Linguas ryukyuanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas ryukyuanas
琉球語派
Ryūkyū-goha
Falado en: Illas Ryukyu
Rexións: Asia
Total de falantes:
Familia: Illada
 Xapónico
  Linguas ryukyuanas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status
Sinais de seguranza de tráfico en Kin, Okinawa, escrito en xaponés (centro) e lingua okinawana (esquerdo e dereita).

As linguas ryukyuanas (琉球語派 Ryūkyū-goha?) son as linguas indíxenas das illas Ryukyu faladas polo pobo ryukyu, que se atopan na zona máis meridional do arquipélago xaponés.[1][2] Xunto coa lingua xaponesa e a hachijō, conforman a familia das linguas xapónicas.[1][2] Malia que as linguas ryukyuanas foron consideradas dialectos do xaponés, non son mutuamente intelixibles co xaponés ou mesmo entre elas. Non se coñece cantos falantes hai destas linguas, mais a substitución cara ó uso do xaponés estándar e dialectos como o xaponés de Okinawa fixeron que estas linguas estean en perigo; a UNESCO identifica catro destas linguas "definitivamente en perigo",[3][4][5][6] e dúas outras "gravemente en perigo".[7][8]

Resumo[editar | editar a fonte]

A nivel fonolóxico, as linguas ryukyuanas teñen algunhas características infrecuentes. As variedades do sur contan con varias consoantes silábicas, entres as que se atopan fricativas silábicas xordas (v.g., /kss/ [ks:], "peito", na lingua miyako). Son comúns as consoantes glotais (como /ʔma/ [ʔma], "cabalo", na lingua amami). Algunhas linguas ryukyuanas teñen vogais fonémicas centrais (/kɨɨ/, "árbore", tamén en amami). Do mesmo xeito ca o xaponés estándar e a meirande parte dos dialectos nipóns, moitas das linguas ryukyuanas posúen un acento tonal contrastivo.[2]

En xeral, as linguas ryukyuanas teñen unha estrutura SOV, ao igual que o xaponés.[1][2]

Clasificación e variedades[editar | editar a fonte]

As linguas ryukyuanas pertencen á familia lingüística xapónica e están relacionadas coa lingua xaponesa.[9] As linguas ryukyuanas non son mutuamente intelixibles co xaponés, e de feito, non son mutuamente intelixibles entre elas, polo que poden ser consideradas linguas diferentes.[9] Porén, por razóns sociopolíticas e ideolóxicas, teñen sido clasificadas como dialectos do xaponés.[9]

A lingua okinawana é tan só un 71% semellante no léxico ó xaponés de Toquio. Mesmo o máis meridional dos dialectos xaponeses (o dialecto Kagoshima) ten só un 72% de semellanza coa máis setentrional das linguas ryukyuanas, a lingua amami. Porén, o dialecto Kagoshima do xaponés é un 80% semellante lexicamente ó xaponés estándar.[10]

A partir da década de 1890, o goberno xaponés comezou a oprimir as linguas ryukyuanas como parte da súa política de asimilación forzada das illas. Dende o comezo da segunda guerra mundial, a meirande parte dos xaponeses consideran as linguas ryukyuanas como un dialecto ou grupo de dialectos do xaponés. Durante a segunda guerra mundial, nun esforzo por facer conciencia na xente como suxeitos do Imperio do Xapón, non só o grupo ryukyuano, senón tamén o coreano, o palauano e outras linguas foron chamadas "dialectos" do xaponés.[11]

Existe un acordo xeneralizado entre os estudosos de que as variedades ryukyuanas poden ser divididas en seis linguas, conservadoramente,[12] sendo os dialectos de cada illa ás veces considerados tamén propiamente linguas.

Lingua Nome local Distribución xeográfica Dialecto estándar ISO 639-3
Kikai Shimayumita (しまゆみた) Kikaijima N/A kzg
Amami Shimayumuta (島口/シマユムタ) Amami Ōshima e illas menores achegadas Naze ams, ryn
Tokunoshima Shimayumiita (シマユミィタ) Tokunoshima Tokunoshima tkn
Okinoerabu Shimamuni (島ムニ) Okinoerabujima N/A okn
Yoron Yunnu Futuba (ユンヌフトゥバ) Yoronjima Yoron yox
Kunigami Yanbaru Kutuuba (山原言葉/ヤンバルクトゥーバ)[13] Norte da illa de Okinawa (rexión de Yanbaru), e illas menores achegadas Nago xug
Okinawano Uchinaaguchi (沖縄口/ウチナーグチ) Centro e sur da illa de Okinawa e illas menores achegadas Tradicionalmente Shuri, moderna Naha ryu
Miyako Myaakufutsu (宮古口/ミャークフツ)[14]
Sumafutsu (島口/スマフツ)
illas Miyako Hirara mvi
Yaeyama Yaimamuni (八重山物言/ヤイマムニ) illas Yaeyama (agás Yonaguni) Ishigaki rys
Yonaguni Dunan Munui (与那国物言/ドゥナンムヌイ) Illa de Yonaguni Yonaguni yoi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Heinrich, Miyara e Shimoji (ed.). "Handbook of the Ryukyuan Languages: History, Structure, and Use". www.degruyter.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Pellard, Thomas; Shimoji, Nichimori (eds.). "An Introduction to Ryukyuan Languages" (PDF) (en inglés). Consultado o 05-03-2024. 
  3. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  4. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  5. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  6. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  7. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  8. Unesco.org (ed.). "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  9. 9,0 9,1 9,2 (Shimoji & Pellard 2010, p. 1)
  10. 沖縄語辞典 (Dicionario okinawano). "前書き" (Prefacio). 国立国語研究所 1998
  11. Jpri.org, ed. (15 de maio de 1972). "JPRI Occasional Paper No. 8". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2019. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  12. 言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands). 三省堂 1997
  13. 沖縄言語研究センター. "今帰仁方言音声データベース ヤンバルクトゥーバ". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 
  14. 沖縄言語研究センター. "宮古方言音声データベース ミャークフツ". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sanseido (1997). 言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands).
  • Ashworth, D. E. (1975). A generative study of the inflectional morphophonemics of the Shuri dialect of Ryukyuan. Thesis (Ph. D.)—Cornell University, 1973.
  • Heinrich, Patrick (2004): Language Planning and Language Ideology in the Ryūkyū Islands, in: Language Policy 3.2, (2004): 153-179.
  • Heinrich, Patrick, Shinsho Miyara, Michinori Shimoji, eds. 2014. Handbook of the Ryukyuan Languages. Berlin: de Gruyter.
  • Serafim, L. A. (1985). Shodon: the prehistory of a Northern Ryukyuan dialect of Japanese. [S.l: s.n.
  • Shimabukuro, Moriyo. 2007. The accentual history of the Japanese and Ryukyuan languages: a reconstruction. Languages of Asia series, v. 2. Folkestone, Kent: Global Oriental. ISBN 978-1-901903-63-8
  • Uemura, Yukio, e Wayne P. Lawrence. 2003. The Ryukyuan language. Endangered Languages of the Pacific Rim (Series), A4-018. Osaka, Xapón: ELPR.