Gerardo Conde Roa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerardo Conde Roa
Datos persoais
Nacemento28 de setembro de 1959
 Padrón
OrganizaciónPartido Popular de Galicia
ProfesiónAvogado e político
editar datos en Wikidata ]

Gerardo Jesús Conde Roa, nado o 28 de setembro de 1959 en Padrón, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, afiliouse a Alianza Popular e posteriormente ao Partido Popular de Galicia. O seu primeiro cargo na política foi o de concelleiro en Santiago, entre 1983 e 1991. Foi candidato á alcaldía en 1987, onde foi derrotado, deputado no Parlamento de Galicia (1987-2000) polo Partido Popular, membro do Consello de Administración de RTVE e o candidato deste partido á alcaldía de Santiago de Compostela de novo nas eleccións de 2007, onde quedou foi o máis votado sen maioría absoluta, polo que non puido gobernar.

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixido deputado do PPdeG pola provincia da Coruña. Renunciou en setembro de 2010 e foi substituído por Ángeles Vázquez Mejuto[1].

O 10 de xullo de 2008 gañou o congreso do PP de Santiago cun total de 526 votos sobre 957 totais,[2] co que encabezou a lista local do Partido Popular ás eleccións municipais de 2011. Nos comicios de maio dese ano o seu partido acadou a maioría absoluta na cidade de Compostela, e Conde Roa foi proclamado alcalde.

Polémicas[editar | editar a fonte]

Durante o ano 2008 estivo involucrado en numerosas polémicas relacionadas co non pagamento de tributos municipais arredor da súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidade.[3]

O 2 de abril do 2012, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela admitiu a trámite unha querela criminal presentada pola fiscalía por un presunto delito contra a Facenda Pública durante a súa etapa como promotor inmobiliario, segundo a cal o alcalde non tería declarado o IVE de 61 vivendas a través da súa promotora inmobiliaria, Geslander Proyectos de Edificación S.L., en 2010. Segundo consta no expediente de Facenda, Conde Roa, administrador único de Geslander Proyectos de Edificación S.L., defraudou nesa transacción case 300.000 euros.[4] Dimitiu do posto de alcalde o 16 de abril[5].


Predecesor:
Xosé Antonio Sánchez Bugallo
 
Alcalde de Santiago
 
2011 - 2012
Sucesor:
Ángel Currás Fernández

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi membro do grupo católico Opus Dei[6]. Declarou que integraría Compostela na Rede española de cidades pola vida, unha rede antiabortista de tradición católica.[7]

Non sei que imaxe teño, tradicional, contraditoria, excéntrica, distante, populista... Fuxo dos asesores coma do demo. Son como son, cargado de contradicións, tranquilo, aínda que ás veces pareza o contrario, moi inconformista e a única imaxe que me preocupa (se é que se pode falar así) é aquela que de min teña Deus. Para serlle sincero, opino que é manifestamente mellorable, mais creo profundamente no perdón e na misericordia.
Conde Roa, na entrevista para El Correo Gallego o 5 de xaneiro de 2011.[8]

Casou e divorciouse. Ten cinco fillos da primeira muller e tres dunha segunda parella[9].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]