Jean-Luc Nancy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Luc Nancy
Nome completoJean-Luc Roland Louis André Nancy
Nacemento26 de xullo de 1940
Lugar de nacementoCaudéran
Falecemento23 de agosto de 2021
Lugar de falecementoEstrasburgo
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de Tolosa-Jean Jaurès e Marc Bloch University
Ocupaciónfilósofo e profesor universitario
PremiosAlbertus-Magnus professorate
Na rede
IMDB: nm1241909 Allocine: 93669 Allmovie: p347381 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-Luc Nancy, nado en Bordeos o 26 de xullo de 1940 e finado en Estrasburgo o 23 de agosto de 2021, foi un filósofo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor emérito de filosofía na Universidade Marc Bloch de Estrasburgo e colaborador das de Berkeley e Berlín, está considerado como un pensador orixinal que recorre por conta propia os camiños abertos por Heidegger, Bataille ou Derrida, interlocutor de Blanchot.

É autor de numerosas obras nas que se abordan algún dos problemas máis profundos e cruciais do século XX como a construción das nacionalidades e os nacionalismos, que considera unha resposta a esa inxente máquina, arroiadora de identidades, que foi e é a Modernidade na que destacou a filosofía alemá.[1]

Nancy aborda tamén na súa obra o Sentido, ou o final do Sentido como diagnóstico do noso tempo máis preciso aínda que a fin da historia ou das ideoloxías,[2] a ontoloxía do “nosoutros”.[3][4] Tamén abordou temas como o da globalización ou mundialización.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Remarque spéculative (Un bon mot de Hegel), París, Galilée, 1973.
  • La titre de la lettre, París, Galilée, 1973 (con Philippe Lacoue-Labarthe)
  • Le Discours de la syncope. I. Logodaedalus, París, Flammarion, 1975.
  • L'absolu littéraire. Théorie de la littérature du romantisme allemand, París, Seuil, 1978 (con Philippe Lacoue-Labarthe).
  • Ego sum, París, Flammarion, 1979.
  • Le partage des voix, París, Galilée, 1982.
  • La communauté désoeuvrée, París, Christian Bourgois, 1983.
  • L'Impératif catégorique, París, Flammarion, 1983.
  • L'oubli de la philosophie, París, Galilée, 1986.
  • Des lieux divins, Mauvezin, T.E.R, 1987.
  • L'expérience de la liberté, París, Galilée, 1988.
  • Une Pensée Finie, París, Galilée, 1990.
  • Le poids d'une pensée, Québec, Le griffon d'argile, 1991.
  • Le mythe nazi, La tour d'Aigues, L'Aube, 1991 (con Philippe Lacoue-Labarthe)
  • La comparution (politique à venir), París, Bourgois, 1991 (con Jean-Christophe Bailly).
  • Corpus, París, Métailié, 1992.
  • Les Muses, París, Galilée, 1994.
  • Être singulier pluriel, París, Galilée, 1996.
  • Hegel. L'inquiétude du négatif, París, Hachette, 1997.
  • L'Intrus, París, Galilée, 2000.
  • Le regard du portrait, París, Galilée, 2000.
  • Conloquium, intro. à Roberto Esposito, Communitas, trad. de Nadine Le Lirzin, París, PUF, 2000.
  • La pensée dérobée. París, Galilée, 2001.
  • The evidence of film. Bruxelles, Yves Gevaert, 2001.
  • La création du monde ou la mondialisation. París, Galilée, 2002.
  • Nus sommes. La peau des images. París, Klincksieck, 2003. (con Federico Ferrari)
  • La déclosion (Déconstruction du christianisme 1). París, Galilée, 2005.
  • Iconographie de l'auteur. París, Galilée, 2005. (with Federico Ferrari)
  • Tombe de sommeil, París, Galilée, 2007.
  • Juste impossible. París, Bayard, 2007.
  • Vérité de la démocratie, París, Galilée, 2008.
  • Démocratie, dans quel état?, avec G. Agamben, A. Badiou, D. Bensaïd, W. Brown, J. Rancière, K. Ross et S. Žižek, La Fabrique, 2009.
  • L'Adoration. Déconstruction du christianisme II, París, Galilée, 2010.
  • Atlan. Les détrempes, París, Hazan, 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El mito nazi, tradución e epílogo de Juan Carlos Moreno Romo, Anthropos, 2002
  2. Un pensamiento finito, Antropos, 2002
  3. Ser singular plural, Arena Libros
  4. La comunidad inoperante, LOM, Santiago de Chile, 2000
  5. La creación del mundo o la mundialización, Paidos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]