John le Carré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John le Carré
Nome completoDavid John Moore Cornwell
AlcumeJohn le Carré
Nacemento19 de outubro de 1931
Lugar de nacementoPoole
Falecemento12 de decembro de 2020
Lugar de falecementoRoyal Cornwall Hospital
Causapneumonía
NacionalidadeReino Unido e Irlanda
Alma máterLincoln College, Sherborne School, Universidade de Berna e St Andrew's School, Pangbourne
Ocupaciónnovelista, guionista, produtor de cinema, actor, espía e escritor
NaiOlive Moore Cornwell
CónxuxeAlison Sharp e Valerie Eustace
FillosNick Harkaway
IrmánsCharlotte Cornwell e Rupert Cornwell
Coñecido porO Espião Que Saiu do Frio (livro), Tinker Tailor Soldier Spy, The Honourable Schoolboy, Smiley's People, The Constant Gardener, Call for the Dead, A Small Town in Germany, The Little Drummer Girl, O Canto da Missão, A Most Wanted Man, The Night Manager, Our Kind of Traitor, A Delicate Truth, O Alfaiate do Panamá, Single e Single, Amigos Absolutos, The Looking Glass War e Our Game
PremiosJames Tait Black Memorial Prize, The Grand Master, Prémio Somerset Maugham, Martin Beck Award, Cartier Diamond Dagger, Helmerich Award, Dagger of Daggers, Medalla Goethe, doutor honoris causa pola Universidade de Berna, Prémio Olof Palme, German Crime Fiction Award e Edgar Allan Poe Award for Best Novel
Na rede
http://www.johnlecarre.com/
IMDB: nm0494170 Allocine: 38131 Allmovie: p167789 TV.com: people/john-le-carre
Dialnet: 2504051 Musicbrainz: 1b4ea83b-9839-4956-991d-f7f736ccff28 Discogs: 1626155 WikiTree: Cornwell-1579 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David John Moore Cornwell, nado en Poole, Dorset, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931[1] e finado en Truro o 12 de decembro de 2020,[2] foi un novelista británico, máis coñecido co sobrenome de John le Carré.

Durante as décadas de 1950 e 1960, traballou no Servizo de Seguridade (MI5) e no Servizo Secreto de Intelixencia (MI6). A súa terceira novela, The Spy Who Came in from the Cold (1963), converteuse nun best-seller internacional e abandonou os traballos anteriores parta se converter en escritor a tempo completo. Especializouse no xénero de relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría e outros escritores como Frederick Forsyth o consideran o mestre das novelas de espías.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo unha infancia difícil pois foi abandonado pola súa nai cando tiña 5 anos e seu pai era un estafador profesional.[1][3]

Estudou linguas na Universidade de Berna e no Lincol College da Universidade de Oxford, e foi profesor na Universidade de Eton entre 1956 e 1958 e ingresou no corpo diplomático como segundo secretaro na embaixada de Bonn entre 1960 e 1964. A súa carreira diplomática rematou en 1964 cando o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos.[1]

O final da Guerra fría levouno a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming.

Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.

A novela The Spy Who Came in from the Cold, publicada en 1963, foi elixida por Publishers Weekly comoa a mellor novela de espionaxe de tódolos tempos. Tamén forma parte da lista das 100 mellores da Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos (Mystery Writers of America).[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Guións cinematográficos[editar | editar a fonte]

Adaptacións das súas obras[editar | editar a fonte]

No cine[editar | editar a fonte]

Na televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (14 de decembro de 2020). "Obituary: John le Carré". bbc.com (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  2. Axencias (14 de decembro de 2020). "Fallece John le Carré, el gran novelista británico que se inspiró en la Guerra Fría". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "John Le Carré". tirodeletra.com.br (en portugués). 2007. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  4. Redacción (14 de decembro de 2020). "Seis novelas imprescindibles de John Le Carré". lavanguardia.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]