France Gall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
France Gall
Nome completoIsabelle Geneviève Marie Anne Gall
AlcumeFrance Gall
Nacemento9 de outubro de 1947
Lugar de nacemento12.º arrondissement de Paris
Falecemento7 de xaneiro de 2018
Lugar de falecementoNeuilly-sur-Seine
Causacancro
SoterradaCemiterio de Montmartre
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Paul-Valéry
Ocupacióncantante
PaiRobert Gall
NaiCecile Berthier
CónxuxeMichel Berger
FillosRaphaël Hamburger e Pauline Hamburger
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, officier de l'ordre national du Mérite, Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito, Premio Victoire á interprete feminina e First prize of the Eurovision Song Contest
Na rede
IMDB: nm0302287 Allocine: 35685
Facebook: francegall.net MySpace: francegallberger Youtube: UCtMXv7B9VCLPtFuXJk-ToTQ Souncloud: france-gall-official Spotify: 22HVxZPA6UhBp8wahxDA6I iTunes: 14441183 Last fm: France+Gall Musicbrainz: 385966f0-b912-4755-bad6-4780ebf3f4cd Songkick: 9122039 Discogs: 257876 Allmusic: mn0000799466 WikiTree: Gall-501 Find a Grave: 186447206 Deezer: 4675 Genius: France-gall Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Isabelle Geneviève Marie Anne Gall, nada en París o 9 de outubro de 1947 e finada na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2018, foi unha popular cantante e modelo francesa, máis coñecida coma France Gall.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende a súa infancia estivo rodeada de música: seu pai foi o compositor Robert Gall (autor de, entre outros, «La Mamma» para Charles Aznavour) e súa nai, Cécile Berthier, era filla de Paul Berthier, co-fundador da Manécanterie des Petits Chanteurs à la Croix de Bois (Escola coro dos pequenos cantores da cruz de madeira), polo que é prima do guitarrista Denys Lablé e do compositor Vincent Berthier. Ten dous irmáns xemelgos maiores ca ela chamados Claude e Patrice, baixista e guitarrista respectivamente. Na primavera de 1963, Robert Gall, ao se decatar da boa voz da súa única filla, que daquela tiña só 15 anos, animouna a gravar cancións e enviou as probas ao editor Denis Burgeois, con quen fixo unha audición no Teatro dos Campos Elisios de París en xullo. A Burgeois impresionoulle tanto a súa voz e imaxe, que a contratou de inmediato e a fixo firmar coa compañía Phillips, onde el traballaba como director artístico e onde tamén Serge Gainsbourg era compositor. Este, que nesa época escribía para artistas franceses coma Michele Arnaud e Juliette Gréco, aceptou a solicitude de Burgeois de compor para a rapaza France Gall. Gainsbourg tamén facilitou que Gall gravase con arranxos do músico de jazz Alain Goraguer.

A Nena cantante[editar | editar a fonte]

O seu primeiro sinxelo foi o tema con algo de twist «Ne sois pas si béte», que soou por primeira vez na radio xusto no seu 16º aniversario. O primeiro tema que lle compuxo Gainsbourg, «N’ecoute pas les idoles» (Non escoites aos ídolos), foi un grande éxito no seu país, chegando a estar dúas semanas no top das listas en marzo de 1964. Nese período Gall debutou tamén en vivo, abrindo os concertos de Sacha Distel en Bélxica. Uniuse ao equipo do representante de Distel, Maurice Téze, quen tamén era letrista, o que lle permitiu crear un repertorio orixinal, a diferenza das contemporáneas rapazas yéyé que cantaban adaptacións ao francés de éxitos en inglés. Por outro lado, con este equipo de compositores debía ás veces loitar por facer valer as súas preferencias musicais para o material que ía interpretar.

Amais das cancións escritas por seu pai (coma «La cloche» e o soñador «Les rubans et la fleur»), o éxito de Gall construíuse sobre un abanico de cancións pop adictivas como tamén sofisticadas, compostas polos mellores compositores e letristas de Francia coma Gérard Bourgeois, Jean-Pierre Bourtayre, Joe Dassin, Jacques Datin, Pierre Delanoë, Jean Dréjac, Alain Goraguer, Hubert Giraud, Georges Liferman, Guy Magenta, Eddy Marnay, Jean-Michel Rivat, Jean-Max Rivière, Frank Thomas, Maurice Vidalin, André Popp, Gilles Thibaut e Jean Wiener.

