Gripe aviaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gripe aviaria
Clasificación e recursos externos
Influenza A virus, o virus que causa a gripe aviaria. Micrografía electrónica de transmisión de virions en tinción negativa (claros sobre fondo escuro). (Fonte: Dr. Erskine Palmer, Imaxe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades).
ICD-10J09
ICD-9488
DiseasesDB6791
MedlinePlus007263
eMedicine1170/med
MeSHD007251
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A gripe aviaria ou influenza aviaria[1] é unha enfermidade viral das aves causada por cepas A de virus influenza que se pode transmitir ao ser humano e a outros animais (pero sobre todo ao porco).[2] Identificouse pola primeira volta en Italia a comezos do século XX e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde 1950 houbo quince epidemias de gripe aviaria, delas cinco graves. En 1997 coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en Hong Kong. Na epidemia de 2004 morreron 30 persoas, sobre todo en Vietnam e en Tailandia.

Microfotografía de virus A H5N1 da gripe aviaria.

A gripe aviaria describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, H5N1, que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha pandemia e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.

Ata novembro de 2007 diagnosticouse a gripe aviaria en humanos H5N1 nun total de 12 países, con 355 casos e 206 mortes, o que representa unha mortalidade do 61,5%.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vocabulaire panlatin de la grippe aviaire" (PDF). Office québécois de la langue française. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  2. "¿Debería preocuparnos la gripe aviar entre los mamíferos?". Infoterio Noticias | Ciencia y Tecnología (en castelán). Consultado o 2023-02-10. 
  3. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.