Década de 1930
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
A década de 1930 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1930 e remata o 31 de decembro de 1939.
1930
- Artigo principal: 1930.

Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González López, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela e Manuel María González.[1]
- 2 de xaneiro - Chiang Kai-shek asume a xefatura do poder civil na China.
- 28 de xaneiro - O ditador español Miguel Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei Afonso XIII.
- 16 de febreiro - Pacto de Lestrobe: alianza dos partidos galegos: ORGA, Partido Radical e Alianza Republicana, que constituíron a Federación Republicana Gallega (FRG).
- 10 de xullo - Constitúese en Ourense a Asociación de Escritores Gallegos presidida por Ramón Otero Pedrayo.
- 27 de agosto - Pacto de San Sebastián: as forzas políticas antimonárquicas españolas asinan unha alianza perante a caída da ditadura de Primo de Rivera.
1931
- Artigo principal: 1931.
- 19 de febreiro - Nova Delhi é nomeada capital da India.
- 12 de abril - Vitoria esmagadora dos republicanos nas eleccións municipais en España.
- 14 de abril - Proclámase a Segunda República Española.

15 de abril de 1931, proclamación da república.
- 17 de abril - "Al país", manifesto de renuncia do rei Afonso XIII de España, publicado no diario ABC.
- 6 de decembro - Fúndase o Partido Galeguista.
- 14 de maio - Italia: o director de orquestra Arturo Toscanini é golpeado por un fato de fascistas por negarse a executar o himno fascista.
- 12 de setembro - Honduras Británica (Belize): un ciclón causa a morte de máis de 700 persoas e centenares de feridos.
- 1 de outubro - España: recoñecese o dereito ao voto das mulleres.
1932
- Artigo principal: 1932.
- 3 de outubro - Iraq alcanza a súa independencia e únese á Sociedade de Nacións tralo fin da invasión británica.
- A Asemblea de Concellos galegos celebrada en Santiago de Compostela aproba a redacción definitiva do proxecto de Estatuto de Autonomía no marco da Constitución da II República.
- Fundase en Ferrol a empresa de alimentación Bonilla a la Vista.
1933
- Artigo principal: 1933.

1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.
- 2 de xaneiro, Edgardo Day realiza o traxecto entre Buenos Aires e Montevideo cun biplano Moth 60.
- 4 de xaneiro, Un incendio destrúe o transatlántico francés Atlantic, cando navegaba xunto á costa francesa e causa numerosas vítimas.
- 5 de xaneiro, comeza a construción do Golden Gate en San Francisco.
- 30 de xaneiro, O presidente de Alemaña Paul von Hindenburg nomea a Adolf Hitler chanceler.
- 20 de febreiro : 21ª emenda á Constitución dos Estados Unidos suprimindo a prohibición do alcohol.
- 4 de marzo - Franklin Delano Roosevelt convértese no 32° presidente dos Estados Unidos.
- 5 de marzo, Nas eleccións alemás, o partido Nazi, NSDAP, vence co 43,9% dos votos.
- 25 de marzo, prohibición dos sindicatos libres en Alemaña.
- 26 de abril, fundación da Gestapo, a policía política alemá.
- 16,17 e 18 de setembro, Galiza é recoñecida como nación polo Congreso de Nacionalidades Europeas, organismo da Sociedade de Nacións, predecesora da ONU.[3]
- 16 de outubro, A Alemaña de Hitler anuncia a intención de abandonar a Liga das Nacións oficialmente.
- 29 de outubro, acto fundacional de Falange Española no Teatro da Comedia, en Madrid.
Arte e cultura
- Publícase na colección Lar, A modelo de Paco Asorey, novela en galego de Xoán Xesús González.
- Publícase Nós, os inadpatados de Vicente Risco.
- Publícase Corazón ao vento, poemario de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Publícanse Poemas do si e do non e Cantiga nova que se chama Riveira de Álvaro Cunqueiro.
- Publícase Nao senlleira de Fermín Bouza-Brey.
1934
- Artigo principal: 1934.

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
- Agosto: Adolf Hitler convértese en xefe do goberno e de Estado (Reichsführer) de Alemaña.
- 5 de outubro: Iníciase a revolución de outubro en Asturias, seguida pola proclamación, o día 6, en Cataluña do "Estado catalán dentro da República federal española".
- 19 de outubro: Sae do prelo a obra Retrincos, de Castelao, editada pola editorial Nós.
- O asturiano Pepín Fernández abre, en Madrid, o primeiro grande almacén de vendas español: Galerías Preciados; no ano seguinte abriría o seu rival, El Corte Inglés.
