Mikael Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikael Agricola
Nacementoc. 1508 e c. 1510
Lugar de nacementoPernå
Falecemento9 de abril de 1557
Lugar de falecementoPionerskoye
SoterradoVyborg
NacionalidadeSuecia
EtniaPobo finlandés
Relixiónluteranismo
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg
Ocupaciónlingüista, sacerdote, tradutor, teólogo, poeta e tradutor da Biblia
Na rede
Musicbrainz: 34e0c883-5975-45a1-a8ec-8c1dbb7003d5 Discogs: 4895776 WikiTree: Olofsson-2046 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mikael Agricola, nado en Pernaja en 1510 e finado en Uusikirkko o 9 de abril de 1557, foi un clérigo finlandés ao que se considera o primeiro escritor en lingua finesa, así como un dos máis importantes promotores da reforma protestante en Suecia e Finlandia. Adóitase nomear como o pai da lingua finesa escrita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agricola foi autor do primeiro libro escrito en lingua finesa: Abckiria (Libro ABC). Non se conservou ningún orixinal desta obra, mais grazas ás numerosas edicións que se fixeron puido ser reconstruído. A primeira edición dato do 1543 e a terceira e última, do 1559. Agricola tamén traduciu o Novo Testamento (1548), o catecismo e parte do Antigo Testamento, como tamén un libro de oracións baseadas en textos bíblicos (Rucouskiria Bibliasta) en 1544. Tiña moitas diferenzas con Martiño Lutero, mais chegou a ser o seu secretario. As diferenzas erradicaban en que Agricola tiña a idea de que a lei mosaica debía cumprirse (seguindo a doutrina xudaizante), mentres que Lutero baseaba as súas ideas na xustificación pola fe.

Obras[editar | editar a fonte]

  • ABC-Kiria (aprox. 1543)
  • Dauidin Psaltari (1551)
  • Rucouskiria Bibliasta (1544)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]