George Carlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Carlin
Carlin en 2008
Nome completoGeorge Denis Patrick Carlin
Nacemento12 de maio de 1937
LugarNova York
Falecemento22 de xuño de 2008
LugarSanta Monica (California)
CausaInsuficiencia cardíaca
Nacionalidade estadounidense
Relixiónateísmo e católico non practicante
Educado enCardinal Hayes High School e Bishop Dubois High School
Cónxuxe(s)Brenda Carlin e Sally Wade
FillosKelly Carlin
Profesiónactor, actor de televisión, actor de cinema, humorista, presentador de televisión, escritor, actor de dobraxe, locutor de radio, monologuista, xornalista, humorista, guionista, compositor e produtor
Na rede
https://georgecarlin.com
IMDB: nm0137506 Allocine: 77534 Rottentomatoes: celebrity/george_carlin Allmovie: p10949 TCM: 28893 TV.com: people/george-carlin
Spotify: 5alRKXufstWwyHsyQbpi9n iTunes: 2079771 Musicbrainz: 5a79e923-b2ef-45fd-bc48-9beebdb21e78 Songkick: 111223 Discogs: 435995 WikiTree: Carlin-167 Find a Grave: 27758510 Genius: George-carlin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Denis Patrick Carlin, nado o 12 de maio de 1937 en Nova York e finado o 22 de xuño de 2008 en Santa Monica (California), foi un humorista, actor e escritor estadounidense que gañou cinco Grammy polos seus álbums de comedia[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlin caracterizouse pola súa actitude irreverente, o seu humor negro e os seus pensamentos contracorrente en política, lingua inglesa, psicoloxía, relixión, e varios suxeitos considerados tabú pola sociedade estadounidense da época. Carlin e a súa comedia "Seven dirty words" foi o eixo da decisión do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso F.C.C. v. Pacifica Foundation (1978), que outorgou poder ao goberno para regulamentar o contido das emisións públicas de radio para evitar a utilización de linguaxe indencente.

O primeiro dos seus 14 especiais de comedia en vivo para a HBO gravouse en 1977. Na década de 1990 e 2000 centrou as súas actuacións en asuntos de política contemporánea estadounidense e satirizou o exceso de cultura americana. O seu derradeiro especial, It's Bad for Ya, gravouse tan só catro meses antes da súa morte.

Carlin sitúase segundo na lista que fixo Comedy Central dos 100 mellores cómicos en vivo de todos os tempos, superado por Lenny Bruce.[2] Carlin participou frecuentemente en The Tonight Show durante as tres décadas da era Johnny Carson e foi o anfitrión do primeiro episodio de Saturday Night Live (1975). Gravou 19 álbums de comedia e seis recompilatorios, en vida publicou catro libros entre eles Brain Droppings (1997) que recibiu un Grammy pola súa versión en audiolibro, participou en varios filmes e tivo o seu propio programa de televisión The George Carlin Show (1994-1995).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Comedian George Carlin wins posthumous Grammy". Reuters. February 8, 2009. Consultado o 2009-02-08. 
  2. "Stand Up Comedy & Comedians". Comedy Zone. Consultado o 2006-08-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]