Copa do Mundo de Fútbol Feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa Mundial de Fútbol Feminino é o torneo internacional máis importante desta disciplina, o fútbol. Este evento é organizado pola FIFA (Federación Internacional de Fútbol Asociación), e foi realizado por vez primeira en 1991.

Organización[editar | editar a fonte]

Dezaseis seleccións nacionais femininas participan no torneo, realizado cada catro anos. A primeira idea de celebrar este torneo naceu durante a Copa Mundial de Fútbol de 1986, realizada en México.

O torneo ten sido realizado en 1999 e 2003 nos Estados Unidos. Nesta última oportunidade, debeu organizar o torneo logo de que China, a orixinal anfitrioa, tivese que declinar a realizalo debido á epidemia de SARS daquel ano. China quedou seleccionada automaticamente para ser sede do seguinte torneo, no ano 2007.

Torneos[editar | editar a fonte]

Ano Sede Final Terceiro Lugar
Campión Marcador Segundo Lugar Terceiro Lugar Marcador Cuarto Lugar
1991
Detalles

China

Estados Unidos
2–1
Noruega

Suecia
4–0
Alemaña
1995
Detalles

Suecia

Noruega
2–0
Alemaña

Estados Unidos
2–0
China
1999
Detalles

Estados Unidos

Estados Unidos
0–0 (1)
5–4 (p.)

China

Brasil
0–0 (1)
5–4 (p.)

Noruega
2003
Detalles

Estados Unidos

Alemaña
2–1 (2)
Suecia

Estados Unidos
3–1
Canadá
2007
Detalles

China

Alemaña
2–0
Brasil

Estados Unidos
4–1
Noruega
2011
Detalles

Alemaña

Xapón
2–2 (1)
3–1 (p.)

Estados Unidos

Suecia
2–1
Francia
2015
Detalles

Canadá
2019
Detalles

Francia
1 Resultado trala prórroga.
2 Resultado definido por gol de ouro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

# Equipo Títulos Subcampión Terceira praza Cuarta praza
1 Estados Unidos 2 (1991, 1999) 1 (2011) 3 (1995, 2003, 2007)
2 Alemaña Alemaña 2 (2003, 2007) 1 (1995) 1 (1991)
3 Noruega 1 (1995) 1 (1991) 2 (1999, 2007)
4 Xapón 1 (2011)
5 Suecia 1 (2003) 2 (1991, 2011)
6 Brasil 1 (2007) 1 (1999)
7 República Popular da China China 1 (1999) 1 (1995)
8 Canadá 1 (2003)
Francia Francia 1 (2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]