Imperio Antigo de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Antigo de Exipto

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 29°50′41″N 31°15′03″L / 29.844667, 31.250917Coordenadas: 29°50′41″N 31°15′03″L / 29.844667, 31.250917
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porPrimeiro Período Intermedio Editar o valor em Wikidata

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

O Imperio Antigo de Exipto (2700-2134 a.c.), tamén chamado Reino Antigo, é o período no que se construíron as grandes pirámides e durante o que reinaron os faraóns das seguintes dinastías:

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade máis poderosa deste período foi Menfis, a primeira capital do Exipto unido. Abidos, no norte, foi a primeira cidade funeraria, se ben máis tarde os faraóns preferiron Saqqara, preto da capital.

O Imperio Antigo iníciase coa III dinastía, cuxo segundo faraón, Zoser (2630-2611 a.c.), foi inmortalizado grazas ás impresionantes construcións realizadas baixo a dirección do seu primeiro funcionario Imhotep. Especialmente, a pirámide de Zoser de Saqqara, na que substituíu os ladrillos por pedra como elemento construtivo e introduciu as columnas (acaroadas).

Pirámide de Queops

A IV dinastía (2726-2563 a.c.) é a dos grandes construtores de pirámides. Os trazos típicos e esenciais deste tipo de sepultura real ficaron establecidos cunha das dúas que Snefru, o fundador da dinastía, fixo constituír en Dahshur: pirámide con cámara sepulcral escavada debaixo, na rocha; foxo arrodeándoa, templo funerario e templo exterior, unido ao río mediante unha canle pola que chegaba o barco funerario. Tres dos seus sucesores, Khufu (Queops), Quefrén e Menkaure (Micerinos) foron os construtores das grandes pirámides de Giza: Khufu ergueu a Gran Pirámide; Khefren, ademais da súa pirámide mandou esculpir a Esfinxe, e a terceira pirámide do complexo é a de Menkaure, que ficou inacabada debido á decadencia posterior. Kheops foi descrito posteriormente como un tirano cruel que escravizou aos seus súbditos.

Durante a V dinastía (2563-2423 a.c.) deixouse de construír grandes pirámides. As tumbas señoriais son, pola contra, máis suntuosas que con anterioridade, constrúense en provincias e decóranse con escenas cotiás. Reviviuse o culto a Re e á súa filla Hathor, en honra a quen se ergueron varios templos.

A economía foise debilitando cos últimos reis da VI dinastía, como reflicte o tamaño cada vez menor das últimas pirámides de Saqqara e Abusir. O longo reinado de Pepi II (2278-2184 a.C) contribuíu a agravar a situación provocada por sucesivas más colleitas e a debilidade dos seus últimos anos. Sucedeulle a primeira raíña de Exipto, Nitocris, que nada puido facer para impedir o declive.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.