José Echegaray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Echegaray

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José Echegaray y Eizaguirre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1832 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Minister of the Treasury of Spain (en) Traducir
20 de xullo de 1905 – 12 de marzo de 1905
← Ángel Urzáiz
Catedrático de universidade Universidade Central
1905 –
Q57771833 Traducir
1901 – 1916
← Cipriano Segundo Montesino EstradaAmós Salvador (pt) Traducir →
Senador de España
1900 –
Minister of the Treasury of Spain (en) Traducir
1 de maio de 1874 – 13 de maio de 1874
Minister of the Treasury of Spain (en) Traducir
21 de decembro de 1872 – 24 de febreiro de 1873
Ministro de Fomento de España
12 de xaneiro de 1870 – 5 de xaneiro de 1871
Deputado no Congreso dos Deputados
16 de febreiro de 1869 – 27 de febreiro de 1869
Circunscrición electoral: Murcia (en) Traducir

Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , enxeñeiro , matemático , escritor , enxeñeiro civil , político , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
IrmánsEduardo Echegaray (pt) Traducir e Miguel Echegaray Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0248378 IBDB: 6933
WikiTree: Echegaray-1 Find a Grave: 22299519 Editar o valor em Wikidata

José Echegaray Eizaguirre, nado en Madrid o 19 de abril de 1832 e finado na mesma vila o 14 de setembro de 1916, foi un enxeñeiro, matemático, dramaturgo e político español, catedrático da Facultade de Ciencias na Universidade Central.

En 1904 foille concedido o premio Nobel de literatura, e introduciu en España a xeometría de Chasles, a teoría de Galois e as funcións elípticas. Era irmán do comediógrafo Miguel Echegaray.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun médico e profesor de instituto aragonés e de nai navarra. Pasou a infancia en Murcia, onde fixo a educación primaria. Aos 14 anos regresou a Madrid, ao pouco tempo antes creado instituto de segunda ensinanza de San Isidro, para preparar o ingreso á escola de enxeñeiros de camiños, canles e portos. Tras acadar o título de enxeñeiro con 20 anos, sendo o número un da súa promoción, marchou a Almería e Granada para traballar.

En 1854 volveu a Madrid como profesor na escola de enxeñeiros, sendo amais o secretario do centro. Até 1868, deu clase de matemáticas, estereotomía, hidráulica, xeometría descritiva, cálculo diferencial e física. Amais, entre 1858 a 1860 foi profesor da escola de axudantes de obras públicas.

En 1864 foi nomeado membro da Real Academia das Ciencias Exactas. No seu discurso de ingreso, Historia de las matemáticas puras en nuestra España, facía o balance da matemática española a través da historia, defendendo a ciencia básica fronte á ciencia práctica. O discurso foi fonte de polémica por ser esaxeradamente negativo e con determinadas lagoas. Entre 1901 e 1916 foi o seu presidente.

Política[editar | editar a fonte]

De ideoloxía liberal, participou na Sociedad Libre de Economía Política. Trala revolución de 1868 e a entrada de Joan Prim i Prats en Madrid, Manuel Ruiz Zorrilla, co que participara activamente na fundación do Partido Radical, nomeou a Echegaray director xeral de obras públicas. Entrou no goberno en 1869 como ministro de fomento (1869–1870 e 1872), desenvolvendo a Lei de bases de ferrocarrís. En 1870 formou parte da comisión que recibiu o rei Amadeu de Savoia en Cartaxena. Entre 1872 e 1873 foi ministro de facenda, regresando ao cargo en 1874 durante a Primeira República Española, época en que se deu ao Banco de España o carácter de banco estatal co monopolio da emisión de billetes.

Trala restauración monárquica mantivo os seus ideais republicanos, pero foi elixido deputado en 1876, defendendo no Congreso a súa xestión das críticas do bando conservador. En 1880 participou xunto con Nicolás Salmerón e Cristino Martos na fundación do Partido Republicano Progresista. Posteriormente, participou no réxime da Restauración, formando parte do bando máis esquerdista do Partido Liberal de Sagasta. En 1905, reinando Afonso XIII, regresou ao ministerio de facenda. Foi tamén senador vitalicio e presidente do consello de instrución pública.

