Jaime Hervada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jaime Hervada Fernández España»)
Jaime Hervada
Nacemento21 de setembro de 1926
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento30 de marzo de 2018
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, militar e avogado
PremiosGran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Jaime Hervada Fernández-España, nado na Coruña o 21 de setembro de 1926 e finado o 30 de marzo de 2018,[1] foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rúa Alcalde Jaime Hervada, A Coruña

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi coronel auditor do Corpo Xurídico-Militar de Terra e presidente da compañía de Tranvías da Coruña. Foi nomeado alcalde da Coruña o 2 de febreiro de 1974 e cesou no posto o 15 de xaneiro de 1976. Nos dous anos que estivo de alcalde xestionou a construción do encoro de Cecebre.[2]

Casou con María del Carmen Echevarría Rodríguez en 1954.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece a los 91 años Jaime Hervada, el alcalde que construyó Cecebre". La Opinión de A Coruña (en castelán). 1 de abril de 2018. 
  2. "Posts Tagged Calle Alcalde Jaime Hervada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Pérez-Ardá
 
Alcalde da Coruña
 
1974 – 1976
Sucesor:
José Manuel Liaño Flores