Illas Malveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°36′38″N 8°47′47″O / 42.6106, -8.79649

Illas Malveiras
Ó fondo e á esquerda, as illas Malveiras; á dereita, a illa de Cortegada; entre elas, as illas Briñas. O Carril
Illas Malveiras en Pontevedra
Illas Malveiras
Illas Malveiras
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
Provincia Pontevedra
MarOcéano Atlántico
Xeografía
Superficie0´055 km²
Punto máis alto.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

As Illas Malveiras son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Pertencen ó concello de Vilagarcía de Arousa.

Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie. A meirande está arrodeada de area en toda a súa parte sur e é rochosa na súa parte norte; contén vexetación (especialmente toxos (Ulex europaeus), fentos, figueiras bravas e loureiros) e posúe un par de piñeiros na súa cima. Está coroada por unha vella cruz de pedra e tamén pode verse os restos dunha caseta de ladrillo. A Malveira Pequena é máis baixa e pedregosa que a anterior, e nela só medra o toxo.

  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: de unha, de outra.