Obra[editar | editar a fonte]

Comezou a súa actividade literaria en 1865 coa obra dramática La hija natural se ben non foi estreada até tempo despois. En 1874 escribiu El libro talonario. Estreou 67 obras de teatro, 34 delas en verso, con grande éxito entre o público na época pero sen valor literario para a crítica posterior. Na súa primeira época estaba influenciado pola melancolía do romanticismo propio da época, pero máis adiante adoptou un ton social, marcado polo noruegués Henrik Ibsen.

En 1888 foi elixido presidente do Ateneo de Madrid. En 1896 foi elixido membro da RAE (cadeira e minúscula). En 1904 foille concedido o premio Nobel de literatura, xunto ao poeta provenzal Frédéric Mistral. A concesión deste premio ao autor español escandalizou as vangardas literarias españolas, especialmente aos membros da xeración do 98. Nese momento non estaba considerado un dramaturgo excepcional, e a súa obra era criticada por personalidades como Clarín ou Pardo Bazán. Se ben contaba coa admiración de autores como Bernard Shaw ou Luigi Pirandello, o propio autor mantivo sempre unha actitude distante coa súa obra.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

  • El libro talonario (1874).
  • La esposa del vengador (1874).
  • La última noche (1875).
  • En el puño de la espada (1875).
  • Un sol que nace y un sol que muere (1876).
  • Cómo empieza y cómo acaba (1876).
  • El gladiador de Revens (1876).
  • Locura o santidad (1876).
  • Iris de paz (1877).
  • Para tal culpa, tal pena (1877).
  • Lo que no puede decirse (1877).
  • En el pilar y en la cruz (1878).
  • Correr en pos de un ideal (1878).
  • Algunas veces aquí (1878).
  • Morir por no despertar (1879).
  • En el seno de la muerte (1879).
  • Bodas trágicas (1879).
  • Mar sin orillas (1879).
  • La muerte en los labios (1880).
  • El gran Galeoto (1881).
  • Haroldo el normando (1881).
  • Los dos curiosos impertinentes (1881).
  • Conflicto entre dos deberes (1882).
  • Un milagro en Egipto (1884).
  • Piensa mal ¿y acertarás? (1884).
  • Manantial que no se agota (1889).
  • Los rígidos (1889).
  • Siempre en ridículo (1890).
  • El prólogo de un drama (1890).
  • Comedia sin desenlace (1891).
  • Mariana (1891).
  • El hijo de Don Juan (1892).
  • El poder de la impotencia (1893).
  • A la orilla del mar (1893).
  • La rencorosa (1894).
  • Mancha que limpia (1895).
  • El estigma (1895).
  • Amor salvaje (1896).
  • La calumnia por castigo (1897).
  • El hombre negro (1898).
  • Silencio de muerte (1898).
  • El loco de Dios (1900).
  • Lances entre caballeros (Madrid, Sucesores de Rivadeneyra, s.a.).

Obra científica[editar | editar a fonte]

Como científico e profesor publicou diversas obras sobre física e matemáticas.

  • Cálculo de variaciones (1858).
  • Problemas de geometría plana (Madrid, Bailly-Baillere, 1865).
  • Problemas de geometría analítica (1865).
  • Teorías modernas de la física (1867).
  • Introducción a la geometría superior (1867), expoñendo a xeometría de Michel Chasles.
  • Memoria sobre la teoría de los determinantes (1868).
  • Tratado elemental de termodinámica (1868).
  • Resolución de ecuaciones y teoría de Galois: lecciones explicadas en el Ateneo de Madrid (Madrid, J.A. García, 1897).

Foi socio fundador e primeiro presidente da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
 Ministro de Fomento 
13 de xullo de 1869- 4 de xaneiro de 1871
Sucesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
Predecesor:
Servando Ruiz Gómez y González Llanos
 Ministro de Facenda 
19 de decembro de 1872- 24 de febreiro de 1873
Sucesor:
Juan Tutau y Verges


Predecesor:
Bjørnstjerne Bjørnson
Premio Nobel de literatura

1904 (ex-aequo)
Sucesor:
Henryk Sienkiewicz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A la memoria de Arturo Duperier Vallesa" (PDF). www.divulgameteo.es. Consultado o 2018-12-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]