversa do modelo ben na taberna, estou segura de que haberá xente disposta a colaborar contigo para mellorar o modelo. Grazas polas túas achegas. Saúdos! @USI2020:.--Maria zaos (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 13:38 (UTC)[responder]
Xa o arranxei, grazas polo aviso, non me dera de conta. USI2020 (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 13:53 (UTC)[responder]
Ola, USI2020, desfixen os cambios nos modelos parroquia a lugar, non funcionaban, con collían ningún dato de wikidata. USI2020, como xa che comentou María, os modelos antes de modificalos hai que probalos e asegurarse que funcionan e non introducen erros nos artigos xa que son usados en moitas páxinas. Para facer probas podes usar as páxinas Modelo:Parroquia/probas, Modelo:Parroquia/probas/probas e todas as que queiras engadindo máis /probas no nome. Logo para visualizar o funcionamento tes que darlle a previsualizar o modelo pero poñendo a páxina que queres que o utilice (hai unha caixa para engadir ese artigo debaixo da de resumo de edición "Vista previa da páxina con este modelo"). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 14:43 (UTC)[responder]
Xa o sei, polo que vin, o problema é que o modelo coordenadas duplícase se se pon dúas veces co parámetro display=title, que usa propiedade e non é posible evitar esto, unha opción que quizais funcionara é probar en cómpre coordendas ou en coordenadas (esta vez na páxina de probas). E disculpade polas molestias, debin probar na zona de probas. USI2020 (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 14:50 (UTC)[responder]
Usuario:USI2020 e Elisardojm para o modelo de parroquias non ten moito sentido polo momento tomar os datos de WD. Segundo as consultas que fixen o 87% dos datos de coordenadas proveñen xa de Galipedia; (eu mesma volquei uns cantos). Será interesante cando si haxa unha fonte nonwiki/oficial coa que referenciar as coordenadas en WD, mentres tanto non achega moito. No caso dos lugares o proveito tamén é relativo por estas razóns, pero ao non estar harmonizados ben os parámetros en WD non podo tirar unha consulta para facer unhas estatísticas deste tipo que sexan fiables. Un saúdo.-Maria zaos (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 15:18 (UTC)[responder]
USI2020, ese é un dos problemas, o outro é que polo que probei, coa última modificación non se estaba a consultar o dato de WD nunca xa que, se tiña valor na ficha amosábase ese valor, e se non tiña valor non se facía nada. Pero habería que facer máis probas. Non é doado engadir as coordenadas no modelo polo que ti dis, a gran maioría dos artigos de parroquia xa teñen o modelo coordenadas e iso fai que haxa problemas. Habería que darlle varias voltas para atopar unha boa solución ó problema pero agora mesmo non teño tempo para enlearme, síntoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 15:29 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: June 2020[editar a fonte]





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

O aviso de borrado por spam/vandalismo era a conversa do artigo. O artigo tiña un amplo historial no que traballaron varios editores e habería que reverter o posible vandalismo pero non borrar o artigo (que xa estaba presente en wikidata en 2012).--HacheDous=0 (conversa) 27 de xullo de 2020 ás 17:44 (UTC)[responder]

Ok, non acabo de entendelo, pero restauro; grazas polo aviso. HacheDous=0Maria zaos (conversa) 27 de xullo de 2020 ás 17:45 (UTC)[responder]

A Aldea Grande e A Igrexa na Arca, O Pino[editar a fonte]

Bos días, Maria zaos. Grazas por ter mirado as miñas aportacións ao tema, pero talvez non liches ben o que puxen. Non é un problema de nomenclátor, é un problema do wikipedista que creou o artigo que leu mal e confundiu un lugar con dous nomes e lles deu entidade separada a cada un. É absurdo! A xente do Pino está alucinando coa afirmación que se fai na Galipedia. Repito, o nomenclátor está ben o que non está ben é o que interpretou e fixo o galipedista. Por favor, mira a primeira referencia contida no texto do artigo A Igrexa, Arca, O Pino, que é o que explico na páxina de conversa. Eu manteño a absoluta necesidade de eliminar A Aldea Grande, Arca, O Pino e de modificar o modelo Lp:Arca. Non facelo seguirá poñendo en ridículo á Galipedia. Saúdos.--Castelao (conversa) 9 de agosto de 2020 ás 09:12 (UTC)[responder]

