Lolland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lolland
Laaland
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
RexiónRexión de Selandia
MarMar Báltico
Coordenadas54°50′N 11°09′L / 54.833, -11.150Coordenadas: 54°50′N 11°09′L / 54.833, -11.150
Xeografía
Superficie1.242´86 km²
Longura máxima58 km.
Largura máxima20 km.
Punto máis alto25 m.
Demografía
CapitalNakskov (pob. 14.234)
Poboación60.607 (1-1-2016)
Densidade48´76 hab./km²

Lolland (antigamente escrito Laaland), literalmente "terra baixa" é a cuarta illa máis grande de Dinamarca, cunha área de aproximadamente 1.243 km². Situada no mar Báltico, é unha parte do distrito de Storstrøm.

A cidade máis grande de Lolland é Nakskov, con 14.200 residentes. Outras cidades dignas de mención son Maribo, Sakskøbing (que foi a capital de Dinamarca durante dous anos no século XV, e Rødby.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O punto máis alto está a 25 m., preto da aldea de Horslunde no noroeste. A illa é baixa e hai ata zonas no sur a 2 metros baixo o nivel do mar. Case toda a costa meridional tivo que ser protexida por diques logo das ondas devastadoras provocadas pola tormenta de 1872. As costas son dificilmente accesibles desde o mar, con poucas excepcións, entre os actuais bancos de area. Os mares e rutas marítimas ao redor da illa son o estreito Guldborgsund no leste, o Mecklenburger Bucht e o Fehmarnbelt no sur, no oeste o Langelandsbelt e finalmente no norte o Smålandsfarvandet (Smålandsfahrwasser) coas illas de Askø, Femø, Fejø e outras illas máis pequenas.

O chan, fértil, componse principalmente de arxila rica mesturada con humus, cunha capa de marga. Hai uns poucos páramos, pero non hai bosques importantes. O lago de Maribo é o lago máis grande da illa e atópase no centro da illa.

Os gobernos de Dinamarca e Alemaña planean conectar Lolland coa illa alemá de Fehmarn e está previsto inauguralo en 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]