Kathryn Bigelow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kathryn Bigelow
Nacemento27 de novembro de 1951
Lugar de nacementoSan Carlos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia, Columbia University School of the Arts, San Francisco Art Institute, San Carlos High School e Sunny Hills High School
Ocupaciónguionista, directora de cine, produtora, escritora, produtora delegada e realizadora
CónxuxeJames Cameron
Coñecida porNear Dark e The Hurt Locker
Premiospremios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Óscar ó mellor filme, National Board of Review Award for Best Film, lista de filmes premiados com o BAFTA de melhor diretor e Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director
Na rede
IMDB: nm0000941 Allocine: 12606 Rottentomatoes: celebrity/kathryn_bigelow Allmovie: p81836 TCM: 16029 Metacritic: person/kathryn-bigelow TV.com: people/kathryn-bigelow
Discogs: 1522886 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kathryn Ann Bigelow, nada o 27 de novembro de 1951 en San Carlos, California é unha directora de cine estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no San Francisco Art Institute de onde marchou a Nova York, graduándose na Universidade de Columbia.[1] Debutou no cinema con The Loveless, en 1982, codirixida por Monty Montgomery.

Tres películas de acción, Aceiro azul, Chámanlle Bodhi e Strange Days déronlle recoñecemento como autora.[2]

En 2002 dirixiu K-19: The Widowmaker, que non foi un éxito comercial e tivo críticas diversas.[3] A súa seguinte película foi En terra hostil, coa que gañaría numerosos premios que rematarían co Óscar ó mellor director, converténdose na primeira muller en logralo.[4] Ademais o filme gañou o Óscar ó mellor filme, superando a Avatar, dirixida por quen foi o seu marido entre 1989 e 1991, James Cameron.[5]

Tras esta dirixiu Zero Dark Thirty, dramatización da busca de Osama bin Laden.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dargis, Manohla (18-6-2009). "Action!". New York Times. Consultado o 27-6-2009. 
  2. Benson-Allott, Caetlin. "Undoing Violence: Politics, Genre, and Duration in Kathryn Bigelow's Cinema" (preview/paywall), Film Quarterly 64.2 (Inverno 2010), páx. 33–43. Universidade de California.
  3. Metacritic
  4. "'Hurt Locker' wins best picture, director". Today.msnbc.msn.com. 8-3-2010. Arquivado dende o orixinal o 20-11-2012. Consultado o 10-7-2010. 
  5. "Kathryn Bigelow makes history as first woman to win best director Oscar". The Guardian. 8-3-2010. Consultado o 3-9-2014. 
  6. "Zero Dark Thirty". Metacritic. Consultado o 15-1-2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]