Por favor, comproba o único documento que é válido en todo isto: o Decreto 189/2003. Este é o único referente válido para saber cales son os topónimos correctos e non un mapa que a saber como o fixo quen o fixo. Marquei ata a páxina: a 3644. Saúdos--Castelao (conversa) 9 de agosto de 2020 ás 09:24 (UTC)[responder]

Ola @Castelao:, grazas por escribir de volta. O que comentas xa o vira e tamén o escribín na páxina de conversa, onde indico que por dúas veces aparece en fontes institucionais dixitais, é dicir, o erro segue por fóra da Galipedia e insisto en que habería que comunicalo cando menos a través do formulario ó proxecto Galicia nomeada. O erro que cometín eu foi da lectura do uso da ligazón web da política de WP:Toponimia xa que certamente, como ben dis remite á documentación (ao publicado no DOG) non á consulta nin os conxuntos de datos da Xunta que é obvio que están mal. Ando algo obcecada cos conxuntos de datos e vese que me liei. É un tema, porque os decretos son aínda ben máis antiguos que os conxuntos de datos, pero certamente, soluciona cando menos este problema concreto. Paso a corrixir o necesario, xa que non se fai necesaria a consulta á comunidade, perdoa o lío. Con todo creo que é necesario unha implicación máis activa da Galipedia á hora de sinalar estes problemas nos conxuntos de datos, xa que ó final son os que están a reproducir no tempo erros coma este e a súa difusión amplíase moitísimo. Graciñas. Un saúdo.Maria zaos (conversa) 9 de agosto de 2020 ás 09:52 (UTC)[responder]
Grazas a ti @Maria zaos: por estar ao tanto e facer o esforzo de comprobalo e recomprobalo. Sei que o tema era algo lioso e a min custoume días decatarme do que estaba a pasar. Estou facendo esforzos neste concello e outros espazos para que teñan en consideración a alta calidade da Galipedia fronte a outras wikis e confíen no seu desenvolvemento. O d'A Aldea Grande estaba sendo un tema que nos estaba a restar credibilidade, porque non entenden que fai nesta wiki un topónimo do que non escoitaron falar e nin sequera publican nas súas listaxes oficiais de topónimos (tiven que explicar a máis dun como funciona isto das wikis, de onde viña o problema e por que non lle era tan doado dar solución), e daquí a importancia que lle din ao asunto. Con respecto ao que dis da conveniencia de avisar aos departamentos oficiais involucrados neste tema, tes razón. Teño curiosidade por saber como caeron tamén eles neste erro. Vai ti a saber se incluso chegaron a tomar a Galipedia como referencia para o traballo. Se isto último fose certo, por un lado, sería algo que nos tería que encher de orgullo que confíen nun proxecto como este deste xeito, pero por outro me queda o receo de que poden non estar a seguir procedementos máis adecuados no seu traballo. Non sei. A ver que contan. Grazas outra vez polo tempo dedicado e saúdos!--Castelao (conversa) 9 de agosto de 2020 ás 14:36 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: July 2020[editar a fonte]





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Marina Núñez del Prado[editar a fonte]

Hola María, he finalizado la revisión del artículo Marina Núñez del Prado en eswiki, te agradecería mucho la ayuda para su traducción al gallego. Las referencias ahora concuerdan con el texto, no me había percatado de ese problema cuando lo revisé. Discúlpame por los defectos de traducción en la versión en gallego. Saúdos --Ytha67 (conversa) 20 de agosto de 2020 ás 09:16 (UTC)[responder]

Mensaxes en masa[editar a fonte]

Ola, para mandar as mensaxes tes que seguir estes pasos:

  • darlle a previsualizar e se todo está ben, envía!

