Elías López Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elías López Armesto
AlcumePájaro
Nacemento1911
Lugar de nacementoTeilán
Falecemento1949
Lugar de falecementoTeilán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
IrmánsJosé López Armesto
editar datos en Wikidata ]

Elías López Armesto, coñecido como Pájaro, nado en Teilán (Bóveda) en 1911 e finado na mesma parroquia en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de José López Armesto. Incorporouse á guerrilla e foi membro da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, e un dos lugartenentes de Xosé Castro Veiga. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[1] O 22 de xuño de 1949 os disparos do garda civil infiltrado Francisco Cano Román acabaron coa vida dos seus compañeiros Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán. Elías resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois. Un pastor atopou o seu cadáver devorado por animais case un mes máis tarde. Foi soterrado no cemiterio de Teilán, nun lugar diferente ao dos outros dous guerrilleiros.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
  2. La última tumba del guerrillero de Teilán
  3. "El ADN deshará el entuerto de la fosa del cementerio de Teilán". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-06. Consultado o 2020-02-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]