José Agustín Goytisolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Agustín Goytisolo
Nacemento13 de abril de 1928
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento20 de marzo de 1999 e 19 de marzo de 1999
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónlingüista, escritor, poeta, tradutor, avogado e ensaísta
Paisen etiquetar
Naisen etiquetar
IrmánsJuan Goytisolo Gay e Luis Goytisolo
PremiosCreu de Sant Jordi, Premio Boscán e Premio Adonáis de Poesía
Na rede
Dialnet: 21277 Musicbrainz: 6ddc1e6b-96f7-4158-ab82-4a04103d6dcc Discogs: 727646 Find a Grave: 6759345 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Agustín Goytisolo Gay, nado en Barcelona o 13 de abril de 1928 e finado na mesma cidade o 19 de marzo de 1999, foi un escritor catalán con formación bilingüe catalán/castelán, irmán dos tamén escritores Juan Goytisolo e Luis Goytisolo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu á chamada Xeración dos 50 canda escritores como Ángel González, José Manuel Caballero Bonald, José Ángel Valente e Jaime Gil de Biedma, que teñen en común o compromiso moral ou político e unha renovada atención á linguaxe e á lírica.[1]

Segundo Manuel Vázquez Montalbán, a poesía de Goytisolo, non foi só unha proposta ideolóxica limitada a dar unha alternativa ao capitalismo franquista, senón que aspira á construción dun novo humanismo:

O teu destino está nos demais
o teu futuro é a túa propia vida
a túa dignidade é a todos

proposta de reconstrución da razón humana.

Vida[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa e castelán-falante, que se viu brutalmente sacudida pola morte da nai -Julia Gay- vítima dun bombardeo franquista sobre a cidade en 1938. O dramático feito afectou a todos os fillos, pero especialmente a José Agustín, que lle puxo á súa filla o nome da nai perdida, e que nun dos seus máis célebres poemas (musicado e cantado por Paco Ibáñez ou Los Suaves), "Palabras para Julia".

Obras[editar | editar a fonte]

  • El retorno 1955
  • Salmos al viento 1956
  • Claridad 1959
  • Años decisivos 1961
  • Algo sucede 1968
  • Bajo tolerancia 1973
  • Taller de Arquitectura 1976
  • Del tiempo y del olvido 1977
  • Palabras para Julia 1979
  • Los pasos del cazador 1980
  • A veces gran amor 1981
  • Sobre las circunstancias 1983
  • Final de un adiós 1984
  • Como los trenes de la noche 1994
  • Cuadernos de El Escorial 1995
  • Elegías a Julia Gay 1993

Antoloxías[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Realizou importantes traducións do italiano e o catalán ao castelán. Traduciu, entre outros, a Cesare Pavese, Pier Paolo Pasolini, Salvador Espriu e Pere Quart.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]