Manuel Ferreiro Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ferreiro Fernández
Nacemento8 de marzo de 1955
 Saavedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e profesor universitario
XénerosInvestigación
EstudosFiloloxía Hispánica
Na rede
AELG: 201
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.

Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña).

Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017

Foi director da colección Documenta das publicacións da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Maior' da Universidade da Coruña. Así mesmo, é o director de GLOSSA[1], que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnio e maldicir, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. Dirixiu o proxecto Universo Cantigas, co fin de realizar a edición do corpus completo das cantigas medievais galego-portuguesas.

Obra[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

Edicións críticas[editar | editar a fonte]

  • As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, 1992, Edicións Laiovento (136 pp.) ISBN 84-87847-14-5.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995.[2] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. 2001, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.[3] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos, 2002, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.[4] ISBN 84-7824-406-9.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas, 2005, Ed. de M. Ferreiro, Santiago, Sotelo Blanco.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios de investigación[editar | editar a fonte]

  • XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas (2006).
  • IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2015-11-29. 
  2. Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)]
  3. Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)
  4. Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]