Eu adoitaba a engadir ó final unha nota para que a xente soubera que facer se quería borrarse da lista de envíos, algo do estilo "Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista. ". Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 22:46 (UTC)[responder]

alá foi! a ver se foi ben. Moitas grazas pola axuda, Elisardojm . .--Maria zaos (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:29 (UTC)[responder]
Perfecto! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de agosto de 2020 ás 07:49 (UTC)[responder]

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

wikiproxecto 1000 artigos de calidade para 12-16 anos[editar a fonte]

Grazas por avisares. Penso que é unha mágoa que non se aproveite unha recollida de bibliografía porque son os vimbios nos que se pode comezar a traballar, mais se o criterio é eliminalos... Lles (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 19:53 (UTC)[responder]

Lles : a bibliografía de ambos organiceina e coloqueina nos apartados de recursos de wikiproxecto galegas e wikiproxecto mulleres antes de escribirche, perdida non está, poderase consultar alí para estes e outros artigos. Por favor, podes contestar á pregunta que che formulei? Grazas!.Maria zaos (conversa) 2 de setembro de 2020 ás 21:01 (UTC)[responder]
Non o sei. Lles (conversa) 3 de setembro de 2020 ás 11:09 (UTC)[responder]

Accións de Castromil[editar a fonte]

Ola, quero buscar imaxes dunhas accións antigas de Castromil, acabo de atopar que "accións ao portador eran unhas sobresaíntes lito-grafías decoradas con preciosos debuxos da catedral e dun autocar Sau-rer da Empresa Castromil, feitos polo artista compostelán Camilo Díaz Baliño e impresas na imprenta Roel da Coruña" e como Camilo Díaz Baliño xa está en DP, é moi posible que esas imaxes se poidan subir a Commons. Son de 1929, cando se constituíu a empresa. Sabes onde se poderán buscar? Se busco en Galiciana "Castromil" saen 6600 documentos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 17:54 (UTC)[responder]

Ok, búscocho con calma, Elisardojm É un claro DP, peroo...o que atopes en Galiciana non semella que vaia estar marcado como DP, porque aínda rixe o dereito sobre as copias feitas (as que consultarías en Galiciana) que creo son 25 anos logo da copia (heino mirar ben, pero as copias levan a esta declaración). En todo caso, en claro DP, para Commmons é valido. Opción adicional: localizar e facer a copia persoalmente. Problema: que non deixen acceder a orixinais por temas de conservación (círculos viciosos).--Maria zaos (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 18:14 (UTC)[responder]
Mira ben aquí, Elisardojm,non vaia ser, eu non o vin, pero non me parei moito. Tes esta consulta e esta outra para tirar de Galiciana (biblioteca dixital). En canto a empresa e arquivos persoais relacionados con Castromil, polo que vin non están en Galiciana Arquivo dixital, nin no AHUS. Mirei as clasificacións do Arquivo do Reino de Galicia, pero pégame que ese tipo de material debería estar no arquivo municipal de Santiago ou que só o recuperariamos nunha consulta web se cadrou que alguén rexistrou compravenda de accións. Miro máis tarde fontes fóra de Galiciana e repaso o cadro de clasificación do arquivo da Coruña. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 19:08 (UTC)[responder]
No primeiro rexistro non están, e as outras consultas non mas fai, di que expiraron. Pero non te mates, foi só un arrouto de curiosidade e se total despois non o imos poder usar por culpa do inC ese..., non paga a pena. Xa aparecerá algún día :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 22:15 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: August 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Albania report: Wikivoyage edit-a-thon - Editing Albania and Kosovo’s travel destinations
  • Brazil report: Open innovation and dissemination activities: wrapping up great achievements on a major GLAM in Brazil
  • Czech Republic report: First Prague Wiki Editathon held in Prague
  • Estonia report: Virtual exhibition about Polish-Estonian relations. Rephotography and cultural heritage
  • Germany report: KulTour in Swabia and 8000 documents new online
  • India report: Utilising Occasion for Content donation: A story
  • Netherlands report: WMIN & WMNL collaboration & Japanese propaganda films
  • Serbia report: Enriching Wiki projects in different ways
  • Sweden report: Free music and new recordings of songs in the public domain; Autumn in the libraries; Yes, you can hack the heritage this year – online!
  • Uganda report: Participating in the African Librarians Week (24-30 May 2020)
  • UK report: Spanish metal and ...
  • USA report: Wiknic & Black Artists Matter & Respect Her Crank
  • WMF GLAM report: Wikipedia Library, new WikiCite grant programs, and GLAM office hours
  • Calendar: September's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Inez Haynes Irwin[editar a fonte]

