José Eleicegui López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Eleicegui López
José de Eleizegui, retrato en Vida Gallega, 1910.
Nacemento30 de setembro de 1879
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1 de agosto de 1956
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e escritor
IrmánsAntonio Eleizegui López
editar datos en Wikidata ]

José Ignacio Eleicegui López (ou coa variante do apelido Eleizegui), nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1879 e finado en Madrid o 1 de agosto de 1956, foi un médico, pediatra, educador, xornalista, fotógrafo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do enxeñeiro de minas Antonio Eleicegui Ituarte e de Carmen López Ferreiro (irmá do cóengo Antonio López Ferreiro), foi irmán de Antonio (decano da Facultade de Farmacia da USC e tamén escritor), Carmen e María Eleicegui López. Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo tamén o título de mestre superior na Escola Normal da mesma cidade. Colaborou en El Pensamiento Gallego e Universidad e dirixiu El Boletín de Medicina y Cirugía e Galicia en Madrid. Fundou a revista España Médica (1911), considerada a renovadora do xornalismo médico en España, que se publicou ata 1936.

Foi nomeado médico director do Balneario de Fonte Nova de Verín en 1910[1], en 1927 foi nomeado médico do Balneario de Arteixo[2] e despois foi director do Balneario de Zuazo. En 1932 foi nomeado director do Centro Secundario de Higiene Rural de Villalón de Campos[3]. Entre outros premios e mencións, obtivo a medalla da Lexión de Honra francesa. Foi fotógrafo afeccionado.

Obras[editar | editar a fonte]

José Eleicegui nun curso de Hixiene Escolar en Xixón en febreiro de 1934 (revista Crónica, de Madrid).
  • Higiene industrial, 1903[4].
  • La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1905[5].
  • Higiene del agua. Manual científico-popular, 1907[6]
  • Figuras médicas: Don José Mª Esquerdo, 1914[7]
  • Medicina y pedagogía, 1915[8]
  • La visita del médico. De crianza infantil, 1915[9]
  • La tragedia del Doctor Zugasti. Narración fantástica, 1921[10]
  • Los juegos en la infancia. Guía médico-pedagógica para padres y maestros, 1925[11]
  • Para educar al niño. Normas y reglas de educación moral y física en la casa y en la escuela, 1926[12]
  • Biologia de la edad escolar, 1929[13]
  • Las rebeldías de la infancia escolar. Normas para una educación biológica, 1931[14]
  • La sexualidad infantil. Normas de educación, 1934[15].
  • Difteria. Epidemiología. Diagnóstico clínico. Tratamiento. Con 14 figuras, 1941[16]
  • un artigo na revista Ciencias médico hispano-americanas (Ano I; nº 3), 1948.
  • Las deficiencias de nutrición y los ultravirus en la etiología de las cirrosis hepáticas, 1959[17]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Sieiro[18] e foi pai do tamén médico José de Eleizegui Sieyro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 2-6-1910, p. 3.
  2. El Eco de Santiago, 22-3-1927, p. 2.
  3. El Día de Palencia, 26-10-1932, p. 4.
  4. 319 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Madrid), colección Manuales Soler (número IL). Coñécense varias reedicións:
    • Nociones de Higiene Industrial, 1914 (319 páxinas + 8 páxinas de vocabulario + 15 páxinas de catálogo; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona, colección Manuales Soler, número IL; Imprenta Guinart y Pujolar)
    • Higiene industrial (320 páxinas; edición de José Gallach na colección Manuales Gallach, número 3)
    • Nociones de Higiene Industrial, 1930 (364 páxinas; edición de Espasa Calpe, Madrid, colección Manuales Gallach)
  5. 228 + 46 páxinas. Edición de Sucesores de Manuel Soler (Barcelona), colección Manuales Soler (número LXXX). Coñécense varias reedicións:
    • La familia y los enfermos (enseñanzas higiénicas) (edición de Calpe, Compañía Anónima de Librería, na colección Manuales Gallach)
    • La familia y los enfermos. Enseñanzas higiénicas, 1915 (274 páxinas; edición de Sucesores de Manuel Soler, Barcelona)
  6. 154 páxinas. Edición de P. Orrier (Madrid).
  7. 245 páxinas. Edición da Imprenta de Antonio Marzo (Madrid), na colección Biblioteca de "España Medica".
  8. 88 páxinas. Imprenta de Antonio Marzo (Madrid).
  9. 236 páxinas. Edición de España Médica (Madrid).
  10. 217 páxinas. Edición de Luis Gili (Barcelona).
  11. 151 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona).
  12. 217 páxinas. Edición da Sociedad General de Publicaciones (Barcelona).
  13. 382 páxinas. Editorial Paracelso (Madrid).
  14. 208 páxinas. Ediciones Ulises (Madrid).
  15. 210 páxinas. Edición da Unión Poligráfica (Madrid). Tivo unha reedición en 1936 a cargo da Biblioteca médico-pedagógica, de Madrid, que contou tamén con 210 páxinas.
  16. 122 páxinas. Editorial Morata (Madrid), na colección Opúsculos sobre investigación y Clínica.
  17. 212 páxinas. Edición de Laboratorios Made (Madrid).
  18. El Correo de Galicia, 6-7-1917.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]