As cancións de Gall nos seus primeiros anos expoñían decote o estereotipo da mente dunha adolescente, e as elaboradas orquestracións de Alain Goraguer, combinaban estilos, permitíndolle navegar entre o jazz, cancións infantís, baladas con toques clasicistas, ou o que conviñese; por exemplo, as mesturas con jazz pódense oír en temas como «Mes premières vraies vacances» (de Datin-Vidalin) e «Jazz à gogo» (R. Gall e A. Goraguer). A asociación de Gall e Gainsbourg produciu moitos sinxelos populares, continuando no verán de 1964 co éxito «Laisse tomber les filles» («Deixa tranquilas ás rapazas») seguido por «Christiansen» (Datin-Vidalin). Gainsbourg tamén gravou secretamente a risa explosiva de Gall para a utilizar en «Pauvre Lola», un tema do seu álbum de 1964 Gainsbourg Percussions. Malia a rexeitar previamente, Gall gravou cara a finais de 1964 unha canción para nenos, a entretida «Sacré Charlemagne», con letra de seu pai e arranxos musicais de George Liferman, que foi un verdadeiro éxito en 1965 chegando a vender dous millóns de copias.

Daquela, Gall xa era habitual nos programas da televisión francesa.

Eurovisión 1965[editar | editar a fonte]

Eurovision 1965 - Serge Gainsbourg, France Gall e Mario del Monaco.

France Gall foi seleccionada para representar a Luxemburgo no Festival de Eurovisión de 1965. Das 10 cancións propostas, elixiu «Poupée de cire, poupée de son», de Gainsbourg. O 20 de marzo de 1965, Gainsbourg, Gall e Goraguer pasaron ás finais do concurso celebrado en Nápoles, onde a súa interpretación, impregnada de tenrura xuvenil e feminidade, chamou a atención, chegando a acadar no Grand Prix o primeiro lugar. O soado éxito obtido en Eurovisión garantiu que Gall fose coñecida fóra de Francia: gravou «Poupée de cire, poupée de son» tamén en finés, alemán, italiano, e xaponés. Nunca apareceron versións de France Gall en inglés e español, aínda que as fixeron a estrela inglesa dos sesenta Twinkle e a española Karina. No certame do 50.º Aniversario de Eurovisión, a de Gall foi elixida unha das mellores actuacións da historia.

Xira de Verán[editar | editar a fonte]

France Gall durante a súa actuación no Festival de Eurovisión de 1965.

No verán de 1965, France Gall percorreu Francia durante varios meses co espectáculo «Le Grande Cirque de France» (O gran circo de France/Francia), unha combinación de espectáculo de radio e circo en vivo. Os seus sinxelos continuaron nas listas de éxitos, incluíndo o tema de Gainsbourg «Attends ou va-t’en» (Agarda ou vaite) e «Nous ne sommes pas des anges» (Nós non somos anxos). Tamén tivo éxito co tema de inspiración country «L’Amerique» de Eddy Marnay e Guy Magenta.

Oportunidades cinematográficas[editar | editar a fonte]

Despois dun telefilme dirixido por Jean-Christophe Averty dedicado a difundir as súas cancións en 1965, Gall recibiu unha petición do famoso Walt Disney para aparecer no papel de Alicia nunha versión musical da película Alicia no país das marabillas, despois do lanzamento dunha película de animación en 1951. Aínda que Gall insistira en que ela non quería dedicarse ao traballo cinematográfico, aceptou este proxecto por ser o único que se axustaba ao seu perfil; lamentablemente, o proxecto foi cancelado trala morte de Disney en 1966.

Nese ano apareceu no especial de televisión «Viva Morandi», realizado no mesmo molde psicanalítico có da película de Federico Fellini Giulietta dos espíritos, onde interpretou La Grâce (a graza) canda Christine Lebail que interpretou La Pureté (a pureza).

O ofrecemento máis audaz sen dúbida foi o que lle fixo o director Bernardo Bertolucci para o principal rol feminino (que foi interpretado finalmente por Maria Schneider) no O derradeiro tango en París (1972). Non obstante, logo de ler a descrición das escenas nas que se vería envolta o seu personaxe, rexeitou firmemente a oferta.

1966, Les Sucettes[editar | editar a fonte]

Outra composición de Gainsbourg, Les Sucettes («As piruletas») de 1966, causou certa polémica polo xogo de palabras que Serge introduciu, onde a letra, que aparenta tratar da inocente situación dunha nena (Anni) que gusta de gastar os seus céntimos en lambetadas, pode ser interpretada coma unha alegoría da felación. Cando France se decatou do dobre sentido do tema, quedou afectada e rompeu a súa relación laboral con Gainsbourg, quen con isto quixo poñer a proba a imaxe tenra e inocente da cantante. Neste mesmo ano, Gall gravou o tema «Bonsoir John John», unha triste canción dedicada a John John, o pequeno fillo do presidente norteamericano asasinado John Fitzgerald Kennedy.