Ola María! que tal? A ver se veño máis por aquí... Agora que traducín o artigo de Inez Haynes Irwin non lembro como poñer as categorías...e vexo que ten o de [[Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas]] logo non podo? podes botarlle un ollo? Graciñas! --Moniquiña (conversa) 27 de setembro de 2020 ás 17:18 (UTC)[responder]

@Moniquiña: Ola! Parabéns polo traballo! Agora estou no móbil e non me deixa editar ben as categorías, mañá reviso e engado máis e quito o marcador. O da categoría que comentas é unha categoría de mantemento, xa que as traducións adoitan ter erros nos parámetros de modelos de referencias, datas non traducidas etc. Pero non é obstáculo para que sigas a engadir ou mellorar cousas nela. Agora que xa ten algunha categoría, penso que se o tes activado en preferencias, debería saírche un + e unha caixiña de busca logo das categorías. Aí poderías engadir máis ou se non usando o wikitexto "[[Categoría:Nome da categoría a introducir"(dobre ]). Mañá con calma reviso o artigo. Saúdos!.Maria zaos (conversa) 27 de setembro de 2020 ás 21:42 (UTC)[responder]
Perdón que me meta @Moniquiña:, con outra cuestión relacionada. Cando inicies un artigo, cun título determinado, hai que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Neste exemplo, no propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Con Haynes quizais abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou extendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redirecións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito... Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina. --. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2020 ás 10:12 (UTC)[responder]
Moitas grazas por todo! A verdade que nunca fixen redireccións...e ten toda a lóxica. Mirarei a información. O das categorías, non sei ben porque non me deixaba no + como sempre. Está ben saber o do wikitexto, máis non adoito traballar con código e non o pensei. Deica logo!--Moniquiña (conversa) 29 de setembro de 2020 ás 17:49 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: September 2020[editar a fonte]





Headlines
  • Brazil report: Wikidata birthday celebrations, Wiki Loves Monuments, new partnerships and more!
  • Colombia report: GLAM and virtual education
  • France report: AAF training course; Workshops in Strasbourg; European Heritage Days: Rennes; Wiki Loves Monuments
  • Germany report: Ahoy! Wikipedians set sail to document the reality of modern seafaring
  • Indonesia report: New GLAM partnerships on data donation; Commons structured data edit-a-thon
  • Norway report: Students taking on GLAM Wiki women in red
  • Sweden report: Musikverket: more folk music and photos; Hack for Heritage 2020; Wiki Loves Monuments; Wikipedia in the libraries; Digital Book Fair on Wikipedia
  • UK report: National Lottery; Khalili Collections
  • USA report: Virtual events MetFashion, 19SuffrageStories, WikiCari Festival and more
  • Open Access report: New publication about access to digitised cultural heritage
  • WMF GLAM report: Launching Wikisource Pagelist Widget
  • Calendar: ctober's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

This Month in GLAM: October 2020[editar a fonte]





Headlines
  • AfLIA Wikipedia in African Libraries report: Wikipedia in African Libraries Project
  • Brazil report: Abre-te Código hackathon, Wikidata related events and news from our partners
  • Finland report: Postponed Hack4FI GLAM hackathon turned into an online global Hack4OpenGLAM
  • France report: Partnership with BNU Strasbourg
  • Germany report: Coding da Vinci cultural data hackathon heads to Lower Saxony
  • India report: Mapping GLAM in Maharashtra, India
  • Indonesia report: Bulan Sejarah Indonesia 2.0; Structured data edit-a-thon; Proofreading mini contest
  • Netherlands report: National History Month: East to West, Dutch libraries and Wikipedia
  • New Zealand report: West Coast Wikipedian at Large
  • Norway report: The Sámi Languages on wiki
  • Serbia report: Many activities are in our way
  • Sweden report: Librarians learn about Wikidata; More Swedish literature on Wikidata; Online Edit-a-thon Dalarna; Applications to the Swedish Innovation Agency; Kulturhistoria som gymnasiearbete; Librarians and Projekt HBTQI; GLAM Statistical Tool
  • UK report: Enamels of the World
  • USA report: American Archive of Public Broadcasting; Smithsonian Women in Finance Edit-a-thon; Black Lunch Table; San Diego/October 2020; WikiWednesday Salon
  • Calendar: November's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

