Eduardo Sanjurjo de Carricarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Sanjurjo de Carricarte
Monumento a Eduardo Sanjurjo de Carricarte na Coruña.
Nacemento16 de decembro de 1911 e 1911
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de febreiro de 1966 e 1966
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónavogado e político
PremiosGran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Sanjurjo de Carricarte, nado na Coruña o 16 de decembro de 1911 e finado o 14 de febreiro de 1966, foi un avogado e alcalde da cidade da Coruña.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa da Rúa Alcalde Sanjurjo.

Estudou dereito en Valladolid e despois da guerra civil traballou cos alcaldes da Coruña Fernando Álvarez de Sotomayor e José Pérez-Ardá.

Accedeu á alcaldía o 13 de agosto de 1963 e cesou o 20 de decembro de 1965. Durante o seu mandato a cidade tivo unha época de grande expansión e grazas á súa iniciativa o 3 de xullo de 1964 constituíuse o Instituto José Cornide.[2] Foi procurador en Cortes (1961-1964).

Faleceu dous meses despois de deixar a alcaldía e o concello deulle o seu nome a unha rúa e a un colexio no barrio de Monte Alto. En 2010 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denunciou que estas honras debían ser retiradas conforme á Lei de memoria histórica.[3] En 2022, o colexio Sanjurjo de Carricarte pasou a denominarse Torre de Hércules.[4]

Honras[editar | editar a fonte]

Foille concedida a Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo branco en 1964[5]


Predecesor:
Sergio Peñamaría de Llano
 
Alcalde da Coruña
 
1963 – 1965
Sucesor:
Demetrio Salorio Suárez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía na wiki da Biblioteca Municipal de Estudos Locais do Concello de A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2011. 
  2. "Historia do Instituto José Cornide". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011. 
  3. "Tras Astray, hai 52 iconas franquistas por retirar na Coruña". A Historia é noticia. domingo, 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 2020-02-07. 
  4. "O colexio Sanjurjo de Carricarte pasa a denominarse Torre de Hércules de forma oficial". La Opinaión de A Coruña (A Coruña). 25-05-2022. Consultado o 27-05-2022. 
  5. Decreto 2965/1964, de 1 de octubre, por el que se concede a don Eduardo Sanjurjo de Carricarte la Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo blanco. BOE