De 1967 en diante[editar | editar a fonte]

Outra canción de Gainsbourg, «Teenie Weenie Boppie», falaba dos problemas dunha rapaza coa droga do momento, o LSD. Gall tentou estender os seus éxitos gravando en Alemaña con orquestración de Werner Müller, onde obtivo éxitos en alemán coma «Haifischbaby» (en francés "Bébé requin"), «Die schönste Musik, die es gibt», «A Banda», «Der Computer Nº3» e «Kilimandscharo». En 1969 participou tamén nunha edición do Festival de San Remo coa canción «La pioggia» (A choiva), interpretada a dúo con Gigliola Cinquetti. Trala súa etapa de rapaza ye-ye seguiu obtendo éxitos nos 70 e 80, e volvendo a coñecer o verdadeiro éxito co tema «La déclaration d’amour» composto por Michel Berger, quen se converteu no seu marido en 1976. Ao ano seguinte acadou o cumio das listas do seu país co tema «Musique» pertencente ao álbum Dancin Disco que chegou a ser Disco de ouro en vendas. En 1980 gravou un disco EP con temas en francés a dúo con Elton John titulados «Les aveux» e «Donner pour donner». En 1988 alcanzou as máximas posicións nas listas musicais de moitos países con Ella, elle l’a, un tema composto tamén polo seu marido, dedicado á memoria da cantante de jazz Ella Fitzgerald.

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 1963 - Ne sois pas si bête
  • 1964 - N’écoute pas les idoles
  • 1964 - Jazz à gogo
  • 1964 - Laisse tomber les filles
  • 1964 - Sacré Charlemagne
  • 1965 - Poupée de cire, poupée de son
  • 1965 - Attends ou va-t’en
  • 1965 - Nous ne sommes pas des anges
  • 1966 - Baby pop
  • 1966 - Les sucettes
  • 1967 - Néfertiti
  • 1967 - Bébé requin
  • 1967 - Toi que je veux
  • 1968 - Le temps du tempo
  • 1968 - Y’a du soleil à vendre
  • 1968 - 24 / 36
  • 1969 - Homme tout petit
  • 1969 - Les années folles
  • 1969 - Baci, baci, baci
  • 1970 - Zozoï
  • 1970 - Les éléphants
  • 1971 - C’est cela l’amour
  • 1971 - Chasse neige
  • 1972 - Frankenstein
  • 1972- 5 minutes d’amour
  • 1973 - Plus haut que moi
  • 1974 - La déclaration d’amour
  • 1974 - Mais, aime la
  • 1975 - Comment lui dire
  • 1976 - Ce soir je ne dors pas
  • 1976 - Ça balance pas mal à Paris (con Michel Berger)
  • 1977 - Musique
  • 1977 - Si, maman si
  • 1978 - Le meilleur de soi-même
  • 1978 - Viens je t’emmène
  • 1979 - Besoin d'amour
  • 1980 - Il jouait du piano debout
  • 1980 - Bébé, comme la vie
  • 1980 - Donner pour donner (con Elton John)
  • 1981 - Tout pour la musique
  • 1981 - Résiste
  • 1981 - Amor También
  • 1984 - Débranche
  • 1984 - Hong Kong Star
  • 1984 - Calypso
  • 1984 - Cézanne peint
  • 1987 - Babacar
  • 1987 - Ella, elle l’a
  • 1988 - Évidemment
  • 1988 - Papillon de nuit
  • 1989 - La chanson d’Azima
  • 1992 - Laissez passez les rêves (con Michel Berger)
  • 1992 - Superficiel et léger (con Michel Berger)
  • 1993 - Les élans du coeur (con Michel Berger)
  • 1993 - Mademoiselle Chang (live)
  • 1993 - Si, maman si (live)
  • 1993 - Il jouait du piano debout (live)
  • 1994 - La négresse blonde (live)
  • 1994 - Paradis Blanc (live)
  • 1994 - Les princes des villes
  • 1996 - Plus haut
  • 1996 - Privée d’amour
  • 1996 - Message personnel
  • 1997 - Résiste (remix)
  • 1997 - Attends ou va-t’en (en directo)
  • 2004 - Zozoï (Reedición do sinxelo do 1970)
  • 2004 - La seule chose qui compte

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Baby Pop (1966)
  • Les sucettes (1967)
  • 1968 (1968)
  • Les années folles (1973)
  • France Gall (1976)
  • Dancing disco (1977)
  • France Gall Live (1978)
  • Starmania (varios artistas, 1978)
  • Paris, France (1980)
  • Tout pour la musique (1981)
  • Au Palais des Sports (En directo, 1982)
  • Débranche (1984)
  • France Gall au Zénith (En directo, 1985)
  • Le Tour de France 88 (compilado actuacións, 1988)
  • Les années musique (1990)
  • Double jeu (1992)
  • Simple je (1993)
  • Pleyel (En directo, 1995)
  • France (1996)
  • Concert public (1997)
  • Best of France Gall (2004)
  • Évidemment (2004)
Predecesor:
Gigliola Cinquetti

Gañadores no Festival de Eurovisión

1965
Sucesor:
Udo Jürgens