Manuel Serafín Fandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Serafín Fandiño
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Laxe, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Serafín Fandiño, nado en Laxe o 28 de febreiro de 1889 e finado en Buenos Aires o 6 de febreiro de 1960, foi un sindicalista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos poucos días do seu nacemento a familia trasladouse a Santiago de Compostela. Emigrou a Arxentina en 1905. Traballou en Buenos Aires como zapateiro especializado en alpargatas e foi representante do gremio na Federación de Obreros del Calzado. Tralo atentado contra o xefe de policía bonaerense en 1909, foi deportado a España, trasladándose posteriormente ao Brasil. En São Paulo colaborou no xornal anarquista La Bataglia. En 1911 trasladouse a Montevideo, onde fundou o Sindicato de Obreros Ebanistas y Anexos e axudou a crear a Federación de Trabajadores de la Madera, ademais de colaborar no seu xornal Aurora. Foi secretario xeral do Consejo Federal de la Federación Regional Uruguaya, e colaborador do seu xornal Solidaridad, así como doutras publicacións como Crónicas Subversivas e El Anarquista. Dende 1915 residiu en Río de Xaneiro, Montevideo e Bos Aires e colaborou nos xornais Na Barricada e La Protesta e participou na fundación de Bandera Roja usando o pseudónimo de Alejandro Silvetti. Foi elixido secretario xeral da Unión Sindical Argentina en 1922 e 1924. Defensor a partir de 1930 do sindicalismo autosuficiente, tomou parte na creación da Confederación General del Trabajo, e en 1935 integrou a delegación da XIX Conferencia da Organización Internacional do Traballo, realizada en Xenebra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]