Filipe V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe V de Francia
Nacemento1293
Lugar de nacementoVincennes
Falecemento3 de xaneiro de 1322
Lugar de falecementoAbbey of Longchamp
Causainfección
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo
Ocupacióngobernante
PaiFilipe IV de Francia
NaiXoana I de Navarra
CónxuxeJoana II, Condessa da Borgonha
FillosXoana III de Borgoña, Margarida I de Borgoña, Blanche van Frankrijk e Isabella of France, Dauphine of Viennois
IrmánsSabela de Francia, Carlos IV de Francia e Lois X de Francia
Na rede
WikiTree: Capet-639 Find a Grave: 21103 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Filipe V de Francia e II de Navarra o Longo (en francés Philippe V de France, Philippe II de Navarre ou Philippe V le Long), nado en 1293 e finado na Abadía de Longchamp o 3 de xaneiro de 1322, foi conde de Borgoña (1315-1322); rexente de Francia e Navarra (1316) e rei de Francia e Navarra (1316-1322).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Nado en 1293, era o cuarto fillo do rei Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra[1].

Era neto por liña paterna de Filipe III de Francia e da princesa Isabel de Hungría, e por liña materna de Henrique I de Navarra e Branca de Artois. Era irmán dos reis Lois X e Carlos IV.

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en xaneiro de 1307 coa condesa Xoana II de Borgoña, condesa de Artois e condesa de Borgoña, filla de Otón IV de Borgoña e Matilda de Artois. Desta unión naceron:

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

En 1316 á morte do rei Lois X de Francia, o irmán máis vello de Filipe, houbo serias disputas pola sucesión ao trono. Lois deixara unha filla, Xoana de Navarra, e un fillo que aínda non nacera. Á espera de descubrir o sexo do neno, Filipe V converteuse en rexedor do reino durante os cinco meses de embarazo da raíña viúva. Cando naceu un fillo varón, Xoán I de Francia, inmediatamente foi proclamado rei e sucesor de Lois X, co seu tío Filipe na rexencia. Por desgraza, o neno morreu cinco días despois de nacer. Xoana de Navarra reivindicou os seus dereitos, pero a Lei Sálica impediulle que reinase en Francia, pero non no Reino de Navarra, pero as súas demandas foron ignoradas e Filipe V foi nomeado rei.

Filipe V foi un gobernador enérxico, decidido e intelixente. Así loitou por abolir os privilexios da nobreza, terminando así progresivamente co sistema feudal da época e acadando un poder real centralizado. Durante o seu reino promulgou, redactou e asinou un gran número de ordenanzas reais, edictos e disposicións. Comezou a existencia da Cámara de Contas, o que permitiría sanear a administración pública. Continuou a Guerra de Flandres, iniciada polo seu pai, e en 1320 adquiriu varios territorios flamengos unha vez rematada esta. A continuación da política de seu pai impuxo altos impostos aos xudeus.

Morreu o 3 de xaneiro de 1322 na cidade de Longchamps e foi enterrado na catedral de Saint-Dennis. Pola morte dos seus fillos varóns, a coroa pasou ao seu irmán máis novo.

Notas[editar | editar a fonte]