María Cecilia Martín Iglesias[editar a fonte]

Moi boas! Rematei de traducir o artigo de María Cecilia Martín máis non lembro como engadir as categorías...Podes botarme unha man? Graciñas--Moniquiña (conversa) 17 de novembro de 2020 ás 18:13 (UTC)[responder]

@Moniquiña: Boa tradución, e artigo interesante! Para engadir as categorías podes facelo de forma manual, editando en código, ou de forma máis sinxela coa ferramenta HotCat. Tes que activala en Preferencias -> Trebellos. Permíteche engadir, quitar ou modificar categorías sen estar editando o artigo, e como ten predictor de texto, se comezas a escribir suxíreche categorías que poidan ser (esta ferramenta existe tamén en Commons, e noutras wikis). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de novembro de 2020 ás 18:52 (UTC)[responder]

Do gris ao violeta[editar a fonte]

Grazas, María, eliminei a clasificación. Lles (conversa) 25 de novembro de 2020 ás 16:04 (UTC)[responder]

Mulleres nas matemáticas[editar a fonte]

Boas tardes María Zaos. Vin que hai uns días puxeches na páxina de conversa de Mulleres nas matemáticas unha etiqueta que pon: Este artigo é de interese do wikiproxecto "mulleres". Que significado ten? Por certo, aproveitando a conversa, outra pregunta, por que cambiaches o nome da páxina de Mulleres matemáticas a Mulleres nas matemáticas? Non sei se é unha cuestión de gustos ou hai algunha razón para ese cambio. Un saúdo --AmeliaVR2019 (conversa) 30 de novembro de 2020 ás 18:35 (UTC)[responder]

Ola, @AmeliaVR2019:! A razón do cambio é que a min persoalmente o traballo que estas a facer nesa páxina pareceume moi completo, é dicir, que inclúe bastante contexto e polo tanto non é unha simple listaxe de biografías. O título Mulleres matemáticas si se adaptaba a ese paradigma de listaxe, que é outro tipo de páxina de Wikipedia (Artigo de listas dun proxecto Wikimedia). Mirando a profundidade que lle estabas dando decidín mudar o nome cara Mulleres nas matemáticas, xa que non semellaba só unha listaxe de biografías de profesionais, senón que achegaba tamén un percorrido histórico pola área da Matemática ou como dixen, achegaba contexto. O título pódese cambiar en calquera momento, só quero explicar a diferenza. Se vas ós artigos baixo o título Mulleres matemáticas (ou semellantes) noutros idiomas verás que son tratados como un artigo de listas en lugar do típico artigo/entrada por defecto que vemos habitualmente nas Wikipedias. Como a min me pareceu significamente máis completo o teu traballo, que aproveito para felicitar, marqueino como de interese para o wikiproxecto mulleres. Por que? porque cando menos no que pon actualmente a páxina do proxecto o obxectivo non é só a creación de biografías de mulleres, senón romper coa fenda de xénero nos contidos. Persoalmente penso que artigos baixo epígrafes como mullleres na área x, que proporcionan unha visión histórica, onde as biografías se enmarcan nun contexto que realza e dá sentido ao conxunto cumpren mellor este obxectivo de loitar contra a fenda nos contidos do que o farían as biografías soas individualmente. Pero é a miña opinión e visión. Se non estas de acordo con este enfoque cámbiase o título e pasamos a consideralo un artigo de listaxe, sen maior problema, é un segundo. Non sei se me explicaría moi ben con tanta frase, por favor, calquera dúbida disme e tento explicalo melllor.-- Maria zaos (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 15:17 (UTC)[responder]
@AmeliaVR2019: Esquecinme: a utilidade dos marcadores de interese de wikiproxectos é que permiten localizar máis facilmente as entradas creadas relacionadas con cada un dos proxectos, cousa que é moi práctica especialmente para organizar e levar conta do traballo feito (facer estatísticas, buscar lagoas de contido etc.). O marcador de wikimulleres non se usou moito polo momento, de feito hai unha conversa aberta sobre el, que se queres busco. Basicamente nesa conversa o que se falaba é que usar o marcador en toda canta biografía de muller houbese non resultaba moi práctico ao final, polo volume e polo solapamento con outros cadros de interese, como o de galegas ou o de feminismo. Polas razóns que expuxen antes o uso do marcador si se axeita ben á entrada na que traballas, ademais de indicar o obvio, que nesta wikipedia este artigo é de especial interese pola existencia dese wikiproxecto concreto. Saúdos Maria zaos (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 16:07 (UTC)[responder]

