Saltar ao contido

Petrel pintado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Daption capense»)
Petrel pintado

D. capense australe no sueste de Tasmania
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Daption
Stephens, 1826
Especie: capense
(Linnaeus, 1758)

Subespecies
Sinonimia

Procellaria capensis Linnaeus, 1758

D. capense capense ao sueste de Tasmania

O petrel pintado[2] (Daption capense)[3] é unha ave mariña común do océano Glacial Antártico da familia Procellariidae. É o único membro do xénero Daption, e é asociado co grupo dos petreis fulmarinos e petreis xigantes (Pagodroma, Thalassoica, Fulmarus, Macronectes). Son aves mariñas extremadamente comúns que non se consideran ameazadas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O petrel pintado foi descrito polo naturalista sueco Carl Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae co nome binomial Procellaria capensis.[4] Linnaeus citou o "petrel de manchas brancas e negras" que fora descrito e ilustrado en 1747 polo naturlista inglés George Edwards no segundo volume da súa A Natural History of Uncommon Birds.[5][6] O petrel pintado é agora a única especie situada no xénero Daption, que foi creado en 1826 polo naturalista inglés James Francis Stephens.[7][8] O nome do xénero Daption é un anagrama do nome portugués "pintado" que lle daban a esta especie os navegantes debido á súa plumaxe negra e branca. O epíteto específico capense significa do Cabo de Boa Esperanza, a localidade surafricana onde se recolleu o espécime tipo.[9] A palabra petrel deriva de San Pedro e a historia na que camiñaba sobre as augas. Isto fai referencia ao hábito do petrel de facer o que parce correr pola tona da auga para engalar.[10]

Todos os Procellariiformes comparten certas características identificativas. Primeira, teñen condutos nasais que se unen ao bico superior chamadas naricornos. Os bicos dos Procellariiformes son tamén únicos porque están divididos por entre sete e nove placas córneas. Producen un aceite estomacal feito de ésteres de ceras e triglicéridos que se almacenan no proventrículo. Este aceite pode ser salferido pola boca como defensa contra predadores e como fonte de alimento rico en enerxía para os polos e para os adultos durante os seus longos voos.[11] Finalmente, tamén teñen unha glandula do sal que está situada sobre o conduto nasal e axuda a desalinizar os seus corpos, debido á gran cantidade de auga de mar que tragan. Excreta unha solución altamente salina pola abertura nasal.[12]

Recoñécense dúas subespecies:[8]

  • D. c. capense (Linnaeus, 1758) – reprodúcese nas illas subantárticas circumpolares.
  • D. c. australe Mathews, 1913 – reprodúcese nas illas subantárticas de Nova Zelandia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O petel pintado ten cabeza e pescozo negros e ventre e peito brancos, e a parte inferior das ás é branca con beiras negras. O seu dorso e parte superior das ás son negros e con manchas brancas, igual que a cola, que tamén ten unha banda negra. Cando completan o seu crecemento, a envergadura alar é de 80-90 cm e son de 35-40 cm de longo.[13]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Durante a estación reprodutora, os petreis pintados aliméntanse arredor da plataforma continental da Antártida e durante o inverno desprázanse máis ao norte, e poden chegar a Angola e as illas Galápagos. Aliméntanse en moitas illas da Antártida e nas illas subantárticas, e algúns exemplares chegan ás illas Auckland, illas Chatham, illa Campbell. Os seus principais territorios de reprodución son a Península Antártica, illas de Xeorxia do Sur, illas Balleny, e illas Kerguelen, así como illas do mar de Scotia.[14]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A dieta deste petrel consiste nun 80 % de crustáceos, e tamén de peixes e luras. O krill é o seu crustáceo favorito, que captura colléndoos desde a superficie ou mergullándose e filtrándoos.[14][15] Tamén son ben coñecidos por seguiren os barcos e comer o lixo comestible e as carcasas de peixes que botan pola borda os barcos. So agresivos cando se alimentan e cuspen o seu aceite estomacal aos competidores, mesmo aos que son da súa propia especie.[14]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Son aves coloniais e nidifican en cantís ou en terreo chairo que estea nun raio dun quilómetro do océano.[14] Tenden a ter colonias máis pequenas que outros petreis.[15] Os seus niños están feitos de croios e cunchas e sitúanos baixo rochas que sobresaen formando un beiril como protección,[14][15] ou en gretas.[15] En novembro poñen un só ovo branco, que chocan durante 45 días ambos os sexos. O ovo adoita medir 53x38 mm.[16] Como a maioría dos outros fulmares, defenden os seus niños cuspindo aceite estomacal. As skúas son unha das especies que depredan ovos e crías de petreis pintados. Unha vez que fixeron eclosión, os polos son abrigados por dez días máis ata que poden termorregularse, despois do cal ambos os pais axudan a alimentalos. Os polos empluman 45 días despois, polo mes de marzo.[14]

