Glenn Gould

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glenn Gould
Glenn Gould contra o 1980.
Nome completoGlenn Herbert Gould
Data nacemento25 de setembro de 1932
Nado enToronto, Canadá
Falecemento4 de outubro de 1982
Toronto, Canadá
 Toronto
CausaIctus
SoterradoMount Pleasant Cemetery
OcupaciónPianista
Instrumento(s)Piano
Tempo en activo1950-1982
Na rede
http://www.glenngould.com/
IMDB: nm0332384 Facebook: glenngould Twitter: GlennGouldFndn Spotify: 13dkPjqmbcchm8cXjEJQeP Last fm: Glenn+Gould Musicbrainz: 7002bf88-1269-4965-a772-4ba1e7a91eaa Songkick: 250956 Discogs: 517160 IMSLP: Category:Gould,_Glenn Allmusic: mn0000803752 WikiTree: Gold-650 Find a Grave: 2128 Deezer: 58962 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Glenn Gould.

Glenn Herbert Gould, nado en Toronto o 25 de setembro de 1932 e finado o 4 de outubro de 1982, foi un pianista canadense, especialmente recoñecido[1] como intérprete das sonatas e das Variacións Goldberg de Johann Sebastian Bach, así como das obras pianísticas de Arnold Schönberg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia de músicos (o pai era afeccionado; a nai profesional), Gould aprendeu a tocar o piano con esta última, que tocaba ademais o órgano. O seu avó era curmán de Edvard Grieg. Foi á escola Royal Conservatory of Music cando tiña dez anos de idade, converténdose no discípulo máis famoso do pianista chileno Alberto Guerrero.

O seu primeiro concerto (tocou o órgano) tivo lugar en 1945, e fixo a súa primeira aparición con orquestra o ano seguinte cando executaba o Concerto para piano nº 4 de Beethoven coa Orquestra Sinfónica de Toronto. Realizou a súa primeira execución pública como pianista só en 1947.

Dez anos máis tarde, Gould fixo unha viaxe á Unión Soviética e foi o primeiro pianista canadense en visitar ese país despois da segunda guerra mundial.

O 10 de abril de 1964 tocou en público por última vez nos Ánxeles e anunciou que se retiraba dos escenarios cando era unha auténtica figura internacional. A razón é que empezou a sentir hastío pola interpretación en directo e creu que servía mellor á música nun estudo de gravación que na sala de concertos. Pensaba ademais que a música se preservaba mellor na intimidade.

Ademais das gravacións de piano, ás que se dedicou con afán durante o resto da súa vida, dedicouse tamén á escritura e á radio, que lle apaixonaba. Morreu en Toronto o 4 de outubro de 1982 despois de sufrir un infarto cerebral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jean-Pierre Thiollet, 88 notes pour piano solo, "Solo nec plus ultra", Neva Editions, 2015. p.50. ISBN 978 2 3505 5192 0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]