Grazas @Maria zaos: Non teño ningunha intención de cambiar o nome, de feito xa hai tempo que vin o cambio, simplemente chamoume a atención e non vía a diferenza por iso o outro día, aproveitando a outra pregunta, tamén incluín esta. En canto ao outro tema, o de interese no wikiproxecto mulleres, o que me levou foi a buscar ese proxecto e darme de alta nel, porque pareceume interesante e con moito traballo por facer, pero non atopei alí nada que fixera mención ao do interese por iso cho preguntei. Moitas grazas Maria pola túa resposta. Un saúdo. --88.20.255.135 2 de decembro de 2020 ás 09:54 (UTC)[responder]

Pois moi ben entón. @AmeliaVR2019:Dese wikproxecto e dos de galegas e feminismo falei no obradoiro de Vigo. O wikiproxecto mulleres correspóndese con Women in Red en en.wiki, ou Wikiproyecto Mujeres en es.wiki. Como curiosidade o Wikiproxecto galegas da Galipedia foi o primeiro, incluso antes que Women in Red, proxecto do universo de Wikimedia que se dirixiu á fenda de xénero nos contidos, en outubro de 2013.-- Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 23:29 (UTC)[responder]

Wikiproxecto mulleres[editar a fonte]

Bo día, María,

No Wikiproxecto mulleres hai un modelo para poñer que estás no Wikiproxecto mulleres como {{Usuario Wikiproxecto Mulleres}} (ou {{Usuario WP mulleres}}). Sabes como poñer para que saia o modelo que pon a abreviatura para o modelo para usuarias?. Lles (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 11:33 (UTC)[responder]

Ola @Lles:! Non sei se entendín a pregunta ben. Se queres que apareza un cadriño de usuaria como teño eu na miña páxina de usuaria ( cara o final) podes optar por editar en código fonte/wikitexto e incluírexactamente o que acabas de poñer, é dicir:{{Usuario WP galegas}} ou {{Usuario Wikiproxecto Mulleres}}. A tradución para facer isto no editor visual é escoller no menú inserir > Modelo> Engadir modelo (o modelo aparece coa icona dunha peza de crebacabezas). Na caixiña de busca que che vai saír teclearías "Usuario WP galegas" ou "Usuario Wikiproxecto Mulleres" ata que che apareza e seleccionas (non escollas o que pon "/uso").
Nesta categoría atoparás as distintas caixas de usuaria dispoñibles na Galipedia, por orde alfabética. Se o que queres é buscar en xeral estes cadriños están no espazo de nomes Modelo. Como vos dixen no obradoiro de Vigo, na caixiña de busca, por defecto búscase no espazo de nomes principal ( o das entradas da wikipedia), pero poñendo unha serie de prefixos podemos localizar outro tipo de contidos que están noutros espazos de nomes. O dos modelos comeza por "Modelo:". É así como podes buscar -na caixa de procura xeral- neste caso "Modelo:Usuario" o que sexa. Non sei se respondín ao que consultabas, por favor, non dubides en indicarmo se así foi. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 1 de decembro de 2020 ás 15:48 (UTC)[responder]

proba de trebello[editar a fonte]

Ola! Proba de trebello. --Estevo(aei)fálame aquí 4 de decembro de 2020 ás 13:52 (UTC)[responder]

Ola! graciñas, é por ver se funciona a mención @Estevoaei. Polo momento o aviso de notificación de " a súa notificación ao usuario X foi enviada" non semella ir. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 4 de decembro de 2020 ás 13:54 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: November 2020[editar a fonte]





