Juan Gelman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Gelman
AlcumeJohn Wendell, Ando Yamanokuchi, Sidney West, José Galván, Julio Greco e Dom Pero
Nacemento3 de maio de 1930
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento14 de xaneiro de 2014
Lugar de falecementoCidade de México
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeBolivia
Alma máterColegio Nacional de Buenos Aires
Ocupaciónlingüista, poeta, escritor, xornalista e tradutor
FillosMarcelo Ariel Gelman Schuberoff
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Premio Miguel de Cervantes, Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana, FIL Award 2023, Premio José Lezama Lima, Pablo Neruda Ibero-American Poetry Award e sen etiquetar
Na rede
http://www.juangelman.net
IMDB: nm0312473 Discogs: 1640266 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Juan Gelman

Juan Gelman, nado en Buenos Aires o 3 de maio de 1930 e finado na Cidade de México o 14 de xaneiro de 2014, foi un poeta, xornalista e tradutor arxentino. Foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes en 2007.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Buenos Aires, no barrio de Villa Crespo en 1930, terceiro fillo de inmigrantes rusos, José e Paulina. Aprendeu a ler aos 3 anos e pasou a infancia andando en bicicleta, xogando ao fútbol e lendo. Durante a mocidade participou de diversos grupos e movementos literarios. Ocupou importantes cargos como xornalista. Coa chegada da ditadura militar na Arxentina e debido á súa militancia na organización revolucionaria Montoneros (da que se afastou por diferenzas coa dirección) tivo que exiliarse en distintos países de Europa e Latinoamérica.

Durante a ditadura foron secuestrados e asasinados polo réxime militar o seu fillo Marcelo e a súa nora Claudia, que se atopaba embarazada. Logo de anos de intensa procura, Gelman puido reunirse coa súa neta no Uruguai.

Recibiu en 1997 o Premio Nacional de Poesía da Arxentina. Tamén foi galardoado co premio de Literatura latinoamericana e do Caribe "Juan Rulfo", o Iberoamericano de Poesía "Pablo Neruda" e o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.

O 29 de novembro de 2007 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes de Literatura.

En 2010 a AELG nomeouno Escritor Galego Universal.

Principais obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Violín y otras cuestiones (1956)
  • El juego en que andamos (1959)
  • Velorio del solo (1961)
  • Gotán (1962)
  • Cólera buey (1964)
  • Traducciones III. Los poemas de Sydney West (1969)
  • Fábulas (1971)
  • Relaciones (1973)
  • Si dulcemente (1980)
  • Dibaxu (1994)
  • Valer la pena (2002)
  • País que fue será (2004)
  • Los Poemas de Sidney West: Selección (Inclúe CD) (2005)
  • Oficio Ardiente (2005)
  • Miradas (2006)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • “Violín y otras cuestiones”, Gleizer, Buenos Aires, 1956.
  • “El juego en que andamos”, Nueva Expresión, Buenos Aires, 1959.
  • “Velorio del solo”, Nueva Expresión, Buenos Aires, 1961.
  • “Gotán” (1956-1962), La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1962. (Reeditado en 1996)
  • “Cólera Buey”, La Tertulia, A Habana, 1965. (Reeditado en 1994)
  • “Los poemas de Sidney West”, Galerna, Buenos Aires, 1969. (Reeditado en 1995)
  • “Fábulas”, La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1971.
  • “Relaciones”, La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1973.
  • “Hechos y Relaciones”, Lumen, Barcelona, 1980.
  • “Si dulcemente”, Lumen, Barcelona, 1980.
  • “Citas y Comentarios”, Madrid, Visor 1982.
  • “Hacia el Sur”, Marcha, México, 1982.
  • “Com/posiciones” (1983-1984), Ediciones del Mall, Barcelona, 1986.
  • “Interrupciones I”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1986.
  • “Interrupciones II”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1988.
  • “Anunciaciones”, Visor, Madrid, 1988.
  • “Carta a mi madre”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1989.
  • “Dibaxu”, Seix Barral, Buenos Aires, 1994.
  • “Salarios del impío”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1993.
  • “Incompletamente”, Seix Barral, Buenos Aires, 1997.
  • “Valer la pena”, Seix Barral, Buenos Aires, 2001.
  • “País que fue será”, Seix Barral, Buenos Aires, 2004.
  • “Mundar”, Seix Barral, Buenos Aires, 2007.

Antoloxías poéticas[editar | editar a fonte]

  • “Poemas”, Casa de las Américas, A Habana, 1960. (Ao coidado de Mario Benedetti e Jorge Timossi)
  • “Obra poética”, Corregidor, Buenos Aires, 1975.
  • “Poesía”, Casa de las Américas, A Habana, 1985. (Prólogo e selección de Víctor Casaus)
  • “Antología poética”, Vintén, Montevideo, (1993). (Selección, prólogo e bibliografía completa de Lilián Uribe)
  • “Antología personal”, Desde la Gente, Instituto Movilizador de Fondos Cooperativos, Buenos Aires, 1993.
  • “En abierta oscuridad”, Siglo XXI, México, 1993.
  • “Antología poética”, Espasa Calpe, Buenos Aires, 1994. (Selección e prólogo de Jorge Fondebrider)
  • “De palabra” (1971-1987). Prólogo de Julio Cortázar, Visor, Madrid, 1994.
  • “Oficio Ardiente” (2005), Patrimonio Nacional e a Universidade de Salamanca.

Prosa[editar | editar a fonte]

  • “Prosa de prensa”, Ediciones B, España, 1997.
  • “Ni el flaco perdón de Dios/Hijos de desaparecidos” (En coautoría con Mara La Madrid), Planeta, Buenos Aires, 1997.
  • “Nueva prosa de prensa”, Ediciones B Argentina, Buenos Aires, 1999.
  • “Miradas”, Seix Barral, Buenos Aires 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O poeta arxentino Juan Gelman, premio Cervantes 2007, La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2007". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Montanaro, Pablo (2006). Juan Gelman, esperanza, utopía y resistenci. Ediciones Lea. ISBN. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]