1935
- Artigo principal: 1935.
- 10 de xuño: en Akron (Ohio) William Griffith e o Dr. Robert Smith fundan Alcólicos Anónimos.
1936
- Artigo principal: 1936.
Galicia
- 28 de xuño - O Estatuto de Autonomía de Galicia é votado en referendo cun 99% de votos a favor.
- 10 de setembro - Milicianos e gardas de asalto asasinan no cárcere de Porlier a Xerardo Abad Conde.
- 21 de outubro - Son fusilados en Lugo os republicanos Rafael de Vega Barrera, Ramón García Núñez, Ángel Pérez López, José Ramos López e Perfecto Abelairas Castro.
- 9 de novembro - Os militares Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita son fusilados en Ferrol por negarse a secundar a sublevación do 18 de xullo de 1936.
- 9 de decembro - Son executados na Coruña os mártires de Brens.
España
- 16 de febreiro - A coaligazón de partidos de esquerda Fronte Popular vence nas eleccións xerais en España, e Manuel Azaña tórnase primeiro ministro, restaurando a constitución de 1931.
- 14 de marzo - FE de las JONS é declarado partido ilegal
- 15 de marzo - José Antonio Primo de Rivera é encarcerado.
- Manuel Azaña substitúe como presidente da II República a Niceto Alcalá Zamora, destituído polas Cortes.
- Santiago Casares Quiroga nomeado presidente do goberno de España, substituíndo a Manuel Azaña.
- 17 de xullo - Debido as investigacións gobernamentais o Golpe de Estado xorde en Melilla un día antes do estipulado para o conxunto do país.
- 18 de xullo - Iníciase en gran parte do territorio español un golpe de estado do exército, ás ordes do comandante director Emilio Mola, contra o goberno da II República Española.
- 18 de xullo - Diego Martínez Barrio nomeado presidente do goberno, substituíndo a Santiago Casares Quiroga.
- 19 de xullo - Os sindicatos érguense contra a sublevación militar. Comeza a guerra civil española.
- 4 de setembro - Talavera de la Reina cae en mans dos nacionais, véndose así Madrid ameazada.
- 4 de setembro - O goberno de José Giral é deposto e Francisco Largo Caballero, do PSOE, forma novo goberno.
- 1 de outubro - Francisco Franco é nomeado xefe de estado.
- 8 de novembro - Os nacionais atacan Madrid.
- 17 de decembro - Guerra civil española: chegada dos primeiros voluntarios fascistas italianos a España.
Europa
- 4 de marzo - Voo inaugural do dirixíbel alemán LZ 129 Hindenburg.
- 7 de marzo - Adolf Hitler ordena ocupar as zonas desmilitarizadas da Renania
- 12 de maio - Na Italia, a nova lei electoral restrinxe o dereito ao voto: O Gran consello Fascista escolle 400 deputados dunha lista de candidatos presentada por diversas corporacións. Os deputados sométense despois a plebiscito popular.
- 5 de xuño - Constitúese en Francia o gabinete da Fronte Popular, presidido por Léon Blum.
- 21 de xuño - Fai o seu primeiro voo o bombardeiro Handley Page Hampden que participará na segunda guerra mundial.
- 25 de outubro - Adolf Hitler asina unha alianza co ditador fascista italiano Benito Mussolini.
- 25 de novembro - Sinatura do Pacto Anti-Komintern pola Alemaña e o Xapón, acordo que tiña como obxectivo a oposición ao desenvolvemento do comunismo.
- 11 de decembro - O Rei Eduardo VIII do Reino Unido abdica da coroa para o seu irmán Xurxo VI.
- Pacto xermano-italiano, futuro Eixo Roma-Berlín-Toquio.
África
- 26 de agosto - Exipto asina co Reino Unido o tratado polo que obtén a súa independencia.
Asia
- 26 de febreiro - Revolta militar en Toquio após o éxito electoral dos liberais
- 7 de abril - Expedición de Chiang Kai-shek contra os militares do norte da China.
- 8 de xuño - As tropas de Chiang Kai-shek toman Pequín.
- 2 de decembro - Incidente de Sián: Chang Hue Liang e Yang Hut Sheng fan prisioneiro a Chiang Kai-shek para obrigalo a adoptar unha política máis activa en contra do Xapón e un achegamento á Unión Soviética.
Acontecementos de maior duración
- Guerra civil española (1936-1939)
1937
- Artigo principal: 1937.
- 29 de xaneiro - Executados en Santiago de Compostela os republicanos de Ribeira Manuel Fernández Sendón, Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro.
- 23 de abril - Asalto do bou Eva, tráxico episodio da represión franquista en Galicia.