Conservación

[editar | editar a fonte]

O petrel pintado ten unha área de distribución de 146 millóns de km2 e en 2009 lugares estimados a súa poboación de individuos adultos era de 2 millóns. En consecuencia, a IUCN avalíaos como en situación "pouco preocupante".[1]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018). "Daption capense" 2018: e.T22697879A132610612. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22697879A132610612.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Fraser, Ian; Gray, Jeannie (2013). Australian Bird Names: A Complete Guide. CSIRO. p. 46. ISBN 9780643104709. 
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10th ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 132. 
  5. Edwards, George (1747). A Natural History of Uncommon Birds II. Londres: Printed for the author at the College of Physicians. p. 90, Plate 90. 
  6. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1979). Check-List of Birds of the World 1 (2ª ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 64. 
  7. Stephens, James Francis (1826). Shaw, George, ed. General Zoology, or Systematic Natural History: Volume 13, Part 1 13. Londres: Kearsley et al. p. 239. 
  8. 8,0 8,1 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (agosto de 2024). "Petrels, albatrosses". IOC World Bird List Version 14.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 27 de novembro de 2024. 
  9. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 89, 130-131. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  10. Gotch, A. T. (1995)
  11. Double, M. C. (2003)
  12. Ehrlich, Paul R. (1988)
  13. Marchant, S.; Higgins, P.G., eds. (1990). "Daption capese Cape Petrel" (PDF). Handbook of Australian, New Zealand & Antarctic Birds. Volume 1: Ratites to ducks; Part A, Ratites to petrels. Melbourne, Victoria: Oxford University Press. pp. 391–402. ISBN 978-0-19-553068-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2024. Consultado o 18 de febreiro de 2025. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 ZipCode Zoo (16 de xullo de 2009)
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Harrison, C. & Greensmith, A. (1993)
  16. Hauber, Mark E. (1 de agosto de 2014). The Book of Eggs: A Life-Size Guide to the Eggs of Six Hundred of the World's Bird Species. Chicago: University of Chicago Press. p. 41. ISBN 978-0-226-05781-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Double, M. C. (2003). "Procellariiformes (Tubenosed Seabirds)". En Hutchins, Michael; Jackson, Jerome A.; Bock, Walter J.; Olendorf, Donna. Grzimek's Animal Life Encyclopedia. 8 Birds I Tinamous and Ratites to Hoatzins. Joseph E. Trumpey, Chief Scientific Illustrator (2nd ed.). Farmington Hills, MI: Gale Group. pp. 107–111. ISBN 0-7876-5784-0. 
  • Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David S.; Wheye, Darryl (1988). The Birders Handbook (First ed.). Nova York, NY: Simon & Schuster. pp. 29–31. ISBN 0-671-65989-8. 
  • Gotch, A. F. (1995) [1979]. "Albatrosses, Fulmars, Shearwaters, and Petrels". Latin Names Explained A Guide to the Scientific Classifications of Reptiles, Birds & Mammals. Nova York, NY: Facts on File. pp. 191–192. ISBN 0-8160-3377-3. 
  • Harrison, C.; Greensmith, A. (1993). Bunting, E., ed. Birds of the World. Nova York, NY: Dorling Kindersley. p. 50. ISBN 1-56458-295-7. 
  • ZipCode Zoo (3 de xullo de 2009). "Daption capense australe (Snare Cape Pigeon)". BayScience Foundation. Arquivado dende o orixinal o 2012-06-09. Consultado o 20 de xullo de 2009. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]