Karl Ziegler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Waldemar Ziegler
Karl Ziegler
Datos persoais
Nacemento26 de novembro de 1898
LugarHelsa preto de Kassel Alemaña Alemaña
Falecemento11 de agosto de 1973
LugarMülheim an der Ruhr Alemaña Alemaña
SoterradoHauptfriedhof Mülheim an der Ruhr
ResidenciaAlemaña Alemaña
NacionalidadeAlemán
Cónxuxe
  • Maria Kurtz (1922)
  • Actividade
    Campo
  • Química orgánica
  • Alma máter
  • Universidade de Marburg
  • Director de tese
  • Karl von Auwers
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Catalizador Ziegler-Natta
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1963)
  • editar datos en Wikidata ]

    Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química e doutorouse en 1923 na Universidade de Marburg. Traballou como profesor universitario en Frankfurt e en Heidelberg, ata que en 1943 foi nomeado director de Investigacións sobre o carbono no prestixioso Instituto Max Planck, situado na cidade de Mülheim.

    Tamén foi profesor no instituto RWTH de Aachen.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Iniciou as súas investigacións estudando as reaccións entre os compostos organometálicos, especialmente do litio, e o butadieno, e máis tarde descubriu que os compostos de aluminio comportábanse de xeito análogo co etileno. O resultado desta investigación previa foi a fabricación en 1953 de polietileno mediante un procedemento de baixa presión, segundo o cal o etileno forma longas cadeas de adición co catalizador de aluminio.

    Ziegler gañou o premio Nobel de química en 1963 compartíndoo co italiano Giulio Natta, polos seus traballos na tecnoloxía dos polímeros de alta masa molecular.

    Tamén traballou na química dos radicais químicos con carbono trivalente e na síntese de compostos policíclicos como a cantaridina.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    John Cowdery Kendrew
    e
    Max Ferdinand Perutz
    Premio Nobel de Química

    1963
    compartido con
    Giulio Natta
    Sucesor:
    Dorothy Crowfoot