- 26 de abril - Bombardeo de Gernika por avións da Luftwaffe na Guerra civil española.
- 4 de xullo - Inaugúrase o Congreso dos Escritores contra a Guerra e o Fascismo en Valencia.
- 11 de xullo - Executados na Coruña os republicanos Luis Rufilanchas, Manuel Fernández López, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Nicolás Veiga Núñez e José Santiago García Rey.
- 27 de xullo - Executados na Caeira (Poio), os republicanos de Cangas Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira, José Mejuto Bernárdez e José Meis Martínez.
- 9 de outubro - Executados na Coruña os participantes na fuxida do Portiño Salvador Domingo Lliso, José García Vázquez, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.
- 11 de outubro - Executados en Ourense os republicanos Severino Nóvoa Gutiérrez, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández
- 29 de outubro - Son asasinadas en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) María del Valle Lozano e Salud Torres Díaz.
- 10 de novembro - Getúlio Vargas tórnase ditador no Brasil.
- 15 de decembro - Comezo da batalla de Teruel na Guerra Civil Española.
Acontecementos de maior duración
- Guerra civil española (1936-1939).
Arte e cultura
- A Monserrat, escultura de Julio González (hoxe no Stedelijk Museum, Ámsterdam).
1938
- Artigo principal: 1938.
- 1 de xaneiro - No Brasil, Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista.
- 26 de xaneiro - Fusilados na Coruña Lisardo Longueira García, Justo Galán Barbero, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández
- 27 de xaneiro - Fusilados en Ferrol os republicanos Amada García, Antonio Eytor Canizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi, Juan José Teijeiro Leira, Jaime González Pérez, Ramón Rodríguez López e Germán López García.
- 5 de marzo - Fusilados en Ferrol José Silva Fernández, Juan Nicasio González Díaz, Agustín Veiga Mejuto, Alejandro Julias Torres, Pedro Dobarro Regueira, Ricardo Cana Lucena, Luis Cotter Mauriz, José Abrodes Linares e Manuel Caridad Castro.
- 7 de marzo - Fusilados na Coruña José Feito García, Aquilino Parapar Franco, Luís Ardao López, Alfonso Castrillo López, Lino Carrión Castilla, José Longueira Bermúdez, José Gómez Roibal e Andrés Pérez Adega.
- 7 de marzo - Fusilados en Ourense José Delgado Nuñez, José María Cid Nóvoa, Eduardo Piñeiro Canal, Modesto Gallego González, Ramón Vázquez Rodríguez, Odilo Fernández Freire, Leovigildo Carril Freire e Castor Iglesias Gil.
- 7 de marzo - Fusilados en Santiago de Compostela Jesús Regueiro Bueno, Antonio Caldelas e José Rodríguez Gerpe.
- 29 de marzo - José Varela Bouza e José María Blanco Barros morren nun enfrontamento coa Garda civil en Perbes.
- 10 de abril - Consello de guerra na Coruña contra os republicanos de Mondoñedo José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria.
- 16 de abril - Crime do Candedo. No lugar do Candedo (Ourol), falanxistas e gardas civís matan a Felicitas Casabella Fernández, á súa irmá María Josefa Casabella Fernández e a súa filla Encarna Casabella, de trece anos de idade.
- 30 de outubro - Orson Welles recrea na radio a novela A guerra dos mundos, e aterroriza ós oíntes dos Estados Unidos.
- 7 de novembro - As forzas do Exército Popular da República realizan sen previo aviso un bombardeo sobre a localidade cordobesa de Cabra.
- 13 de decembro - Créase a ONCE, daquela baixo o nome de Organización Nacional de Cegos
- 22 de decembro - Otto Hahn, do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
Acontecementos de maior duración
- Guerra civil española (1936-1939)
1939
- Artigo principal: 1939.
- 1 de abril, Franco anuncia a fin da guerra civil española.
- 21 de xullo, Evasión do bou Ramón: 27 republicanos foxen a Francia desde Ares.
- 1 de setembro, Alemaña invade Polonia.
- 1 de setembro, Comezo da segunda guerra mundial.
- Crease o Centro de Instrucións de Marinería da Armada (C.I.M) en Ferrol.
Acontecementos de maior duración
- Guerra civil española (1936-1939)
- Segunda guerra mundial (1939-1945)
Notas
- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
- ↑ Alvarellos, Quique (19/11/2017). "Luís Seoane no Santiago de 1930" La Voz de Galicia.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Setembro de 1933: Galiza, unha nación en Europa". www.vieiros.com. Consultado o 2023-01-21.