Isabel Allende Karam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isabel Allende Karam
Nacementoséculo XX
NacionalidadeCuba
Ocupacióndiplomática e política
editar datos en Wikidata ]

Isabel Allende Karam é unha diplomática e tradutora cubana, reitora do Instituto Superior de Relacións Internacionais de Cuba.[1]

Estudou en Chequia, traballou no Centro Cultural de Cuba en Praga e na Embaixada de Cuba en Checoeslovaquia.[2]

Foi tradutora de Fidel Castro durante a súa viaxe a Chequia. A súa carreira continuou como directora do departamento de países socialistas centroeuropeos no MINREX, Ministerio de relacións exteriores de Cuba. Tamén traballou como Viceministra de relacións exteriores de Cuba e embaixadora de Cuba en España (1999) e Rusia. O seu esposo é un escritor cubano.[Cómpre referencia][2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Superior de Relaciones Internacionales Raúl Roa García". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 24 de outubro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 «Výstup vědeckého projektu RM 03/01/09„Hospodářské vztahy Kuby a Československa v 60. až 80. letech“»
  3. "«Palabras de Isabel Allende Karam, Rectora del ISRI, en la apertura del Taller Científico Nacional “50 años de diplomacia revolucionaria”. 10 de xuño de 2009»". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 29 de marzo de 2010. 
  4. "«España. Creciente apoyo a Cuba»". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 15 de agosto de 2007. 
  5. "REPRESENTACIONES CUBANAS EN EL EXTERIOR 2000". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 24 de outubro de 2010.