Headlines
  • AfLIA Wikipedia in African Libraries report: Launch of Wikipedia in African Libraries Project Pilot Cohort
  • Brazil report: Accessibility through audio descriptions, GLAM tutorials, WikidataCon 2021 and more updates on Brazilian GLAMs
  • Canada report: Taking a tour of CAPACOA workshops and some recent example sets from commons
  • Germany report: German symphony orchestra releases audio samples under free license
  • India report: Re-licensing of content on water & rivers in India
  • Indonesia report: #WikiSejarah WPWP Campaign
  • Netherlands report: Wikipedia and Education, Funding granted for two projects in 2021, KB completes collection highlights project
  • Serbia report: GLAM in Serbia makes important steps in the digitization of cultural heritage
  • Spain report: Edit-a-thons on women scientists and painters
  • Sweden report: Music, UNESCO and Wikidata
  • UK report: Hundreds of Khalili images
  • USA report: Black Lunch Table & Museum Computer Network
  • Calendar: December's GLAM events
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

Re: Imaxe en Commons[editar a fonte]

Pola miña parte non teño inconveniente. Xa vin que outras moitas imaxes que tomara eu foron pasadas a Commons pero non sei se foron eliminadas da Galipedia (penso que non). Tampouco poño obxección a que sexan eliminadas da Galipedia, penso que todas as imaxes deberían estar en Commons para que outras wikis poidan usalas. Un saúdo, Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de decembro de 2020 ás 20:42 (UTC)[responder]

Perfecto, moitas grazas por respondee, Usuario:Xosé Antonio. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 08:20 (UTC)[responder]

Engadir imaxe a Wikidata[editar a fonte]

Saúde María. Estou a revisar o artigo de Imogen Holst e decateime que na infobox non aparece imaxe porque non está subida á ficha de Wikidata. A foto do artigo en inglés non pareces estar en Commons tampouco. Estaría ben subir unha para que aparecera de xeito automático. Se me axudas ou o podes facer ti. Grazas. --Viascos (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 22:26 (UTC)[responder]

Feito! Feito! @Viascos: --. HombreDHojalata.conversa 19 de decembro de 2020 ás 22:59 (UTC)[responder]
Graciñas HDH . Sintoo, Viascos estaba ocupada, acabo de velo. Se a imaxe xa está en Commons, o tema resólvese así: abrir WD e buscar a persoa ou máis fácil, premer na ligazón "editar datos en WD" dende a caixiña de biografía da Galipedia. Unha vez alí, "engadir declaración", no signo "+" que verás ao final de todas as liñas de declaracións. Logo, na primeira caixa (propiedade) teclear " imaxe en Commons" ata que saia no despregable e premer nese texto. Ábrese agora a segunda caixa (segunda parte da declaración correspondente ao valor ou elemento) e logo de consultar o nome do ficheiro en Commons comezas a teclealo ata que che apareza no despregable. Selecciónalo e seguidamente dáslle a " publicar". Se non existise aínda imaxe en Commons habería que engadila en Commos primeiro para que sexa posible engadila en Wikidata. Un saúdo ós dous e desculpas pola demora.Maria zaos (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 10:35 (UTC)[responder]
Moitas grazas a ambos, HDH e Maria zaos. Agora coido que xa o sabería facer. Wikidata é unha pasada de ferramenta.--Viascos (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]

Marina Núñez del Prado[editar a fonte]

Ola María.

Remataches en Usuaria:Maria zaos/Marina Núñez del Prado ?

Era para ir baleirando a Categoría:Wikipedia:Páxinas con ligazóns externas incorrectas en parámetros e outras categorías de mantemento.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2020 ás 15:25 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Graciñas polo aviso, HdH. Ando con pouca conectividade estes días,sintoo Maria zaos (conversa) 29 de decembro de 2020 ás 17:55 (UTC)[responder]

This Month in GLAM: December 2020[editar a fonte]





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.

This Month in GLAM: December 2020[editar a fonte]





Headlines
Read this edition in fullSingle-page

To assist with preparing the newsletter, please visit the newsroom. Past editions may be viewed here.